Donoussa
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Grecia | ||||
Administracións descentralizadas | administración descentralizada do Exeo | ||||
Periferias | Exeo Meridional | ||||
Unidades periféricas | Naxos (pt) | ||||
Concello | Naxos and Lesser Cyclades Municipality (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 141 (2011) (10,25 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 13,75 km² | ||||
Bañado por | Mar Exeo | ||||
Altitude | 11 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 84300 | ||||
Dhenoúsa (grego: Δονούσα, tamén Δενούσα - Denousa) é unha illa das Cícladas, próxima a Naxos. Atópase ao leste de Amorgos e ao leste de Naxos. Ten unha superficie de 13 km² e 167 habitantes. A altura máxima da illa a alcanza no monte Papas (Πάπας, 383 m) e no Vardia (Βάρδια, 386 m).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Hai cinco pequenos núcleos residenciais na illa: Stavros ao suroeste, porto principal e capital; Kaloritissa, ao nordeste; Mersini ao sueste; Mesaria ao sur, afastada da costa, na estrada entre Mersini e Stavros; e Troulos (Limni). A illa posúe algunhas boas praias especialmente Limni, ao oeste, e en Livadi, Kerdos (ou Kedros) e Fiikio, ao sur.
Ao noroeste hai algunhas covas como Toihos (Spilia Toixou) con restos de establecementos xeométricos antigos da cultura cicládica, próxima á punta Aspos Kavos (Aspron) e ao oeste da baía de Xilombatis (a máis grande da illa). En xeral a illa está chea de covas.
A punta nordeste denomínase Fanari, a sur Glaros, e a punta este chámase Okospilia. Hai tres igrexas: Timio Stavros (Santa Cruz) e Panagias (Virxe María) na capital, e Agios Ioannis (San Juan). As illas principais da proximidade son o grupo de Melantioi, Skoulonisi e Moshonas (ao leste)e as illas Makares, con Megalo Nisi, Agios Paraskevi e Stroggili ao oeste.
Censo | Poboación |
---|---|
1928 | 235 |
1946 | 250 |
1981 | 116 |
1991 | 111 |
2001 | 163 |
2011 | 167 |
Historia
[editar | editar a fonte]Os romanos chamárona Donoussa e antes Donusa ou Donysa. O seu nome deriva de ser, de acordo á lenda (mencionada por Estevo de Bizancio), a illa onde Dioniso levou a Ariadna desde Naxos cando era perseguida polo seu pai Minos, aínda que seguramente é unha confusión polo nome da illa co deus Dioniso.
Baixo os romanos foi lugar de desterro. Ao longo da historia foi utilizada como base de piratas (atopouse unha inscrición árabe nunha pedra) pero nunca sufriu unha ocupación permanente, nin tan sequera dos turcos, italianos ou alemáns. Cando foi evacuada polos turcos non foi ocupada polas autoridades gregas senón que se estableceu xente que viña de Amorgos baixo a autoridade do mosteiro de Hozoviotissa de Amorgos; o mosteiro deixou as terras aos campesiños a cambio dun censo en produtos da terra, pero máis tarde as terras pasaron aos seus cultivadores.
Referencias
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Donoussa |