Economía de Laos
Economía de Laos | |
---|---|
Moeda | Kip |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, ASEAN |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 19,16 millóns (2012) |
Posición do PIB | 133ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 8,3% (2012) |
PIB per cápita | $ 3 000 (2012) |
PIB por sector | agricultura 26%, industria 34%, comercio e servizos 40% (2012) |
Inflación | 4,9% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 3.690.000 (2010) |
Forza de traballo por sector | agricultura 75,1%, industria %, comercio e servizos % (2010) |
Desemprego | 2,5% (2009) |
Industrias | minería (cobre, estaño, xeso), madeira, enerxía eléctrica, procesamento agrícola, caucho, construción, roupas, cemento, turismo |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 2 280 millóns (2012) |
Produtos de exportación | produtos de madeira, café, electricidade, estaño, cobre, ouro, mandioca |
Principais mercados | Tailandia 33%, República Popular da China 23,4%, Vietnam 13,4% (2011) |
Importacións | 2 645 millóns (2012) |
Principais produtos importados | máquinas e equipamentos, vehículos, combustible, bens de consumo |
Principais mercados | Tailandia 65,2%, República Popular da China 11,1%, Vietnam 6,5% (2011) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 5 599 millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
O Laos é un dos poucos países comunistas do mundo actual. O goberno comezou a descentralizar o control e a promover a iniciativa privada en 1986.[1] Os resultados fixeronse sentir: o crecemento alcanzou a media do 6% a.a. no período 1988-2008, excepto no curto período da crise asiática iniciada en 1997.[1] Entre 2008 e 2012 o crecemento superou os 7% ao ano, mais a pesar diso o país permanece cunha infraestrutura pouco desenvolvida, particularmente nas áreas rurais.[1]
O país aínda depende moito da súa agricultura e ten unha infra-estrutura bastante deficiente. Non hai ferrocarriles. As principais estradas do país conectan os principais centros urbanos, pero case todas as pequenas vilas soamente se ligan ás estradas mellores por pequenas estradas sen asfalto. As telecomunicacións internas e co exterior tamén son limitadas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 29/12/2010. Consultado o 2/6/2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).