Saltar ao contido

Distrito Maracha-Terego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDistrito Maracha-Terego

Localización
Mapa
 3°14′N 30°56′L / 3.23, 30.93
EstadoUganda
RexiónRegião Norte (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Disolución2007 Editar o valor en Wikidata

Maracha-Terego é un distrito do noroeste de Uganda. Creouse no 2006 a partir do Distrito Arua.[1]

O distrito limita co Distrito Yumbe polo norte, co Distrito Arua polo sur, coa República Democrática do Congo polo oeste e co Distrito Koboko polo noroeste. Ovujo, situado no medio do distrito, atópase aproximadamente a 30 km ao norte de Arua, a cidade máis grande da rexión.[2]

O distrito debúllase en dous condados; o Condado Maracha, con capital en Maracha, e o Condado Terego, con capital en Terego.[3] Desde os inicios do distrito, a cuestión da localización da capital é fonte de problemas.

Segundo o censo do ano 2002 o distrito tiña unha poboación estimada de 302.100 persoas, cun crecemento anual do 4%. Estímase, entón, a poaboación do ano 2010, en 413.500 habitantes, como segue na táboa:

Poboación do Distrito Maracha - Terego
Ano Poboación (estimación)
2002 302.100
2003 314.200
2004 326.800
2005 339.800
2006 353.400
2007 367.600
2008 382.300
2009 397.600
2010 413.500

A agricultura é o alicerce da economía do lugar, así como a gandaría.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]