Saltar ao contido

Democracia Ourensana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Democracia Ourensana
Partido político de Galicia
Dirixentes e organización
LíderGonzalo Pérez Jácome
Historia
FundaciónXuño do 2001
Posicións políticas
IdeoloxíaRexionalismo

Localismo

Persoalismo
Representación
Parlamento de Galicia
1 / 75
Concello de Ourense
10 / 27
[1]
Deputación de Ourense
3 / 25
[2]
Concello do Pereiro de Aguiar
0 / 13
[1]
Concello de Barbadás
1 / 17
[1]
Outros datos
SedePraza Maior 1, 32005 Ourense(Soto da casa do concello)
Na rede
https://www.democraciaourensana.es
Facebook: DemocraciaOurensana Twitter: DemOurensana Editar o valor en Wikidata

Democracia Ourensana é un partido político ourensán de ámbito provincial dirixido por Gonzalo Pérez Jácome.[3] Dende o 2019 ostenta a alcaldía da cidade de Ourense.

Ideoloxía

[editar | editar a fonte]

O partido rexeita a adscrición á dereita ou á esquerda convencionais ("D.O. no es de derechas ni de izquierdas, sino de Ourense").[4] Con todo, Natalia Puga caracterízao como "populismo de dereitas" e Onda Cero como "localista".[5]

A pesar do seu proclamado carácter transversal,[6] o seu histórico na política municipal, provincial e galega caracterizouse polas alianzas máis ou menos consistentes co Partido Popular: en 2014, favoreceu o acceso á alcaldía do candidato popular Jesús Vázquez; en 2019, obtivo a alcaldía sendo a terceira forza do consistorio ourensán, pasando a integrar os populares no goberno, até a súa ruptura en xullo de 2022, despois de favorecer igualmente a continuidade de José Luís Baltar á fronte da Deputación. Logo das municipais de 2023, DO e PP alcanzaron un acordo para accederen ao mando do Concello da capital e da Deputación, respectivamente, en solitario. Finalmente, após as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, o seu único representante, Armando Ojea, abstívose na votación de investidura de Alfonso Rueda.

Por outro lado, o seu líder Gonzalo Pérez Jácome ten desacreditado publicamente os seus adversarios de esquerdas, como o PSdG-PSOE ou o BNG, afirmando sobre este último que "é un partido soviético e Pontón unha radical que defendía terroristas".[7]

Por outro lado, DO renega do galego como lingua vehicular no ámbito público, non sendo usada habitualmente polo seu líder nin de forma sistemática a través das súas canles de comunicación, o que coloca este partido fóra do consenso da normalización lingüística do período autonómico.[1][8] [9][10]

2001-2011: primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Fundación do partido e a canle de televisión

[editar | editar a fonte]

O partido fundouse e 2001[11] en torno á canle de televisión local Auria TV[12] por Gonzalo Pérez Jácome xunto a Armando Ojea, Manuel Álvarez. Rebeca Santos e Juan Carlos Frasero.[13]

Primeiros anos na oposición

[editar | editar a fonte]

Gonzalo Pérez Jácome foi o candidato de Democracia Ourensana á alcaldía de Ourense nas eleccións de 2003 e 2007, pero non logrou representación. En 2011 o partido entrou na corporación municipal ó lograr dous concelleiros: Pérez Jácome e Susana Gómez Valencia.

