E-Prime
E-Prime (que significa English Prime) é un xeito de falar inglés sen usar o verbo "ser" ou "estar", en inglés to be, en calquera parte (be, is, am, are, was, were, been, being [1]). En cambio, un falante ou un escribente de E-Prime usa verbos diferentes como "facerse" (en inglés to become), "permanecer" (to remain), e "igualarse" (to equal) ou eles poden reconstruír a frase para mostrar quen ou que fai a acción.
Por exemplo, en E-Prime, un escribente cambiaría a frase Mistakes were made = "Erros foron feitos" a Joe made mistakes = "Joe fixo erros". Ese cambio de formulación revela un actor (Joe) mentres que a forma precedente ocultou o actor. Os usuarios de E-Prime considerarían máis adecuada a frase alterada.
Razóns de E-Prime
[editar | editar a fonte]D. David Bourland, Jr. foi quen primeiramente propuxo E-Prime en 1965. Bourland estudara Semántica Xeral no pasado. A idea principal da Semántica Xeral é que os seres humanos poden saber simplemente que eles observan e experimentan cando ven, oen, tocan, senten por gusto, olen, pensan, e senten, e as observacións e as experiencias actuais poden afectar ás observacións e as experiencias futuras. Xa que calquera ten experiencias diferentes dos demais, tamén as interpretacións das experiencias son diferentes.
Estudantes de Semántica Xeral e usuarios de E-Prime opinan que dicir This cat is soft = "Este gato é brando" omite numerosos outros atributos, e implica que o "obxecto" exterior do gato é o "mesmo que" a experiencia interior de "ser brando". En cambio, usuarios de E-Prime din This cat feels soft TO ME = "Este gato paréceme brando" para recordarse das cousas seguintes:
- as súas experiencia de "ser brando" inclúe e o "obxecto" exterior chamado "gato" e os ollos, as mans, o cerebro e o sistema nervioso do observador;
- algún outro podería experimentar diferentes aspectos do gato;
- eles mesmos poderían experimentar unha cousa diferente nun tempo diferente ou en circunstancias diferentes (o gato podería rascalos, ou parecer húmido ou cuberto con sucidade).
Que non é E-Prime
[editar | editar a fonte]E-Prime e Semántica Xeral non son linguas ou formas de inglés diferentes. En suma, eles reservan xeitos diferentes de pensar e de falar do mundo. Linguas como árabe, turco, e cantonés, aínda que non ten un verbo separado para "ser" ou "estar", posúen a idea de "ser". Por exemplo, un individuo falando na nosa lingua podería dicir "Esta mazá é vermella". Outro falando en árabe podería dicir (en tradución literal) "Esta mazá vermella".
A maioría das linguas pode ser usada para espremer a idea dunha mazá vermella. Un usuario de E-Prime pode simplemente dicir (en tradución literal) "Esta mazá paréceme vermella" para recordarse que "ver vermella" inclúe e a mazá e o ollo e cerebro da persoa observante da mazá.
Numerosos especialistas en inglés alertan aos estudantes para usar verbos diferentes de "ser" ou "estar". Para eles, o uso de verbos máis activos fai a obra escrita máis clara e máis interesante. Estes estudosos queren refinar obras escritas polos seus estudantes e non necesariamente aceptan as ideas de Semántica Xeral ou E-Prime.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Na nosa lingua serían "ser"/"estar", "é"/"está" , "son"/"están", "era"/"estaba", "sido"/"estado", "sendo"/"estando", "sexa"/"estea"