Didunculus strigirostris
Didunculus strigirostris Pomba manumeana | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Didunculus strigirostris fotografado o 1 de xaneiro de 1901 | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Didunculus strigirostris (Jardine, 1845) |
Didunculus strigirostris, coñecida na bibliografía internacional como pomba naumeana ou, simplemente, como naumeana, é unha especie de ave a orde das columbiformes e familia dos colúmbidos, endémica das illas de Savaii e Upolu (Samoa), que está considerada como especie en perigo de extinción pola UICN.[1]
É o único representante actual do xénero Didunculus,[2] e non se lle recoñecen subespecies.[3][4]
Unha especie extinta relacionada, Didunculus placopedetes, só se coñece a partir de restos subfósiles en varios sitios arqueolóxicos en Tonga.[5][6]
É a ave nacional de Samoa, e aparece nos billetes de 20 tālā e nas moedas de 50 sene (céntimos) das series 2008/2011 do país.
Características
[editar | editar a fonte]É unha pomba de tamaño medio, que mide ao redor de 31 cm de longo, co peteiro grande e curvado en forma de gancho, de cor vermella intensa, coa mandíbula inferior serrada. A plumaxe é de tons escuros, aínda que as patas e a carúncula que ten ao redor dos ollos son vermellas. A cabeza, o pescozo e as partes inferiores son de cor agrisada escura, cunha lixera iridiscencia verde azulada, e a cola e as plumas coberteiras das ás e as terciarias son de cor parda avermellada, mentres que o resto das remeiras son mouras. Ambos os sexos teñen un aspecto similar, pero os xuvenís son de tons máis discretos, coa cabeza apardazada e o peteiro negro, con algo de cor alaranxada na base.[7]
Taxonomía e sistemática
[editar | editar a fonte]A especie probabelmente foi encontrada en outubro ou novembro de 1839, pola expedición de exploración dos Estados Unidos ao mando do comandante Wilkes. O descubrimento da ave foi anunciado por Hugh Edwin Strickland en setembro de 1844, como unha das rarezas obtidas por Titian Peale, o naturalista da expedición. A descrición formal foi feita por William Jardine en Ann. Nat. Hist. Xvi. páx. 175, lámina 9, baixo o nome de Gnathodon strigirostris, pero o nome do xénero xa estaba en uso para un molusco.[8]
A especie non ten parentes próximos vivos, pero se demostrou que é xeneticamente achegado ao dodo.[9] e o nome no xénero, Didunculus, quere dicir "pequeno dodo".[10]
A estrutura da mandíbula e da lingua, e o peteiro superficialmente similar ao dun papagaio suxeriron unha relación cos psitácidos, pero estas características xurdiron da súa dieta especializada, pero sen ningunha relación real con estes.
O seguinte cladograma, de Shapiro e os seus colaboradores (2002), mostra as relacións máis achegadas destas pombas con dentes facturados dentro dos colúmbidos, un clado formado por especies endémicas de iilas que xeralmente habitan no solo.[11]
| |||||||||||||||||||||||||||||||
Un cladograma similar publicouse en 2007, diferenciándose só na colocación invertida de Goura e Dicunculus, así como na inclusión da pomba faisán (Otidiphaps nobilis) e da pomba terrestre de peteiro groso (Trugon terrestris) na base do clado.[12]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]A pomba naumeana está confinada nos bosques primarios de Samoa no Pacífico, onde viven desde o nivel do mar até os 1 600 m de altitude, e tamén de ven nos bordos dos bosques, ao longo de camiños forestais e ás veces visitando claros onde permanecen árbores nativas.[13] Os seus hábitats naturais inclúen a selva tropical de Savaii Central, a reserva Tafua, a baía de Fagaloa - zona de conservación de Tafia Uafato na illa de Upolu e a illa de Nuulua.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Pouco se sabe sobre a bioloxía e a ecoloxía da especie, pero crese que se alimenta das sementes de Dysoxylum ssp. (árbores da familia da caoba) usando a para a factura dos froitos o seu pouco usual peteiro para accederen a elas a través do pericarpo duro e fibroso, alimentándose tamén doutros froitos carnosos.[13] Manuscritos dos anos 1800 suxiren que os pitos están confinados no chan do bosque. Porén, a localización dos niños (nunha árbore ou no chan) aínda non está confirmada.
