Denny Hulme
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de xuño de 1936 Motueka, Nova Zelandia (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 4 de outubro de 1992 (56 anos) Mount Panorama, Australia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | infarto agudo de miocardio | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un (1965–1974), piloto de automobilismo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Nova Zelandia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Denis Clive "Denny" Hulme, OBE, nado o 18 de xuño de 1936 e finado o 4 de outubro de 1992, foi un piloto de Fórmula Un de Nova Zelandia, Campión do Mundo co equipo Brabham en 1967.
Entre o seu debut en Mónaco en 1965 e a súa última carreira no Gran Premio dos Estados Unidos de 1974, comezou 112 Grandes Premios, logrando oito vitorias e 33 podios. Tamén terminou terceiro na posición xeral en 1968 e 1972.[1]
Hulme demostrou versatilidade dominando a Canadian-American Challenge Cup (Can-Am) no Grupo 7 sports cars. Como membro do equipo McLaren que gañou cinco títulos consecutivos entre 1967 e 1971, gañou o campionato individual de pilotos dúas veces e foi subcampión noutras catro ocasións.[1]
Logo da súa estancia na Fórmula Un con Brabham, Hulme correu para McLaren en varios formatos -Fórmula 1, Can-Am, e nas 500 Millas de Indianápolis. Hulme retirouse da Fórmula Un ao final da tempada de 1974, pero continuou correndo nas Australian Touring Cars.
Hulme foi alcumado 'The Bear' ("o oso"), debido á súa "natureza agresiva" e "rasgos duros". Con todo, tamén era "sensible (...) incapaz de expresar os seus sentimentos, agás nun coche de competición."[2]
Durante a súa carreira, Hulme pilotou os coches máis potentes da súa época. Correu en F1, F2, Indycars, Berlinas/Turismos, CanAm e carreiras de resistencia, todo durante a mesma tempada. Logo de retirarse da F1, ata pilotou en carreiras de camións.
Hulme morreu dun ataque ao corazón mentres conducía un BMW M3 durante a Bathurst 1000 en Australia, converteuse no sétimo excampión da Fórmula Un en morrer, e o primeiro en morrer dee causas naturais (logo de tres accidentes nas carreiras, dous accidentes na vía pública e un accidente cunha aeronave).
Inicios da carreira profesional
[editar | editar a fonte]Naceu e criouse nunha granxa de tabaco pertencente aos seus pais en Motueka na Illa Sur de Nova Zelandia. O seu pai Clive Hulme foi galardoado coa Cruz da Vitoria, polos seus méritos na batalla de Creta en 1941.
Denny Hulme deixou a escola e púxose a traballar nun garaxe. Gañou o diñeiro suficiente para comprar un MG TF, para entrar rapidamente nas carreiras de montaña. Logo dun impresionante progreso comprou un Cooper-Climax, para posteriormente, ser elixido como piloto de Nova Zelandia para Europa. Unha vez alí, traballou como mecánico no garaxe de Jack Brabham en Chessington e empezou a achandar o seu camiño no seu camiño do automobilismo.
En 1961 presentouse en Le Mans co equipo Abarth, antes Ken Tyrrell invitara ao neozelandés para competir no seu equipo de Fórmula 2. Logo de varias actuacións impresionantes, o seu antigo xefe Jack Brabham, chamou a Hulme para unirse ao equipo de F2 da lenda australiana. A parella dominou o campionato dese ano, acadando un dobrete no Campionato de Europa.
Carreira na Fórmula Un
[editar | editar a fonte]1965-1966
[editar | editar a fonte]Logo de facer numerosas aparicións en carreiras no validas para o campionato con Brabham, finalmente Denny recibiu a chamada que esperaba, facendo o seu debut no Campionato Mundial en 1965 en Mónaco. Máis tarde ese ano, gañou os seus primeiros puntos, pola cuarta posición no inmenso Circuíto de Charade en Francia.
1966 foi a primeira tempada completa Hulme na Fórmula Un. Logo da saída de Dan Gurney, converteuse no número dous de Brabham detrás do mesmisimo Jack Brabham. Acabando cuarto ese ano. Un terceiro lugar en Reims en Francia, un segundo por detrás de Brabham en Brands Hatch, e a volta máis rápida en Zandvoort, antes de que os problemas de acendido o fixeran abandonar a carreira.
