División de Honra B de Rugby 2015-2016
A tempada 2015-2016 da División de Honra B foi a 18ª edición da segunda división de rugby en España, tal como foi reestruturada en 1998, cando a Primeira Nacional pasou de ser a segunda división a ser a terceira. Organizada pola Federación Española de Rugby, foi por segundo ano seguido o único nivel intermedio entre a máxima competición nacional, a División de Honra, e as diversas ligas rexionais de cada federación autonómica.
Comezou o 19 de setembro de 2015 e rematou o 29 de maio de 2016, resultando campión da categoría o Club de Rugby Ciencias de Sevilla, que acadou o ascenso directo á División de Honra.
Formato
[editar | editar a fonte]A competición conta con 36 equipos participantes, catro deles filiais de clubs que compiten na División de Honra (El Salvador, VRAC, Cisneros e Santboiana). Os 36 equipos están divididos en tres grupos segundo criterios xeográficos, tendo cada grupo 12 equipos.
A liga regular está composta por 22 xornadas, nas que cada equipo xoga contra tódolos rivais do seu grupo dúas veces, unha como anfitrión e outra como visitante. Ó remate da tempada regular levarase a cabo a fase de ascenso, na que terán dereito a competir oito equipos: os dous primeiros equipos de cada grupo e os dous terceiros que teñan máis puntos na liga. A fase de ascenso consiste en eliminatorias directas con encontros de ida e volta (cuartos de final, semifinais e final). O gañador da final será o único equipo que acade o ascenso directo, mentres que o outro equipo finalista aínda terá a oportunidade de ascender nunha eliminatoria de promoción na que se enfrontará ó penúltimo equipo da máxima categoría.
Fase de liga regular
[editar | editar a fonte]Grupo A
[editar | editar a fonte]O grupo A corresponde á zona xeográfica do norte de España, é nel compiten os equipos de Navarra, A Rioxa, País Vasco, Castela e León, Cantabria, Asturias e Galicia, que nesta edición está representada por dous equipos: o Vigo R.C. e o C.R.A.T. A presenza destes dous equipos na División de Honra B estivo en perigo por non ter asinada a Federación Galega de Rugby un seguro médico a tempo, de xeito que os dous equipos tiveron que aprazar os encontros correspondentes ás dúas primeiras xornadas. Nunha situación semellante estivo o Oviedo R.C. que tivo que aprazar o seu primeiro encontro de liga por non ter asinado un seguro médico a tempo.
Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | PF | PC | BO | BD |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | Zarautz R.T. | 99 | 22 | 21 | 0 | 1 | 751 | 280 | 14 | 1 |
2º. | Aparejadores R.C. | 86 | 22 | 17 | 0 | 5 | 655 | 371 | 13 | 5 |
3º. | Bera Bera R.T. | 59 | 22 | 11 | 2 | 9 | 425 | 384 | 7 | 4 |
4º. | Uribealdea R.E. | 57 | 22 | 11 | 1 | 10 | 471 | 372 | 5 | 6 |
5º. | C.R.A.T. | 57 | 22 | 11 | 2 | 9 | 432 | 371 | 3 | 6 |
6º. | Vigo R.C. | 47 | 22 | 9 | 0 | 13 | 449 | 414 | 7 | 4 |
7º. | Oviedo R.C. | 46 | 22 | 9 | 0 | 13 | 450 | 453 | 3 | 7 |
8º. | Durango R.T. | 44 | 22 | 8 | 0 | 14 | 394 | 453 | 6 | 6 |
9º. | Eibar R.T. | 41 | 22 | 9 | 0 | 13 | 365 | 575 | 2 | 3 |