Os bicos dos xuvenís non son aptas para abriren sementes, e é plausíbel que se alimenten no chan até que se desenvolvan os seus peteiros.[14]
Status
[editar | editar a fonte]Debido á perda do seu hábitat nos últimos tempos, a súa área de dispersión limitada, o pequeno tamaño da poboación, a caza e os ciclóns ocasionais, así como o probábel impacto das especies introducidas como porcos, cans, ratos e gatos, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) avalía á especie como EN (en perigo crítico de extinción) no seu Libro vermello. As enquisas suxiren que o número dos seus efectivos é crítico, e que de 70 a 380 individuos sobreviven na natureza e actualmente non hai poboacións en catividade.[1][15]
Non se avistaron espécimes xuvenís durante as enquisas recentes até o avistamento dun só xuvenil nas terras baixas de Savaii durante unha enquisa realizada polo Ministerio de Recursos Naturais e Medio Ambiente de Samoa. É moi probábel que a mortalidade dos polos sexa alta, e que a poboación observada sexa unha poboación envellecida de aves adultas. As accións para salvar esta especie probabelmente requiran programas de educación para a conservación para reducir o risco de caza, e o coñecemento da bioloxía da poboación e as razóns do descenso actual. É probábel que o control da poboación por ratas e gatos sexa crítico, así como a continua deforestación e desaparición dos bosques primarios.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 BirdLife International (2018): Didunculus strigirostris na Lista vermella da UICN.
- ↑ Didunculus Peale, 1848 no ITIS.
- ↑ Zoonomen. "Birds of the World - Current valid scientific avian names.". Archived from the original on 03 de maio de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Didunculus strigirostris (Jardine, 1845). no ITIS.
- ↑ Hume & Walters 2012, p. 544.
- ↑ Tyrberg, T. 2009, p. 352.
- ↑ Gibbs, David; Barnes, Eustace; Cox, John (2001). Pigeons and doves: a guide to the pigeons and doves of the world. A&C Black.
- ↑ Newton, Alfred 1893–1896, p. 154.
- ↑ Shapiro, B.; Sibthorpe, D.; Rambaut, A.; Austin, J.; Wragg, G. M.; Bininda-Emonds, O. R. P.; Lee, P. L. M.; Cooper, A. (2002): "Flight of the Dodo" (PDF). Science 295 (5560): 1683.
- ↑ Rauzon, Mark J. (2007): "Island restoration: Exploring the past, anticipating the future" (PDF). Marine Ornithology 35 (2): 97–107.
- ↑ Shapiro et al. 2002.
- ↑ Pereira, S. L.; Johnson, K. P.; Clayton, D. H. & Baker, A. J. (2007): "Mitochondrial and nuclear DNA sequences support a Cretaceous origin of Columbiformes and a dispersal-driven radiation in the Paleogene". Systematic Biology 56 (4): 656–672.
- ↑ 13,0 13,1 Beichle, U. (1987): "Lebensraum, Bestand und Nahrungsaufnahme der Zahntaube, Didunculus strigirostris·. Journal für Ornithologie 128': 75-89.
- ↑ Collar, N. J. (2015): "Natural history and conservation biology of the tooth-billed pigeon (Didunculus strigirostris): a review". Pacific Conservation Biology 21 (3): 186-199.
- ↑ Tooth-billed Pigeon Didunculus strigirostris en Birdlife International. Data Zone.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Didunculus strigirostris |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Didunculus strigirostris |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hume, J. P. & Walters, M. (2012): Extinct Birds. Londres: T & AD Poyser. ISBN 978-1-4081-5725-1.
- Newton, Alfred (1893–1896): A Dictionary of Birds. Londres: Adam & Charles Black.
- Tyrberg, T. (2009): "Holocene avian extinctions". En Turvey, S. T., (ed.) Holocene extinctions. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-953509-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jeremy Hance (4 de marzo de 2013): Extinction warning: racing to save the little dodo from its cousin’s fate (en inglés).
- Didunculus strigirostris na ADW.
- Didunculus strigirostris (Jardine 1845) na EOL.
- Tooth-billed Pigeon Didunculus strigirostris en Birdlife International. Data Zone.