Economía de Panamá
Economía de Panamá | |
---|---|
Moeda | Balboa e dólar estadounidense |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 58,02 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 92ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 10,7% (2012) |
PIB per cápita | 15 900 (2012) |
PIB por sector | agricultura 3,8%, industria 17,5%, servizos 78,7% |
Inflación | 5,7% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 1.517.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 17%, industria 18,6%, servizos 64,4% |
Desemprego | 4,4% (2012) |
Industrias | construción, cervexa, cemento e outros materiais de construción, refino de azucre |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 18,91 mil millóns (2012) |
Produtos de exportación | ouro, banana, camarón, azucre, residuos de ferro e aceiro, ananás, sandías |
Principais mercados | Corea do Sur 15,7%, Estados Unidos 14,9%, Xapón 8,3%, Honduras 7,8%, Indonesia 5,9%, Tailandia 5,3% (2012) |
Importacións | 24,69 mil millóns (2012) |
Principais produtos importados | combustibles, fármacos, vehículos, cabos e barras de aceio |
Principais mercados | Estados Unidos 23,6%, República Popular da China 6,4%, Costa Rica 4,6%, México 4,4% (2012) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 14,2 mil millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
A economía de Panamá é unha das máis estables, dinámicas e con maior crecemento de América Latina. O ben desenvolvido sector de servizos é responsable por 80% do PIB. Os servizos inclúen o funcionamento do Canle de Panamá, as actividades bancarias, a zona franca de Colón, as actividades de seguro, os portos no Atlántico e no Pacífico, o rexistro de barcos que utilizan a bandeira do país, e o turismo[1]. O crecemento económico será impulsado pola ampliación da Canle de Panamá, que comezou o 2007 e debe ser concluída o 2014 a un custo de 3,5 mil millóns de dólares - aproximadamente 25% do PIB actual. A expansión duplicará a capacidade da canle, permitindo acomodar navíos que son actualmente moi anchos para facer a travesía, e axudará a reducir o desemprego[1].
Sector primario
[editar | editar a fonte]Preto do 9% do chan de Panamá está cultivado. A maior parte da súa produción agrícola obtense en explotacións de carácter comercial e está destinada á exportación. Os principais cultivos e grupos de cultivos —produción de 2006 en toneladas— son: cana de azucre (1,77 millóns); froita (659.283 t), principalmente banana, laranxa; arroz (280.000); millo (70.000); café (13.153) e tomate.
En 2006 a gandería contaba con 1,56 millóns de cabezas de gando vacún, 286.200 de gando porcino e aproximadamente 14,9 millóns de aves de curral.
Os produtos forestais de Panamá están conformados por unha ampla variedade de madeiras. O país conta con reservas forestais considerables, case un 57% do seu chan, ás veces difíciles de explotar debido á mala infraestrutura do transporte. En 2006 a produción anual de madeira era duns 1,35 millóns de m³.
Sectores secundario e terciario
[editar | editar a fonte]A industria de Panamá está basicamente orientada cara á satisfacción da demanda doméstica. O país depende sobre todo do seu conglomerado de servizos de transporte e loxística orientados cara ao comercio mundial, cuxo epicentro é a Canle de Panamá. Ao redor da Canle de Panamá están portos de trasbordo de contedores, zonas francas de comercio, ferrocarril e o máis grande entroncamento aéreo de pasaxeiros de América Latina. Tamén conta co centro financeiro máis grande de América Latina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2020. Consultado o 8 de novembro de 2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).