10º. | C.R. El Salvador 'B | 40 | 22 | 8 | 0 | 14 | 345 | 711 | 5 | 3 |
11º. | V.R.A.C. 'B | 40 | 22 | 8 | 1 | 13 | 310 | 528 | 4 | 2 |
12º. | La Única R.T. | 35 | 22 | 6 | 2 | 14 | 343 | 478 | 3 | 4 |
Posicións que clasifican para fase de ascenso (1º e 2º). |
|
Grupo B
[editar | editar a fonte]Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | PF | PC | BO | BD |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | C.R. La Vila | 102 | 22 | 21 | 0 | 1 | 1005 | 200 | 17 | 1 |
2º. | C.R. Sant Cugat | 89 | 22 | 19 | 0 | 3 | 685 | 337 | 13 | 0 |
3º. | C.A.U. Valencia | 79 | 22 | 15 | 0 | 7 | 831 | 311 | 13 | 6 |
4º. | C.R. Les Abelles | 68 | 22 | 14 | 0 | 8 | 584 | 347 | 9 | 3 |
5º. | B.U.C. | 61 | 22 | 12 | 1 | 9 | 518 | 546 | 8 | 3 |
6º. | C.N. Poble Nou | 55 | 22 | 11 | 0 | 11 | 507 | 507 | 7 | 4 |
7º. | R.C. Valencia | 51 | 22 | 11 | 0 | 11 | 420 | 540 | 6 | 1 |
8º. | U.E. Santboiana 'B | 45 | 22 | 9 | 0 | 13 | 415 | 543 | 4 | 5 |
9º. | R.C. L'Hospitalet | 43 | 22 | 8 | 0 | 14 | 370 | 587 | 6 | 5 |
10º. | Fénix R.C. | 38 | 22 | 7 | 2 | 13 | 375 | 631 | 4 | 2 |
11º. | R.C. Sitges | 14 | 22 | 2 | 1 | 19 | 282 | 794 | 2 | 2 |
12º. | Químic E.R. | 5 | 22 | 0 | 2 | 22 | 228 | 877 | 1 | 0 |
Posicións que clasifican para fase de ascenso (1º e 2º). |
|
Grupo C
[editar | editar a fonte]Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | PF | PC | BO | BD |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | C.R. Ciencias | 107 | 22 | 22 | 0 | 0 | 1180 | 195 | 19 | 0 |
2º. | C.R. Liceo Francés | 87 | 22 | 18 | 0 | 4 | 715 | 348 | 14 | 1 |
3º. | C.R.A. Portuense | 76 | 22 | 14 | 0 | 8 | 672 | 505 | 16 | 4 |
4º. | C.D. Arquitectura | 65 | 22 | 12 | 1 | 9 | 562 | 549 | 13 | 2 |
5º. | Olímpico R.C. | 54 | 22 | 11 | 0 | 11 | 554 | 535 | 6 | 4 |
6º. | C.A.R. Cáceres | 52 | 22 | 11 | 1 | 10 | 435 | 578 | 5 | 1 |
7º. | A.D. Ingenieros Ind. | 49 | 22 | 10 | 0 | 12 | 456 | 521 | 5 | 4 |
8º. | Helvetia Rugby | 48 | 22 | 10 | 0 | 12 | 490 | 652 | 7 | 1 |
9º. | C.R. Cisneros 'B | 44 | 22 | 8 | 0 | 14 | 527 | 615 | 7 | 5 |
10º. | U.R. Almería | 42 | 22 | 8 | 0 | 14 | 477 | 659 | 7 | 3 |
11º. | C.A.U. Madrid | 37 | 22 | 7 | 0 | 15 | 412 | 691 | 6 | 3 |
12º. | C.D.U. Granada | 7 | 22 | 0 | 0 | 22 | 219 | 851 | 1 | 6 |
Posicións que clasifican para fase de ascenso (1º e 2º). |
|
Fase de ascenso
[editar | editar a fonte]- O Portuense retirouse da loita polo ascenso antes de comezar. O La Vila foi eliminado por aliñación indebida.
O resultado da fase de ascenso foi o título de campión da División de Honra B para o Club de Rugby Ciencias de Sevilla, e polo tanto o seu ascenso directo a División de Honra. Como subcampión, o CAU Valencia é o equipo que participará na eliminatoria de promoción fronte ó penúltimo equipo da División de Honra, o Gernika Rugby Taldea.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Calendario da División de Honra B 2015-2016 na páxina web da Federación Española de Rugby (en castelán)
- Normativa da División de Honra B 2015-2016 na páxina web da Federación Española de Rugby (en castelán)