Resultados electorais de Democracia Ourensana

[editar | editar a fonte]
Data Tipo Cabeza de lista Votos Escanos Lugar
Eleccións municipais de 2003 Municipais Gonzalo Pérez Jácome  284 0 Ourense
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2005 Autonómicas 638 0 Galicia
Eleccións municipais de 2007 Municipais Gonzalo Pérez Jácome 1757 0 Ourense
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009 Autonómicas 1023 0 Galicia
Eleccións municipais de 2011 Municipais Gonzalo Pérez Jácome 4529 2 Ourense
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 Autonómicas Rafael Martínez Cachafeiro 4245 0 Galicia
Eleccións municipais de 2015 Municipais Gonzalo Pérez Jácome 13.679 8 Ourense
Serafina Varelas Vieira 630 2 Barbadás
Ana Fernández Iglesias 437 2 O Pereiro de Aguiar
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 Autonómicas Miguel Caride[14] 7679 0 Galicia
Eleccións municipais de 2019 Municipais Gonzalo Pérez Jácome 12.009 7 Ourense
Serafina Varelas Vieira 499 1 Barbadás
Francisco González Fraga 261 1 O Pereiro de Aguiar
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 Autonómicas Non presentaron candidatura
Eleccións municipais de 2023 Municipais Gonzalo Pérez Jácome 18.388 10 Ourense
Daniel Rey López 460 1 Barbadás
David Pérez Lorenzo 185 0 O Pereiro de Aguiar
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 Autonómicas Armando Ojea[15] 15.312 1 Galicia
Artigo principal: Auria TV.

Auria TV é unha canle de ámbito local propiedade de Gonzalo Pérez Jácome, líder de Democracia Ourensana, dispoñible na canle 51 en Ourense[16] que tamén está en YouTube. Foi a primeira cadea de televisión de España en emitir programas en bucle para telos dispoñibles a distintas horas do día.[17] Emite, basicamente, propaganda, roldas de prensa e algúns programas sobre política provincial.[18][17][16]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Resultados eleccións municipais 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 31 de maio de 2019. 
  2. "Pleno da Deputación de Ourense". Deputación de Ourense. Arquivado dende o orixinal o 01-02-2018. Consultado o 20-10-2017. 
  3. "Historia de Democracia Ourensana". www.democraciaourensana.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15-10-2017. Consultado o 20-10-2017. Gonzalo Pérez Jácome, presidente del partido [...] 
  4. "¿Quiénes somos?". Democracia Ourensana (en castelán). Consultado o 2024-04-12. 
  5. "Qué es Democracia Ourensana, el partido que ha logrado entrar en el parlamento gallego | Onda Cero Radio". www.ondacero.es (en castelán). 2024-02-18. Consultado o 2024-04-12. 
  6. Fernández, María (2024-02-06). "Armando Ojea (Democracia Ourensana): “Si conseguimos representación, pactaremos con el diablo. ¿Acaso no pactamos con los Baltar?”". El País (en castelán). Consultado o 2024-04-12. 
  7. "Gonzalo P. Jácome: «El BNG es un partido soviético y Pontón una radical que defendía terroristas»". Consultado o 2024-04-12. 
  8. "Historia de Democracia Ourensana". www.democraciaourensana.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15-10-2017. Consultado o 20-10-2017. 
  9. "Resultados Electorales en O Pereiro de Aguiar: Elecciones Municipales 2015". El País (en castelán). Consultado o 20-10-2017. 
  10. "Resultados Electorales en Barbadás: Elecciones Municipales 2015". El País (en castelán). Consultado o 20-10-2017. 
  11. "Un político local de Ourense aspira a igualar el reto del alcalde de Oporto". Mundiario (en castelán). Consultado o 2015-03-15. 
  12. "Pérez Jácome, empresario, 'estrella' televisiva y ahora alcalde de Ourense". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 2020-11-19. 
  13. "Ourense, ya en manos de Jácome: "El objetivo es transformar esta ciudad"". La Región (en castelán). Consultado o 2019-06-03. 
  14. "Jácome envía a su «ala izquierdista» a las autonómicas". La Voz de Galicia (en castelán). 30-03-2016. Consultado o 15-10-2017. 
  15. "Armando Ojea Bouzo". parlamentodegalicia.gal. Consultado o 4 de setembro de 2024. 
  16. 16,0 16,1 "CANALES TDT OURENSE - orense tv frecuencias galiza". www.tdt1.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2018. Consultado o 2018-01-07. 
  17. 17,0 17,1 "Auria TV – Canal 51 de la TDT de Ourense". auria.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 2018-01-07. 
  18. Canle Auria TV en YouTube

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]