Saltar ao contido

Diciopedia do século 21

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


D I C I O P E D I A
DO SÉCULO21

DICIONARIO ENCICLOPÉDICO
DA LINGUA GALEGA
E DA CULTURA UNIVERSAL
ILUSTRADO

 
Retratos de Rosalía, Einstein e Gandhi ilustran as portadas
dos tres volumes da DICIOPEDIA DO SÉCULO21.
Título orixinalDiciopedia do século 21
Autor/a
  • 6 coordinadores.[1]
  • 12 redactores.[2]
  • 5 revisores lingüísticos.[3]
  • CubertaFausto Isorna
    OrixeGalicia.
    Linguagalego
    ColecciónProxecto Século 21
    Xénero(s)Consulta (enciclopedia).
    Editorial
  • Edicións do Cumio
  • Editorial Galaxia
  • Ediciós do Castro
  • Data de pub.decembro de 2006
    Formato210 x 290 mm
    Páxinas2.600
    ISBNISBN 84-8485-240-7   Ed. do Castro
    ISBN 84-8289-357-5   Ed. do Cumio
    ISBN 978-84-8288-942-9   Galaxia
    editar datos en Wikidata ]

    A Diciopedia do século 21, subtitulada Dicionario enciclopédico da lingua galega e da cultura universal ilustrado, é un dicionario e enciclopedia universal, en tres volumes, editada no ano 2006 conxuntamente por Edicións do Cumio, Editorial Galaxia e Ediciós do Castro.[4]

    Descrición

    [editar | editar a fonte]
    Os tres tomos da Diciopedia nunha biblioteca.
    Contén tamén imaxes que foron publicadas baixo licenzas libres, como esta do Museo do Prado.[5]

    Foi presentada en decembro de 2006 en Santiago de Compostela polos directores das tres editoriais: Isaac Díaz Pardo (Ediciós do Castro), Víctor F. Freixanes (Galaxia) e Antón Mascato (Edicións do Cumio).[6]

    A Diciopedia do século 21 representa un fito na edición galega, porque é a primeira obra destas características, redactada na vixente normativa da Real Academia Galega, que reflicte a evolución da lingua e cultura do país.

    — Isaac Díaz Pardo

    Froito de catro anos de elaboración e con 2.600 páxinas, ten 4.500 fotografías a cor, 850 planos e mapas (incluíndo cada país do mundo e tódolos concellos de Galicia), 425 debuxos e gráficos, máis de 80.000 entradas de dicionario e máis 45.000 biografías, topónimos e nomes propios.[7]

    A primeira edición, de 4.000 exemplares, incluía o agasallo dunha medalla de Atenea, deusa da sabedoría, deseñada por Díaz Pardo.

    1. Carlos Lema, Cruz López, Alfonso Mato, Ramón Pais, Charo Portela e Xosé Manuel Soutullo.
    2. Emilio Costas, Maribel Ferreiro, Antón Furelos, Lucía González, Avelino Hermida, Cruz López, Antón Mascato, Carlos Meixome, María Pampín, Xosé Antonio Pena, Susana Rodríguez e Manoel Santos.
    3. Carlos Acevedo, Eva Almazán, Laura Almazán, Jorge Suárez e Carmen Torres.
    4. «A "Diciopedia", novo piar para o galego» Arquivado 09 de setembro de 2014 en Wayback Machine. Galicia Hoxe, 22/12/2006 (en castelán).
    5. Tomo 3. p. 1 686 en Google Books
    6. Iglesias, Óscar. «A 'Diciopedia' galega, catro anos de traballo editorial» El País, 22/12/2006.
    7. Publicidade da Diciopedia do século 21 en La Voz de Galicia.

    Véxase tamén

    [editar | editar a fonte]

    Bibliografía

    [editar | editar a fonte]

    Outros artigos

    [editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas

    [editar | editar a fonte]