División de Honra B de Rugby 2010-2011
A tempada 2010-2011 da División de Honra B de rugby foi a 13ª edición da competición ligueira que ocupa o segundo nivel no sistema do rugby español. Nesta tempada se mantivo o formato de 2 grupos con 8 equipos cada un que xogan entre si todos fronte a todos un total de 14 encontros, 7 como local e 7 como visitante. Ó remate da liga regular, os 2 mellores equipos de cada grupo acadan o dereito a loitar polo ascenso á División de Honra nunha eliminatoria na que se enfrontan o primeiro de cada grupo fronte ó segundo do outro grupo, en dous encontros.
Equipos
[editar | editar a fonte]Os equipos participantes nesta edición 2010-11 da División de Honra B foron:
- Grupo 1
- Grupo 2
Liga Regular
[editar | editar a fonte]A edición 2010-2011 da División de Honra B rematou o 30 de xaneiro de 2011. Despois de 14 xornadas nas que tódolos equipos de cada grupo xogaron entre si dous encontros, os dous grupos quedaron do seguinte xeito:
|
|
Ascenso a División de Honra
[editar | editar a fonte]- Play Offs polo ascenso
13 de febreiro de 2011 | Vigo RC | 11 - 6 | CRC Madrid | en Vigo |
13 de febreiro de 2011 | Les Abelles RC | 15 - 13 | Getxo RT | en Valencia |
20 de febreiro]] 2011 | CRC Madrid | 6 - 6 | Vigo RC | en Madrid |
20 de febreiro de 2011 | Getxo RT | 43 - 21 | Les Abelles RC | en Getxo |
Os dous primeiros equipos de cada grupo clasificáronse para disputar a eliminatoria polo ascenso a División de Honra. Tralos encontros disputados os días 13 e 20 de febreiro, os dous equipos do Grupo 1 venceron as súas eliminatorias, e tanto Getxo RT como Vigo RC acadaron o dereito a ser equipos de División de Honra na tempada 2011-2012.[3]
O ascenso do Vigo Rugby Club á División de Honra é un feito histórico no deporte galego, xa que é a primeira vez que un equipo de Galicia competirá na elite do rugby nacional.
Descenso a Primeira Nacional
[editar | editar a fonte]Os 2 piores equipos, CR Ponent e Uribealdea RT, últimos nos 2 grupos, descenderon directamente a 1ª Nacional. Os seus postos serán ocupados por L`Hospitalet RC e CD Hercesa. Os outros 2 piores equipos, BUC e CD Arquitectura, penúltimos nos 2 grupos, tiveron que enfrontarse nunha eliminatoria a 2 equipos clasificados dende a 1ª Nacional para evita-lo descenso. No caso do CD Arquitectura, foi quen de vencer na eliminatoria fronte a Eibar RT. No caso do BUC, caeu fronte ó Independiente RC, e polo tanto o equipo cántabro substituirá ó catalán na División de Honra B na tempada 2011-2012.[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Clasificación final Div. Honor B Grupo 1". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2011. Consultado o 25 de maio de 2022.
- ↑ "Clasificación final Div. Honor B Grupo 2". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2011. Consultado o 25 de maio de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 "www.ferugby.com". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2011. Consultado o 25 de maio de 2022.