Dhyan Chand
Nome orixinal | (en) Dhyan Chand Kushwaha |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de agosto de 1905 Prayagraj, India |
Morte | 3 de decembro de 1979 (74 anos) Delhi, India |
Causa da morte | cancro do esófago |
Educación | Aligarh Muslim University (en) |
Altura | 169 cm |
Actividade | |
Ocupación | xogador de hóckey, autobiógrafo |
Período de actividade | 1922 - 1951 |
Carreira militar | |
Rango militar | Comandante |
Nacionalidade deportiva | India |
Deporte | hóckey sobre herba |
Posición de xogo | Atacante |
Participou en | |
1936 | Xogos Olímpicos de 1936 |
1932 | Xogos Olímpicos de 1932 |
1928 | Xogos Olímpicos de 1928 |
Premios | |
Dhyan Chand, nado en Allahabad o 29 de agosto de 1905 e finado Delhi o 3 de decembro de 1979, foi un xogador de hóckey sobre herba indio, un dos mellores xogadores da historia do deporte.[1] Foi coñecido polas súas extraordinarias proezas goleadoras, e gañou tres medallas de ouro olímpicas en 1928, 1932 e 1936, nunha época en que a India dominou o deporte. A súa influencia estendeuse alén desas vitorias, posto que o país gañou o campionato olímpico de hóckey en sete das oito olimpíadas entre 1928 e 1964. Crese que logo de que a India derrotase a Alemaña na final olímpica de 1936 por 8-1, Adolf Hitler ofreceu a Chand un posto sénior no exército alemán, o que este rexeitou.[2]
Coñecido como O mago (The Wizard[3][4] ou The Magician[5][6]) do hóckey polo seu soberbio control da bóla, Chand xogou internacionalmente entre 1926 e 1949; marcou 570 goles en 185 partidos segundo a súa autobiografía, Goal.[7] O Goberno da India concedeu a Chand o terceiro honor máis alto para un civil, o Padma Bhushan, en 1956.[8] O día do seu nacemento, o 29 de agosto, celébrase anualmente na India o Día Nacional dos Deportes.
Legado
[editar | editar a fonte]Dhyan Chand continúa a ser unha figura lendaria no hóckey indio e mundial. As súas habilidades foron glorificadas en varias historias e anécdotas apócrifas.
O premio máis importante na india ao mérito deportivo é o premio Dhyan Chand que se outorga anualmente dende 2002 a figuras deportivas que non só contribuíron ao deporte durante a súa carreira senón tamén despois da súa retirada. O Estadio Nacional de Delhi foi rebautizado como Dhyan Chand National Stadium en 2002 na súa honra.[9]
Un internado da Universidade Musulmá Aligarh, da que foi alumno,[10] recibiu o seu nome.[11]
O goberno da India emitiu un selo conmemorativo en honor de Chand. Foi o primeiro xogador de hóckey indio que recibiu esa honra.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dhyan Chand (Indian athlete)". Encyclopædia Britannica.
- ↑ When sports legend Dhyan Chand was offered a job by Adolf Hitler. Indianexpress.com (29 de agosto de 2017). Consultado o 12 de decembro de 2018.
- ↑ "Find out about India's hockey wizard". bbc.co.uk.
- ↑ "Dhyan Chand – The Legend Lives On". bhartiyahockey.org.
- ↑ "National Sports Day: PM Narendra Modi pays tribute to Major Dhyan Chand on birth anniversary". Indian Express. 29 de agosto de 2017.
- ↑ "'Remembering Dhyan Chand, the magician'". rediff.com. 28 de agosto de 2010.
- ↑ Chand, páx. 255
- ↑ "Padma Awards" (PDF). Ministry of Home Affairs, Government of India. 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de outubro de 2015. Consultado o 21 de xullo de 2015.
- ↑ "Even Bradman was impressed with Dhyan Chand". The Times of India. 30 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2011. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ Ali, Qaiser Mohammad (30 de abril de 2011). "Some hearts still beat for hockey here". India Today.
- ↑ "Aligarh Muslim University || Halls". www.amu.ac.in. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2016. Consultado o 29 de agosto de 2016.
- ↑ "Dhyan Chand Chronology". www.bharatiyahockey.org. Consultado o 23 de agosto de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dhyan Chand |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chand, Dhyan (1952). Goal! Autobiography of Hockey Wizard Dhyan Chand. Chennai: Sport & Pastime. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2015. Consultado o 28 de outubro de 2019.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Yaaru E Dhyan Chand" by Narendra Kumar S S , published by Samrudha Sahitya
- The Indian who captivated even Hitler, Qaiser Mohammad Ali, Rediff.com
- Feature: Hockey's Genius – Dhyan Chand, Rohit Brijnath, PlanetFieldHockey.com
- Gulu Ezekiel e K. Arumugam, Great Indian Olympians
- K. Arumugam, Dhyan Chand Centenary, Hockey Yearbook 2006.
- A tribute to Dhyan Chand, Rediff.com
- Nados en Allahabad
- Nados en 1905
- Finados en 1979
- Xogadores de hóckey herba olímpicos da India
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1932
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1936
- Xogadores de hóckey herba nos Xogos Olímpicos de 1928
- Xogadores de hóckey herba nos Xogos Olímpicos de 1932
- Xogadores de hóckey herba nos Xogos Olímpicos de 1936
- Medallistas olímpicos en hóckey herba
- Medallistas olímpicos de ouro pola India