Edmundo Nóvoa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Montevideo, Uruguai |
Actividade | |
Ocupación | diplomático, futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | Defensa |
Familia | |
Fillos | Leopoldo Nóvoa |
Edmundo Nóvoa de María, nado en Montevideo no século XIX, foi un futbolista e diplomático galego-uruguaio. Afeccionado a varios deportes, destacou especialmente no fútbol, xogando de defensa. Formou parte do Pontevedra Sporting Club dende a súa fundación, conquistou a Copa do Rei de 1908 co Madrid FC e foi internacional coa selección uruguaia nunha ocasión. Foi durante anos cónsul do Uruguai en Vilagarcía de Arousa. De ideoloxía republicana e galeguista, durante a guerra civil usou o seu consulado para protexer numerosas persoas da represión franquista, arranxando papeis para saír cara América e usando o seu coche con bandeira diplomática para transportar xente a través da fronteira con Portugal. Posteriormente foi cónsul no Porto e en Filadelfia.
Foi pai do pintor e escultor Leopoldo Nóvoa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Naceu en Montevideo, sendo fillo dos pontevedreses Edmundo Nóvoa Couto e Justina de María.[1] Instalado en Salcedo dende novo, foi afeccionado a varios deportes como vela, esgrima ou tiro, e foi un dos grandes impulsores do fútbol na cidade.[2] Formou parte do primeiro equipo do Pontevedra Sporting Club, co que xogou durante varios anos, facendo parella de defensas xunto a Alejandro Mon. En 1908, xunto ao seu compañeiro Cipriano Prada, reforzou ao Madrid FC para a disputa da Copa do Rei no estadio de O'Donnell de Madrid contra o Vigo FC, logrando a vitoria.[3]
Selección uruguaia
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección uruguaia nunha ocasión, en 1911, nun partido contra a Arxentina correspondente á Copa Premio Honor Argentino. Naquel partido, que acabou con vitoria arxentina por 2-0, formou na defensa xunto a Jorge Pacheco, Miguel Aphesteguy e Ramón Ríos.[4]
Como diplomático
[editar | editar a fonte]Foi propietario dunha granxa avícola e en 1925 foi nomeado cónsul do Uruguai en Vilagarcía de Arousa.[5] Tralo golpe de Estado de 1936 e a posterior guerra civil utilizou valeuse do seu consulado para protexer a numerosas persoas da represión franquista. Usou o seu vehículo con bandeira diplomática para cruzar persoas a través da fronteira portuguesa e arranxou papeis para sacar a outros por barco cara América.[6] Foi expulsado de España e pasou a ser cónsul uruguaio no Porto, e máis tarde en Filadelfia.[7][2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1914 con María de las Mercedes García Solís, filla do que fora alcalde de Pontevedra, Aquilino García Estévez.[8][9][10] Tiveron varios fillos, un deles o pintor e escultor Leopoldo Nóvoa.[7]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Madrid FC
- Copa do Rei (1): 1908.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Los que mueren". El Diario de Pontevedra (en castelán) (15117). 14 de novembro de 1936. p. 3. Consultado o 4 de novembro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 "Del deporte en América". Ciudad (en castelán). 5 de novembro de 1945. p. 5. Consultado o 4 de novembro de 2021.
- ↑ "El campeonato de España". La Correspondencia Gallega (en castelán) (5453). 14 de abril de 1908. p. 2. Consultado o 4 de novembro de 2021.
- ↑ "Arxentina - Uruguai 1911". Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2021.
- ↑ "Regium execuatur". Galicia Nueva (en castelán) (6689). 13 de novembro de 1925. p. 3. Consultado o 4 de novembro de 2021.
- ↑ "A historia de Edmundo Novoa, o cónsul que salvou tantas vidas". Nós Diario. 11 de febreiro de 2015. Consultado o 4 de novembro de 2021.
- ↑ 7,0 7,1 "Falece o artista pontevedrés Leopoldo Nóvoa". 27 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2021. Consultado o 4 de novembro de 2021.
- ↑ "Sección religiosa". La Correspondencia Gallega (en castelán). 23 de agosto de 1914. p. 1. Consultado o 4 de novembro de 2021.
- ↑ "Don Aqulino García Estévez". El Progreso (en castelán) (9694). 2 de abril de 1927. p. 3. Consultado o 4 de novembro de 2021.
- ↑ "La boda de ayer". La Correspondencia Gallega (en castelán) (7406). 4 de setembro de 1914. p. 1. Consultado o 4 de novembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do futbolista no sitio web da Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán).