Saltar ao contido

Diocese católica latina de Niza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de Niza.

A Diocese de Niza é unha diocese da Igrexa Católica de rito latino en Francia. A diocese abrangue o departamento dos Alpes Marítimos, e é sufragánea da arquidiocese de Marsella. O bispo actual é André Marceau, nomeado polo papa Francisco en 2014.

Segundo a tradición, Niza foi evanxelizada por San Bernabé, enviado por San Paulo, ou por Santa María Magdalena, Santa Marta e San Lázaro. Pénsase que o primeiro Bispo de Niza foi San Bassus, martirizado baixo o reinado do emperador Decio. A Sé de Niza na Galia Narbonense existía xa en 314, cando o seu Bispo mandou delegados ao Concilio de Arles. O primeiro bispo coñecido é Armantius, que asistiu ao Concilio de Aquileia en 381.

Cimiez, preto de Niza, tamén foi unha sé episcopal arredor do 260, e que seguía a existir a mediados do século V cando tiña por bispo a San Valeriano. O papa León o Grande emitiu un rescripto pouco despois do 450 que uniu dita sé á nizarda, e que fou confirmado polo papa Hilario en 465. Esta nova sé quedou como sufragánea da de Embrun até a Revolución francesa.

San Anselmo, antigo monxe da abadía de Lérins, menciónase como Bispo de Niza entre os anos 1100 e 1107. Os bispos de Niza levaban tamén o título de Condes de Drap, facendo deles príncipe-bispos, dende a doazón de certas propiedades situadas en Drap no ano 1073 cedidas por Pierre, Bispo de Vaison e nativo de Niza, a Raymond I, o seu bispo, e aos seus sucesores.

Carlomagno, ao visitar a vila de Cimiez (que fora arrasada polos longobardos en 574), impulsou a San Siagrio a construír enriba das súas ruínas o mosteiro de San Poncio, a maior abadía dos Alpes da Idade Media.

A diocese foi restablecida polo concordato de 1801 como sufragánea da arquidiocese de Aix. Durante a época na que o condado de Niza foi parte dos Estados Sardos, entre 1818 e 1860, a sé pasou a ser sufragánea da de Xénova. Cando Niza foi anexionada a Francia en 1860, algúns territorios que permaneceron baixo dominio italiano foron engadidos á diocese de Vintimille. En 1862 a diocese volveu a depender de Aix.

Episcopoloxio

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]