Doctor Mateo
Doctor Mateo | |
---|---|
Dirixido por | César Rodríguez Blanco Ángeles Reiné |
Intérpretes | Gonzalo de Castro Natalia Verbeke Daniel Freire Rosario Pardo Álex O'Dogherty Lulú Palomares Ricardo de Barreiro Gonzalo Kindelán Ramón Pujol Ángela Moreno Rodrigo Castellanos Gorka Otxoa Elio González Javi Coll Xavi Mira María Esteve Cesar Vea |
Tema de apertura | Elixir Zeno and the stoics |
País de orixe | España |
Episodios | 56 |
Produción | |
Localización(s) | Lastres (Asturias) |
Duración | 80 min. aprox. |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Antena 3 |
Primeiro episodio | 22 de febreiro de 2009 |
Derradeiro episodio | 17 de xullo de 2011 |
Na rede | |
http://www.doctormateo.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Doctor Mateo é unha serie de ficción producida por Notro Films para a cadea española Antena 3, que a estreou o 22 de febreiro de 2009 e finalizou o 17 de xullo de 2011.
Está baseada na serie inglesa Doc Martin, que colleitou altos niveis de audiencia en varios dos países nos que se emitiu, entre eles Reino Unido, Alemaña, Italia e Australia. Esta serie conta cunha 1ª tempada de 10 capítulos, unha 2ª tempada de 14 capítulos, unha 3ª tempada de 6 capítulos e 4ª tempada de 14 capítulos. Foi renovada por unha 5ª tempada de 12 capítulos.
Argumento
[editar | editar a fonte]Mateo Sancristóbal é un médico español que reside en Nova York. Logo de empezar a padecer hemofobia, decide deixalo todo alí e fincarse na vila onde veraneaba de pequeno: San Martín del Sella. Alí iniciará unha nova vida como médico do pobo, e ao longo das tempadas se metera de cheo na vida rural e acabará por atopar o amor...
Repartimento
[editar | editar a fonte]- Gonzalo de Castro, como Mateo Sancristóbal, médico.
- Natalia Verbeke, como Adriana Pozuelo, profesora da escola.
- Moss como Tuso, can de Mateo.
- Álex O'Dogherty, como Alfredo Escobar, policía.
- Rosario Pardo, como Juana, tía de Mateo.
- María Esteve, como Elena, forneira.
- Lulú Palomares, como Carol Díaz, propietaria da radio local.
- Daniel Freire, como Tom Pellegrini, propietario da taberna.
- Gonzalo Kindelán, como Riqui, técnico da radio e camareiro da taberna.
- Ángela Moreno, como Ana, copropietaria da taberna.
- Ramón Pujol, como Ernesto Escribano, lampista.
- Fernando Soto e Xavi Mira, como Mario, marido de Carol.
- Rodrigo Castellanos, como Pedro, fillo de Elena e Mario.
- Javier Coll, como Antonio, veciño da vila.
- Lluis Villanueva, como Óscar, médico do hospital.
- Natalia Roig, como La Trini, farmacéutica.
- Fernando Albizu, como Don Alejandro, cacique da vila e propietario da empresa de conservas.
- Xisco Segura, como Bruno, psicólogo.
- Valeria Racu, como Olga, amiga de Pedro.
- Elio González, como David, fillo de Tom.
- Chupi Llorente, como Loles, noiva de Tom e profesora.
- Paloma Bloyd, como Sonia, noiva de David.
- Gorka Otxoa, como Santiago Sagredo, axudante de Mateo.
- Monika Kowalska, como Ilsa, rapaza polaca.
- Deixaron a serie
- Ricardo de Barreiro, como Paco Escribano, irmán de Ernesto.
- Manuela Velasco, como Julia Muñiz, bibliotecaria da escola.
- Oriol Tarrason, como Dani Carbonero, arquitecto e ex-noivo de Adriana.
- Joan Molina, como Don Severino, antigo doutor do pobo.
- Esperanza Pedreño, como Marga, recepcionista de Mateo.
- Amanda Marugán, como Marilin, curmá de Marga e a súa substituta na consulta do doutor.
Capítulos e audiencias
[editar | editar a fonte]Tempada | Capítulos | Espectadores | Share |
---|---|---|---|
Primeira | 01-10 | 3 687 000 | 19,4% |
Segunda | 11-24 | 2 906 000 | 16,2% |
Terceira | 25-30 | 2 501 000 | 13,7% |
Cuarta | 31-42 | 2 424 000 | 12,8% |
Quinta | 43-54 | 1 853 000 | 10,7% |
Premios
[editar | editar a fonte]- Gonzalo de Castro:
- TP de Ouro ao mellor actor en 2009.
- Premio Ondas ao mellor actor en 2009.
- Premio das Bodegas Casado Morales ao mellor novo do ano.
- Fotograma de Prata ao mellor actor en 2010.
- Natalia Verbeke:
- Premio do Festival de Islantilla á mellor actriz protagonista.
- Premio Ondas á mellor actriz en 2010.
- Premio Zapping á mellor actriz en 2010.
- María Esteve:
- Premio no Festival de Cine de Comedia de Tarazona y El Moncayo "Paco Martínez Soria" á mellor actriz de comedia.
- Premio Punto Radio La Rioja á mellor serie de televisión..
- Manín de Honor do Coro Marinero Manín de Lastres, en recoñecemento á difusión que fan de Asturias e a provincia de Colunga.
- Mellor Ficción de Comedia no FesTVal 2008.
- Mellor Ficción Nacional no Festival Internacional de Curtametraxes e Cine Alternativo de Benalmadena 2009.
- Medalla de Ouro do Turismo da Unión Hotelera do Principado de Asturias, por ser un produto de calidade que difunde a imaxe de Asturias e que está tendo unha grande aceptación entre o público.
- Premio Príncipe de Asturias 2010 a Lastres, como pobo exemplar de toda España.
Localizacións
[editar | editar a fonte]A serie rodouse en Lastres (Asturias) baixo o nome ficticio de San Martín del Sella. Este ficticio pobo, segundo o cartel de benvida, está irmandado con Portwenn (Reino Unido), lugar onde se desenvolve a historia de Doc Martin, serie inglesa na cal baséase a versión española. Tamén ten rodaxe en diversos interiores en Madrid.