Domingo Blanco Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1947 (76/77 anos) Cariño, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Domingo Blanco Pérez, nado en Cariño en 1947, é un filólogo galego, especialista en poesía popular galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutorouse en Filoloxía en 1990 pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Contribución ó estudio da literatura popular en Galicia; o papel das clases letradas na valoración e transmisión da literatura popular en verso en Galicia entre 1746 e 1886, dirixida por Antón Santamarina.
Foi profesor en Zürich e despois profesor no IES República Oriental do Uruguai, no Barrio das Flores, en Teis, Vigo.
Obra
[editar | editar a fonte]Publicou, entre outros medios, en Grial; EDUGA, Revista Galega do Ensino; Verba e no Boletín Galego de Literatura e participou en varias obras colectivas. Porén, entre a súa obra principal pódese destacar:
- A poesía popular en Galicia, 1745-1885, recompilación, estudo e edición crítica. 1992, Xerais, ISBN 84-7507-684-X.
- ——— Volume II. ISBN 84-7507-685-8
- Historia da literatura popular galega, 1994, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, ISBN 978-84-8121-130-6.[1]
- Escolma de literatura popular galega, 1996, Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Edicións A Nosa Terra, ISBN 84-89679-13-4.[2]
- Edición, introdución, notas e glosario en Colección de cantares gallegos, de José Casal Lois, 2001, Consello da Cultura Galega.[3]
- Poesía popular galega, Biblioteca Galega 120, La Voz de Galicia, 2002, ISBN 84-88254-81-4.[4]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Foi Premio á Investigación da Deputación de Pontevedra, 1990, por: "Xosé Casal Lois e a súa aportación á literatura popular galega"
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Imaxe da portada de: Historia da literatura popular galega
- ↑ "Imaxe da portada de: Escolma de literatura popular galega". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2016. Consultado o 06 de febreiro de 2016.
- ↑ Baixar publicación. Colección de Cantares Gallegos CCG.
- ↑ Requeixo, Armando «A Biblioteca 120 recupera as mellores cantigas da poesía popular galega»Internet Archive.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 120.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do autor Arquivado 01 de marzo de 2016 en Wayback Machine. na páxina da Editorial Xerais.