EADS CASA C-295
EADS CASA C-295 | |
---|---|
Tipo | transporte |
Fabricante | Construcciones Aeronáuticas SA, EADS CASA, Airbus Defence and Space |
Primeiro voo | 28 de novembro de 1997 |
Introducido | 2001 |
Principais usuarios | Exército do Aire de España Forza Aérea de Polonia Forza Aérea de México Forza Aérea de Exipto |
Produción | 1997-presente |
Unidades construídas | 163 |
O EADS CASA C-295 é un avión de transporte táctico militar bimotor no presente fabricado por Airbus Defence and Space en España.
Deseño e desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O C-295 é fabricado é montado nas instalacións de Airbus Military no aeroporto de San Pablo, en Sevilla. É un desenvolvemento do transporte español/indonesio CASA/IPTN CN-235, pero cunha fuselaxe alongada, un 50% máis de capacidade de carga útil e novos motores turbohélice Pratt & Whitney Canada PW127G. O C-295 realizou o seu voo de estrea o 28 de novembro de 1997. O primeiro pedido chegou do Exército do Aire de España.
En 2012 EADS anunciou varias melloras ao deseño básico do C-295, e entre os cambios incluíronse a adopción de winglets e a habilidade de levar o mísil anti-buque Marte; tamén se planeou unha versión de alerta temperá e control aerotransportado.[1] En novembro de 2015 un C-295 demostrou con éxito unha nova suite de auto-protección, que incorporaba elementos como contramendidas infravermellas direccionais de Elbit Systems e un sistema de alerta infravermella pasiva aerotransportada.[2] En xaneiro de 2016 Airbus estaba no proceso de desenvolver unha nova plataforma de repostaxe en voo cun sistema de sonda e cesta para ser instalado opcionalmente na liña central do C295. Esta capacidade está sendo promocionada para a repostaxe de helicópteros de combate e as probas iniciais realizáronse con éxito en decembro de 2016 usando dous C-295 apoiando helicópteros H225M Caracal.[3] Airbus tamén está realizando optimizacións nos flps e outras modificacións para mellorar as súas capacidades en condicións extremas de aterraxe e engalaxe.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Winglets and anti-ship missile top latest additions to C295". Flightglobal.com (en inglés). 2012-06-01. Consultado o 2018-11-26.
- ↑ "Music test protects C295 from missile threats". Flightglobal.com (en inglés). 2015-11-25. Consultado o 2018-11-26.
- ↑ "Airbus offers C295 tanker fit after H225M test success". Flightglobal.com (en inglés). 2017-01-20. Consultado o 2018-11-26.
- ↑ "PICTURES: Airbus to flight test new C295 aerial refuelling rig". Flightglobal.com (en inglés). 2016-01-15. Consultado o 2018-11-26.