Diencéfalo
O diencéfalo é a rexión do tubo neural dos vertebrados que dá lugar ás estruturas do prosencéfalo posterior. Durante o desenvolvemento embrionario, o prosencéfalo, que é a vesícula máis anterior do tubo neural, dá orixe ao diencéfalo e telencéfalo. Nos adultos, o diencéfalo está situado no extremo superior do tronco cerebral, entre o cerebro e o tronco cerebral. Está formado por catro compoñentes: tálamo, subtálamo, hipotálamo (onde se localiza a glándula pituitaria) e epitálamo (onde se localiza a glándula pineal).[1]
Organización
[editar | editar a fonte]- diencéfalo
- territorio medio diencefálico
- hipotálamo
- epitálamo
- glándula pineal
- metatálamo (cos corpos xeniculados externo e interno)
Funcións
[editar | editar a fonte]O diencéfalo é a rexión do tubo neural dos vertebrados que orixina as estruturas do prosencéfalo posterior, como o tálamo, hipotálamo, porción posterior da glándula pituitaria, e a glándula pineal. O hipotálamo realiza numerosas funcións vitais, a maioría das cales están relacionada directa ou indirectamente coa regulación das actividades viscerais a través doutras rexións encefálicas e do sistema nervioso autónomo. O tálamo é a vía de entrada para todos os estímulos sensoriais excepto o olfactorio; está conectado co córtex cerebral e filtra os estímulos que chegan a ela, e é o centro onde residen as emocións e sentimentos.
Nervios
[editar | editar a fonte]Ao diencéfalo únese o nervio óptico (par cranial II). O nervio óptico é un nervio sensorial (aferente) responsable da visión; iníciase no ollo e a través do canal óptico do cranio chega ao diencéfalo.
Representación tridimensional
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jacobson & Marcus (2008). Neuroanatomy for the Neuroscientist. Springer. pp. 147. ISBN 978-0-387-70970-3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- BrainMaps - diencephalon [1]
- NIF Search - Diencephalon Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine. pola Neuroscience Information Framework