1967
[editar | editar a fonte]O Campionato de 1967 foi esencialmente un asunto interno a maior parte do ano para o equipo Brabham, aínda que o novo Lotus 49 deu Jim Clark e Graham Hill a oportunidade de volver a gañar. Con todo, dúas vitorias nas 11 carreiras do Campionato, en Monte Carlo e Nürburgring (o "Inferno Verde"), e unha serie de podios, deron vantaxe a Hulme. Gañou o campionato por cinco puntos a Brabham, e outros cinco a Jim Clark. Hulme foi o primeiro (e ata a data, o único) Campión do Mundo de Fórmula Un de Nova Zelandia.
1968-1974
[editar | editar a fonte]En 1968 fichou polo equipo McLaren, propiedade do seu compatriota Bruce McLaren. A carreira de Suráfrica, que se celebrou no lendario circuíto de Kyalami, foi difícil para o equipo. A pesar de ter que usar os vellos motores BRM V12 nun vello chasis M5A, Denny acadou o quinto posto.
Na carreira española no Jarama, Hulme rematou segundo, e acadou dúas vitorias máis ese ano en Monza e no Canadá, deixándoo cunha remota posibilidade de reter a coroa do Campionato contra Graham Hill e o mozo Jackie Stewart.
A carreira de Cidade de México, determinou o campión dese ano, pero por desgraza para Denny un fallo na suspensión do seu McLaren fíxoo abandonar.
1969 foi un desastre para Hulme: a versión revisada do chasis M7A tivo problemas de fiabilidade, e Hulme só logrou 20 puntos, logrando unha vitoria, ironicamente, á luz dos acontecementos da tempada anterior, na carreira final en México. Hulme terminou a tempada en sexta posición na clasificación de pilotos.
1970 trouxo unha nova década, pero a sorte de Hulme non cambiou. O xefe do equipo e grande amigo Bruce McLaren morreu, mentres probaba o McLaren M8D para a CanAm, o que afectou a Denny. Tivo outro problema ese mesmo ano, cando sufriu queimaduras nas mans cun lume de metanol durante a práctica das 500 millas de Indianápolis. Como resultado, perdeuse o Gran Premio dos Países Baixos en 1970. Sen inmutarse, logrou un cuarto lugar no campionato con 27 puntos.
En 1971 o equipo McLaren estaban en desorde. Hulme acadou as volta rápida no Canadá e os Estados Unidos ese ano, pero os resultados eran difíciles de conseguir. Denny terminou noveno na clasificación de 1971.
En 1972 xunto co seu bo amigo Peter Revson, Denny volveu á senda do triunfo logrando a vitoria en Suráfrica, e uns poucos podios noutras carreiras, terminando en 1972 no terceiro lugar con 39 puntos.
Sorprendentemente, Hulme só anotou unha pole position na súa carreira na F1, en 1973 en Kyalami. Con todo, Hulme foi eclipsado polo seu amigo e compañeiro de equipo Peter Revson en 1973, e terminou sexto a 12 puntos do seu compañeiro.
El e Revson construíron unha grande amizade e camaradería na F1 e tamén competiron xuntos na serie Can-Am. Cando Revson deixou McLaren a finais de 1973 para unirse á Shadow, Hulme quedou decepcionado.
Logo do Gran Premio do Brasil no que Denny finalizou en duodécima posición, comezaron as probas en Kyalami. Revson perdeu o control do seu coche, batendo de fronte contra as barreiras. Hulme tratou en balde de salvar a vida do seu amigo, pero foi en balde. Despois do accidente Hulme anunciou a súa despedida. Con todo, á parte de gañar a carreira arxentina e quedar segundo en Austria, non fixo unha gran tempada, e retirouse dignamente ao final do ano.
