Dick Fosbury
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Richard Douglas Fosbury 6 de marzo de 1947 Portland (Estados Unidos de América) |
Morte | 12 de marzo de 2023 (76 anos) Salt Lake City, Estados Unidos de América |
Causa da morte | Linfoma |
Educación | North Medford High School (en) South Medford High School (en) |
Altura | 193 cm |
Peso | 83 kg |
Actividade | |
Campo de traballo | Atletismo, salto horizontal (pt) , salto de altura e deporte olímpico |
Ocupación | atleta, deportista, político, Deportista olímpico |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | salto de altura |
Participou en | |
1968 | Xogos Olímpicos de 1968 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Atletismo | |||
Xogos Olímpicos | |||
México 1968 | Salto de altura |
Richard Douglas Fosbury, coñecido como Dick Fosbury, nado en Portland (Oregón), o 6 de marzo de 1947 e finado en Salt Lake City o 12 de marzo de 2023,[1] foi un atleta estadounidense especialista en salto de altura, que foi campión nos Xogos Olímpicos de México 1968 e fíxose famoso por utilizar unha nova técnica para pasar encima do listón, que posteriormente aplicaron case todos os saltadores e que se coñece como Fosbury Flop.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fosbury empezou a experimentar coa nova técnica, logo chamada Fosbury Flop, cando tiña 16 anos, pois atopaba demasiado difíciles os estilos que entón se utilizaban para executar o salto, tales como o rodete ventral, o estilo tesoira ou o western roll.
A nova técnica consistía en correr cara ao listón en dirección transversal e seguindo unha traxectoria curva, para unha vez ante o listón saltar de costas ao mesmo e co brazo máis próximo estendido. Esta forma resulta máis efectiva desde un punto de vista biomecánico, xa que permite deixar menos espazo entre o centro de gravidade do saltador e o listón a superar, co que se gaña altura.
Sendo un estudante na Universidade de Oregón, Fosbury gañou en 1968 o título universitario de Estados Unidos usando a súa nova técnica, e volveu facer o mesmo nos trials de clasificación para ir aos Xogos Olímpicos de México 1968.
Unha vez na cita olímpica, moita xente que non o viu antes sorprendeuse ao ver a técnica que Fosbury utilizaba, e sorprendeuse moito máis cando gañou a medalla de ouro olímpica, establecendo unha marca olímpica con 2.24 m. e a mellor marca mundial do ano.
Por esta época a marca mundial estaba en poder do soviético Valery Brumel con 2.28 m. desde 1963, usando a vella técnica. Aínda que Dick Fosbury nunca puido saltar esa altura, e aínda que había moitos escépticos que puñan en dúbida a efectividade do novo método, este gañou gañou rapidamente popularidade, e nos anos seguintes cada vez máis saltadores, homes e mulleres aplicárono.
Hoxe en día todos os saltadores de altura de elite empregan o Fosbury Flop, e a súa maior eficacia esta totalmente demostrada.
Dick Fosbury retirouse tras non lograr a clasificación para ir aos Xogos Olímpicos de Múnic 1972 a pesar de ser moi novo aínda. Probablemente non era o saltador máis dotado da súa época, pero grazas á súa grande innovación conseguiu ser campión olímpico e cambiou para sempre a forma de entender o salto de altura.
Actualmente (2010) Dick Fosbury vive en Ketchum, Idaho, onde é enxeñeiro civil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dick Fosbury, Olympic champion who changed high jump forever, dies aged 76". The Guardian (en inglés). 13 de marzo de 2023. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2023. Consultado o 14 de marzo de 2023.