Dunmurry
Dunmurry (do irlandés Dún Muirígh, que significa "fortaleza de Murry"[1]) é unha townland localizada no condado de Antrim, Irlanda do Norte, entre as cidades de Belfast e Lisburn. En abril de 2015, Dunmurry foi incorporada a Belfast, sendo transferida ao concello daquela cidade no ámbito das reformas do goberno local.[2]
Dunmurry ten as súas propias tendas e escolas, unha escola secundaria situada na River Road en Seymour Hill, e tamén posúe igrexas e outras amenidades modernas. Dunmurry é flanqueada polo río Lagan que, malia ser canalizado, aínda mantén a atmosfera dun tranquilo canal rural.
Dunmurry foi o lugar escollido para construír a fábrica da DeLorean Motor Company en 1980, onde foi fabricado o coche deportivo DMC DeLorean,[3] famoso pola súa aparición na triloxía de filmes Back to the Future.
Deporte
[editar | editar a fonte]- O Club de crícket de Dunmurry xoga na NCU Senior League.
- Dunmurry Recreation F.C., comunmente máis coñecido como Dunmurry Rec.
- Dunmurry Young Men F.C.
- Iveagh United F.C.
- Club de golf de Dunmurry.
- Eire Og Derriaghy.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Placenames NI". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2012. Consultado o 26 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Local government reform - Belfast City Council". www.belfastcity.gov.uk.
- ↑ Bright future at old DeLorean plant in Belfast. www.irishtimes.com.