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados na Fórmula 1 fora do campionato
[editar | editar a fonte](key) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)
Tasman Series
[editar | editar a fonte]Ano | Coche | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Ranq | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1964 | Brabham BT4 | LEV 1 |
PUK 2 |
WIG 3 |
TER Ret |
SAN 5 |
WAR 5 |
LAK 9 |
LON | 3º | 23 |
1967 | Brabham BT22 | PUK Ret |
WIG 3 |
LAK 4 |
WAR Ret |
SAN Ret |
LON Ret |
8º | 7 | ||
1968 | Brabham BT23 | PUK | LEV | WIG 3 |
TER 6 |
SUR 6 |
WAR 5 |
SAN 9 |
LON NTS |
7th | 8 |
500 Millas de Indianápolis
[editar | editar a fonte]
|
|
Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1961 | Abarth & Cie | Angus Hyslop | Fiat-Abarth 850 S | S 850 | 263 | 14º | 1º |
1966 | Shelby-American Inc. | Ken Miles | Ford GT40 Mk.II | P 5.0 | 360 | 2º | 2º |
1967 | Holman & Moody | Lloyd Ruby | Ford GT40 Mk.IV | P 5.0 | 86 | Ret | Ret |
24 Horas de Daytona
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1966 | Team Chamaco Collect | Victor Wilson | Ferrari 250LM | P 2.0 | 53 | Ret | Ret |
1967 | Ford Motor Company (Holman & Moody) | Lloyd Ruby | Ford Mk IV | P 2.0 | 299 | Ret | Ret |
Resultados completos na Bathurst 1000
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1982 | JPS Team BMW | Stephen Brook | BMW 635 CSi | A | 41 | Ret | Ret |
1984 | JPS Team BMW | Leopold von Bayern | BMW 635 CSi | Group A | 148 | 15º | 2º |
1985 | Auckland Coin & Bullion Exchange | Ray Smith | Holden VK Commodore | C | 146 | Ret | Ret |
1986 | Bob Jane T-Marts | Franz Klammer | Mercedes-Benz 190E | B | 157 | 9º | 2º |
1987 | Enzed Team Perkins | Larry Perkins | Holden VK Commodore SS Group A | 1 | 2 | Ret | Ret |
1988 | Holden Special Vehicles | Larry Perkins Tom Walkinshaw |
Holden VL Commodore SS Group A SV | A | 137 | RetF | Ret |
1989 | Benson & Hedges Racing | Alan Jones Tony Longhurst |
Ford Sierra RS500 | A | 158 | 5º | 5º |
1990 | Benson & Hedges Racing | Alan Jones | Ford Sierra RS500 | A | 65 | Ret | Ret |
1991 | Benson & Hedges Racing | Peter Fitzgerald | BMW M3 Evolution | 2 | 157 | 4º | 1º |
1992 | Benson & Hedges Racing | Paul Morris | BMW M3 Evolution | 2 | 32 | Ret | Ret |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Denny Hulme | NZHistory, New Zealand history online". Nzhistory.net.nz. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2016. Consultado o 2014-01-05.
- ↑ "Formula 1® - The Official F1® Website". Formula1.com. 1936-06-18. Consultado o 2014-01-05.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2012. Consultado o 12 de abril de 2017.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 4,15 4,16 4,17 Denny Hulme. "Denny Hulme career statistics at Driver Database | Motorsport". Driverdb.com. Consultado o 2014-01-05.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Formula Junior 1962 - Championship Tables". Formula2.net. Consultado o 2014-01-05.
- ↑ "Formula Junior 1963 - Championship Tables". Formula2.net. Consultado o 2014-01-05.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2013. Consultado o 12 de abril de 2017.
- ↑ "European Touring Car championship - 1963". Touringcarracing.net. Consultado o 2014-01-05.
- ↑ "British Saloon Car Championship - 1963". Touringcarracing.net. Consultado o 2014-01-05.
- ↑ "Formula 2 1964 - Limbourg GP". Formula2.net. Consultado o 2015-12-30.
- ↑ "Formula 2 Trophées de France 1964 | Motorsport". Driverdb.com. 2009-04-08. Consultado o 2014-01-05.
- ↑ "Tasman Series 1964 | Motorsport". Driverdb.com. 2009-04-08. Consultado o 2014-01-05.
