Diacríticos do alfabeto tibetano
Aparencia
Diacríticos |
---|
A escritura do tibetano escrito deriva da devanágari india, cousa que explica a presenza de diacríticos e as súas formas moi próximas.
En tibetano, case todos os diacríticos – só hai unha excepción, propia do sánscrito - representan vogais: /i/, /u/, /e/, /o/, /ao/... Sitúanse sobre a consoante - ou o grupo de consoantes - que os precede. Como na maioría das escrituras baseadas no alfasilabario, a ausencia de diacrítico denota un /a/ sobreentendido.
- ཀ ka : sen diacrítico
- ཀི ki : diacrítico /i/ : ི
- ཀུ ku : diacrítico /u/: ུ
- ཀེ ke : diacrítico /e/ : ེ
- ཀོ ko : diacrítico /o/ : ོ
- ཀཽ kò : diacrítico /ò/ : ཽ
- ཀཻ kè : diacrítico /è/ : ཻ
A devandita excepción é a vogal om̐, ༀ, procedente do sánscrito e cuxo diacrítico non é realmente separábel: ཨ /a/ existe, pero o diacrítico illado non existe.