Saltar ao contido

eBiblio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

eBiblio
Logo de eBiblio
TipoServizo de préstamo de publicacións electrónicas
País de orixeEspaña
Na rede
https://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/bibliotecas/mc/eBiblio/inicio.html

eBiblio[1] é un servizo que fai posible o préstamo de contidos dixitais a todos os usuarios con carné das bibliotecas públicas. Pódese acceder a estes contidos a través de diferentes dispositivos dixitais: ordenadores persoais, e-books, tabletas ou teléfonos intelixentes. O servizo promoveuno o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en colaboración coas comunidades autónomas e ofrece a posibilidade de prestar libros electrónicos, así como prensa diaria, publicacións periódicas e audiolibros.

Servizo e requisitos de funcionamento

[editar | editar a fonte]

En canto ao servizo, é accesible 24 horas ao día, 365 días ao ano. Require dispor dun dispositivo de lectura compatible cos formatos de publicación e acceso a Internet, ademais de carné de biblioteca[2], así como correo electrónico.

Facilita o acceso no catálogo de títulos para escollelos para o préstamo en formato dixital (ePUB e PDF), para ser lidos en calquera dispositivo electrónico.

A través da páxina web de eBiblio de cada comunidade o usuario pode navegar entre unha variada oferta de contidos ou proceder á busca dunha obra por título, autor, materia, ISBN, etc. Unha vez localizada a obra escollida, pode acceder á información sobre a mesma e coñecer a súa dispoñibilidade (inmediata ou en reserva).

Este servizo permite as opcións de devolución normal, rápida, renovación e cancelación de reserva. Respecto á devolución, disponse dun prazo de 21 días naturais. Unha vez prestado, permítese restituír o préstamo en dúas horas, sen consumir a licenza. Despois de consumir os días de licenza, o libro electrónico deixa de estar accesible nos dispositivos. Cada usuario obtén unha conta na cal se lle facilita o seguimento dos seus libros prestados e reservas.

O 8 de outubro de 2015 houbo algúns cambios na plataforma tecnolóxica de préstamo de libros electrónicos cunha app propia para Android e para iOS.

  1. [1] «eBiblio: servicio de préstamo de libros electrónicos Arquivado 05 de outubro de 2018 en Wayback Machine.».
  2. "Guía de uso de EBiblio Galicia" (PDF). rbgalicia.xunta.gal. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de abril de 2023. Consultado o 20 de abril de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]