Economía de Qatar
Economía de Qatar | |
---|---|
Moeda | Rial qatarí |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, OPEP |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 189 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 58ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 6,3% (2012) |
PIB per cápita | 102 800 (2012) |
PIB por sector | agricultura 0,1%, industria 77,8%, comercio e servizos 22,1% (2012) |
Inflación | 1,9% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 1,43 millóns (2012) |
Forza de traballo por sector | dato non dispoñíbel |
Desemprego | 0,5% (2012) |
Industrias | {{{Industrias}}} |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 117,7 mil millóns (2012) |
Produtos de exportación | gas natural liquefeito, produtos de petróleo, fertilizantes, aceiro |
Principais mercados | Xapón 39,9%, Corea do Sur 19,9%, Singapur 9,9%, India 5,1%, Tailandia 4,9%, EAU 4% (2007) |
Importacións | 23,49 mil millóns (2012) |
Principais produtos importados | máquinas e equipamentos de transporte, alimentos, produtos químicos |
Principais mercados | Estados Unidos 13,3%, Italia 10,8%, Xapón 8,9%Francia 7,9%, Alemaña 7,3%, Reino Unido 5,7%, Corea do Sur 5,6%, EAU 5,1%, Arabia Saudita 4,3% (2007) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 137 mil millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Qatar experimentou un rápido crecemento da súa economía por 8 anos consecutivos ata o 2008 grazas ós altos prezos do petróleo. A política económica actual procura atraer investimentos para sectores non petrolíferos.[1] Antes do descubrimento do petróleo a economía do país centrábase na pesca e a recolección de perlas. No entanto, o descubrimento de reservas de petróleo, nos anos 1940, transformou completamente a economía da nación. Agora o país ten un alto nivel de vida, con moitos servizos sociais para os seus cidadáns e todas as comodidades de calquera nación moderna.
O ingreso nacional de Qatar deriva principalmente das exportacións de petróleo e gas natural. As reservas de petróleo do país están estimadas en 15 mil millóns de barrís (2.4 km³). A riqueza e nivel de vida dos seus habitantes son comparables ás de nacións de Europa Occidental.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2018. Consultado o 12 de agosto de 2009. Acesado o 6 de abril de 2013
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).