Diocleciano
Nome orixinal | (la) Gaius Aurelius Valerius Diocletianus Augustus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (grc) Gaius Valerius Diocles 22 de decembro de 242 ↔ 22 de decembro de 245 Doclea (Imperio Romano) |
Morte | 3 de decembro de 316 (66/76 anos) Salona (Imperio Romano) |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | Catedral de São Dômnio (pt) |
Cónsul romano | |
287 – 287 | |
Cónsul romano | |
285 – 285 | |
51º Emperador romano | |
20 de novembro de 284 – 1 de maio de 305 ← Carino – Constancio I Cloro, Galerio ⊟ | |
Cónsul romano | |
284 – 284 | |
Senador romano | |
Datos persoais | |
Relixión | Relixión na Roma antiga |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Antiga |
Ocupación | político, monarca |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Título | César (título) Augusto (título) |
Cónxuxe | Prisca |
Fillos | Galeria Valeria |
Irmáns | Maximiano Carausio |
Cronoloxía | |
24 de febreiro de 303-313 | Persecución de Diocleciano |
284-306 | Tetrarquía |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Obálky knih, |
Gaius Aurelius Diocles Diocletianus, nado en Dalmacia en 244 e finado en 311, foi un emperador romano, un dos augustos da Primeira Tetrarquía. Rematou coa Crise do Século III (235-284) establecendo un goberno autocrático que sentou os alicerces da segunda fase do Imperio Romano, coñecida como Dominado (fronte ao Principado anterior). As reformas de Diocleciano contribuíron para garantir que o imperio perdurase durante varios séculos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diocles naceu, probablemente, en Salona, Dalmacia, cara ao ano 244.[1] Os estudosos non se poñen de acordo sobre o nome orixinal que puido ser Διοκλής (Diocles), ou quizais Diocles Valerio.[2] De baixo nível social, Diocles subiu os chanzos da carreira militar e distinguiuse baixo os emperadores Probo e Aureliano até ser nomeado cónsul. Acusado do asasinato de Numeriano en setembro de 284 xunto co prefecto do pretorio Arruis Aper, matou a este en público e, ese mesmo ano, se converteu en emperador en Nicomedia;[3] pouco despois, venceu a Carino, fillo de Caro, en Moesia. Realizou reformas profundas a fin de salvar o imperio da caída inminente. Diocleciano tiña tres obxectivos: fortalecer o seu poder, reformar os métodos de goberno e rexenerar o exército. Para iso promoveu reformas na administración e no recrutamento militar (dobrando o número de lexións), pasou a usar mercenarios bárbaros e transformou os servizos do exército nas fronteiras en hereditarios. Nese último caso, os soldados non pasaban de servos do Estado, obrigados a loitar a cambio dunha paga fixa e do dereito de ocupar a terra.
A diarquía
[editar | editar a fonte]O poder autocrático era incompetente para gobernar e defender o inmenso imperio e varias provincias tentaban liberarse e vivir baixo o goberno de emperadores propios. Dada a complexidade dos problemas políticos e administrativos derivados da extensión do Imperio Romano, así como a necesidade dun sistema organizado para a sucesión dos emperadores, xulgou Diocleciano que a forma de resolver esas cuestións sería dividir de feito (xuridicamente continuaba sendo un) o Imperio Romano en pars Orientis e pars Occidentis. O control da rexión occidental (pars Occidentis) foi transferido para Maximiliano, un xeneral da súa confianza. Reservando a rexión oriental (pars Orientis) para si, Diocleciano non dividiu propiamente o poder co seu compañeiro de armas Maximiliano, pois, na realidade, Diocleciano estaba colocado en posición superior á de Maximiliano. A partir de aí, o Imperio pasou a ter dos Augustos (augustus), cada cal con exército, administración e capital propios, aínda que Diocleciano continuase a ser o xefe do Estado, representando a unidade do mundo romano. Ese sistema ficou coñecido como diarquía.
A tetrarquía
[editar | editar a fonte]Posteriormente, o Imperio foi dividido en 101 provincias, agrupadas en doce dioceses reunidas en catro prefecturas. Apartir de entón pasaron a existir catro emperadores, dous deles co título de Augusto e dous co título de César (caesar). Eses eran xefes militares capaces de gobernar e protexer o imperio, adoptados como fillos polos Augustos, a quen sucederían en caso de morte, incapacidade provocada pola vellez ou despois de vinte anos dos seus gobernos. Os césares, lugar-tenentes dos Augustos, tamén posuían capital, exército e administración propios. A esa organización dáselle o nome de tetrarquía, pois hai dos Augustos e dous Césares.