- ↑ "Tasman Cup 1964 «". Oldracingcars.com. Consultado o 2014-01-05.
- ↑ "Formula 2 Autocar Britain 1964 | Motorsport". Driverdb.com. 2009-04-08. Consultado o 2014-01-05.
- ↑ "Formula 1 Australia Australian Drivers' Championship 1964 | Motorsport". Driverdb.com. 2009-04-08. Consultado o 2014-01-05.
- ↑ "European Touring Car championship - 1964". Touringcarracing.net. Consultado o 2014-01-05.
- ↑ "European Touring Car Championship european-touring-car-championship 1964 | Motorsport". Driverdb.com. 2009-04-08. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ "British Saloon Car Championship - 1964". Touringcarracing.net. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ "BRSCC British Saloon Car Championship british-touring-car-championship 1964 | Motorsport". Driverdb.com. 2009-04-08. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ "Nürburgring 500 Kilometres 1964". Racing Sports Cars. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ "Formula 2 1965 - Spring Trophy". Formula2.net. Consultado o 2015-12-30.
- ↑ "Formula 2 Trophées de France formula-2-trophees-de-france 1965 | Motorsport". Driverdb.com. 2009-04-08. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ "Results 1965 Formula 1 Season". F1 Fansite. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ 24,0 24,1 24,2 24,3 24,4 "British Sports Car Championship - Championships". Racing Sports Cars. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ "Formula 2 Trophées de France formula-2-trophees-de-france 1966 | Motorsport". Driverdb.com. 2009-04-08. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ "Formula 2 1966 - Championship Tables". Formula2.net. 2000-11-01. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ "1966 Season Standings | Formula One Seasons | All Time". F1 Pulse. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ "1967 Season Standings | Formula One Seasons | All Time". F1 Pulse. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ "Canadian-American Challenge Cup can-am 1967 | Motorsport". Driverdb.com. 2009-04-08. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ "World Sports Racing Prototypes - Can-Am 1967". Wsrp.ic.cz. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ Galpin, Darren. "1967 Non-World Championship Formula One Races". silhouet.com. Consultado o 2 de outubro de 2016.
- ↑ "Tasman Series tasman-series 1967 | Motorsport". Driverdb.com. 2009-04-08. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ "Tasman Cup 1967 «". Oldracingcars.com. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ "USAC National Championship usac-national-championship 1967 | Motorsport". Driverdb.com. 2009-04-08. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ "USAC Champ Car Series standings for 1967". Racing-Reference.info. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ "Canadian-American Challenge Cup can-am 1968 | Motorsport". Driverdb.com. 2009-04-08. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ "World Sports Racing Prototypes - Can-Am 1968". Wsrp.ic.cz. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2009. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ "1968 BRDC International Trophy". ChicaneF1.com. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ "Formula 1 Drivers & Constructors Standings | FIA Formula One World Championship 1968". ESPN.co.uk. 2011-09-26. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. Consultado o 2014-03-02.
- ↑ "Tasman Series 1968 standings | Driver Database". Driverdb.com. Consultado o 2015-12-30.
- ↑ Brown, Allen. "Tasman Cup 1968 « OldRacingCars.com". oldracingcars.com. Consultado o 2 October 2016.
- ↑ "USAC National Championship 1968 standings | Driver Database". Driverdb.com. Consultado o 2015-12-30.
- ↑ "USAC Champ Car Series standings for 1968 - Racing-Reference.info". racing-reference.info. Consultado o 2 October 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. Consultado o 12 de abril de 2017.
- ↑ "Canadian-American Challenge Cup 1969 standings | Driver Database". Driverdb.com. Consultado o 2015-12-30.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2013. Consultado o 12 de abril de 2017.
- ↑ "1969 Formula 1 standings". gpupdate.net. Consultado o 2 de outubro de 2016.
- ↑ "USAC National Championship 1969 standings | Driver Database". Driverdb.com. Consultado o 2015-12-30.
- ↑ "USAC Champ Car Series standings for 1969 - Racing-Reference.info". racing-reference.info. Consultado o 2 de outubro de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2009. Consultado o 12 de abril de 2017.
