ETB 3
ETB 3 | |
---|---|
Inicio das emisións | 10 de outubro de 2008 |
Propiedade de | Euskal Telebista |
Formato da imaxe | 1080i HDTV |
Datos de audiencia | 0,9% (decembro de 2012, TNS) |
País | España |
Lingua | Éuscaro |
Área de emisión | País Vasco Pireneos Atlánticos |
Canle/s irmá(s) | ETB 1 ETB 2 ETB 4 ETB HD ETB Sat Canal Vasco |
Na rede
| |
www.eitb.eus |
ETB 3 é a terceira canle de Euskal Telebista, a televisión pública do País Vasco. A canle naceu o 10 de outubro de 2008 coincidindo co vixésimo quinto aniversario de Radio Euskadi, emite unha programación íntegra en éuscaro e exclusivo da Televisión Dixital Terrestre, aínda que, emite este sinal a empresa de telecomunicacións Euskaltel.
Programación
[editar | editar a fonte]A oferta da canle é infantil e xuvenil, ofrecendo múltiples series de animación e de ficción xuvenil procedentes na súa maioría do programa Betizu. Ademais emite espazos de carácter cultural, tanto espazos divulgativos como documentais e programas de produción propia como Trikitraka Trikitron ou Txirrita. A cadea pretende fidelizar ao público novo á televisión pública do País Vasco, cunha oferta similar a outras canles da mesma temática como Canal Super 3 en Cataluña.