O Dominado
[editar | editar a fonte]Diocleciano instaurou o Dominato, ou sexa, unha monarquía despótica e militar, de tipo helenístico. Baixo a influencia de ideas orientais, o Princeps converteuse en Dominus, isto é, en amo ou gobernante absoluto á fronte dunha gran burocracia. O emperador tornábase "señor e deus" e tódolos que eran admitidos na súa presenza eran obrigados a axeonllarse e beixar a punta do manto real. Extinguiuse, con iso, o principado: os civís foran derrotados polos militares. Paradoxalmente, a reforma de Diocleciano, continuada polos seus sucesores, ao mesmo tempo que garantiu a estabilidade do Imperio por máis de dous séculos, acentuou aínda máis a crise estrutural do Imperio Romano.
Ao aumentar a máquina administrativa e militar do Estado, que consumía recursos inmensos, aumentaba, consecuentemente, a espoliación dos súbditos a través da cobranza de altos impostos. Unha das formas atopadas polas masas populares para fuxir dos pagamentos dos tributos era a mudanza de domicilio e ocupación. A xeneralización dese proceso levou ao autócrata Diocleciano a procurar "fixar" os agricultores, colonos ou arrendatarios sobre as terras que cultivaban, prohibíndolles abandonalas. Con esa violenta supresión da liberdade individual, o home libre da época transformouse en servo do Estado. Xurdía a servidume. Os ideais greco-romanos dunha comunidade de cidadáns libres desapareceran. Determinou, aínda, que os traballadores urbanos deberían permanecer nas súas profesións, sen o dereito de abandonalas, debendo transmitilas aos descendentes, en carácter obrigatorio. Instituíase, dese modo, un sistema de castas ata entón descoñecido en Roma, co nítido obxectivo de manter estacionaria e inmobilizada a estrutura económica do Imperio. Os cidadáns transformaranse en súbditos dun déspota, servindo aos intereses do Estado. Creou tamén, empresas estatais monopolistas, incentivando a compra de materias primas para garantir o aprovisionamento do exército. Con Diocleciano, o dirixismo estatal alcanzou seu punto máis elevado.
Diocleciano procurou conter a alta dos prezos e salarios co Edicto Máximo (301). O "conxelamento" da economía acabou fracasando.
Diocleciano rehabilitou as vellas tradicións, incentivando o culto dos deuses antigos. Emprendeu a que é coñecida por algúns historiadores eclesiásticos como a penúltima grande persecución emprendida polo Imperio Romano contra o Cristianismo. Impuxo o uso do latín nas provincias do Oriente. Prestixiou as leis romanas.
Morte
[editar | editar a fonte]Enfermo e debilitado, conforme establecera, Diocleciano abdicou o 1 de maio de 305, converténdose no primeiro emperador romano en deixar voluntariamente o seu su cargo. Desde entón, retirouse ao seu palacio na costa dálmata, dedicado ao coidado dos seus xardíns e hortas. O seu palacio converteuse no núcleo orixinal da actual cidade de Split (Croacia). Morreu o 3 de decembro de 311.[4][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diocleciano |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barnes, Timothy D. (1973). "Lactantius and Constantine". The Journal of Roman Studies (Cambridge) 63: 29–46. ISSN 0075-4358. doi:10.2307/299163.
- Barnes, Timothy D. (1981). Constantine and Eusebius (en inglés). Cambridge, MA: Harvard University Press. ISBN 978-0-674-16531-1.
- Barnes, Timothy D. (1982). The New Empire of Diocletian and Constantine (en inglés). Cambridge, MA (EE.UU.): Harvard University Press. ISBN 0-7837-2221-4.
- Harries, Jill (1999). Law and Empire in Late Antiquity (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-41087-8.
- Liebeschuetz, J. H. W. G. (1979). Continuity and Change in Roman Religion (en inglés). Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-814822-4.
- Potter, David S. (2005). The Roman Empire at Bay: AD 180–395 (en inglés). Nova York: Routledge. ISBN 0-415-10057-7.
- Sayas Abengoechea, Juan José; Abad Varela, Manuel (2013). Historia Antigua de la Península Ibérica II. Época tardoimperial y visigoda (en castelán). Madrid: UNED. ISBN 978-84-362-6534-7.
- Williams, Stephen (19997). Diocletian and the Roman Recovery (en inglés). Nova York: Routledge. ISBN 0-415-91827-8.