- ↑ "Canadian-American Challenge Cup 1970 standings | Driver Database". Driverdb.com. Consultado o 2015-12-30.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2013. Consultado o 12 de abril de 2017.
- ↑ "1970 Season Standings - Formula One Seasons - All Time - F1 Pulse". f1pulse.com. Consultado o 2 de outubro de 2016.
- ↑ "USAC Champ Car Series standings for 1970 - Racing-Reference.info". racing-reference.info. Consultado o 2 de outubro de 2016.
- ↑ "Canadian-American Challenge Cup 1971 standings | Driver Database". Driverdb.com. Consultado o 2015-12-30.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. Consultado o 12 de abril de 2017.
- ↑ "Formula 1 Drivers & Constructors Standings - FIA Formula One World Championship 1971 - ESPN.co.uk". espn.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2016.
- ↑ "USAC Champ Car Series standings for 1971 - Racing-Reference.info". racing-reference.info. Consultado o 2 de outubro de 2016.
- ↑ "International Gold Cup 1972 - Race Results - Racing Sports Cars". racingsportscars.com. Consultado o 2 de outubro de 2016.
- ↑ "Canadian-American Challenge Cup 1972 standings | Driver Database". Driverdb.com. Consultado o 2015-12-30.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2013. Consultado o 12 de abril de 2017.
- ↑ "Formula 1 Drivers & Constructors Standings - FIA Formula One World Championship 1972 - ESPN.co.uk". espn.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2014. Consultado o 2 de outubro de 2016.
- ↑ "Formula 1 Drivers & Constructors Standings - FIA Formula One World Championship 1973 - ESPN.co.uk". espn.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2016.
- ↑ "Formula 1 Drivers & Constructors Standings - FIA Formula One World Championship 1974 - ESPN.co.uk". espn.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2016.
- ↑ "International Race Of Champions 1974 standings | Driver Database". Driverdb.com. Consultado o 2015-12-30.
- ↑ "IROC standings for 1974 - Racing-Reference.info". racing-reference.info. Consultado o 2 de outubro de 2016.
- ↑ "Australian Endurance Championship 1982 standings | Driver Database". Driverdb.com. Consultado o 2015-12-30.
- ↑ "Australian Endurance Championship 1984 standings | Driver Database". Driverdb.com. Consultado o 2015-12-30.
- ↑ "Australian Endurance Championship 1985 standings | Driver Database". Driverdb.com. Consultado o 2015-12-30.
- ↑ "Australian Endurance Championship 1986 standings | Driver Database". Driverdb.com. Consultado o 2015-12-30.
- ↑ "Denny Hulme (NZ) - All Results (page 3) - Racing Sports Cars". racingsportscars.com. Consultado o 2 de outubro de 2016.
- ↑ "European Touring Car championship - 1986". touringcarracing.net. Consultado o 2 de outubro de 2016.
- ↑ "FIA World Touring Car Championship 1987 standings | Driver Database". Driverdb.com. Consultado o 2015-12-30.
- ↑ "World Touring Car championship - 1987". touringcarracing.net. Consultado o 2 de outubro de 2016.
- ↑ "Australian Touring Car Championship 1987 standings - Driver Database". driverdb.com. Consultado o 2 de outubro de 2016.
- ↑ "1988 Australian GP Support Race". touringcarracing.net. Consultado o 2 October 2016.
- ↑ "Asia-Pacific Touring Car Championship 1988 standings - Driver Database". driverdb.com. Consultado o 2 de outubro de 2016.
- ↑ "FIA Asia-Pacific Touring Car Championship 1988". touringcarracing.net. Consultado o 2 de outubro de 2016.
- ↑ "Australian Endurance Championship 1990 standings - Driver Database". driverdb.com. Consultado o 2 de outubro de 2016.
- ↑ "Australian Endurance Championship 1991 standings - Driver Database". driverdb.com. Consultado o 2 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Denny Hulme |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Group7.nl (en inglés).
- Estadísticas
- The Speed Blog (en inglés).
- Bruce McLaren Trust páxina oficial (en inglés).
Predecesor: Jack Brabham |
Campión da Fórmula 1 1967 |
Sucesor: Graham Hill |