Delft
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
País | Países Baixos | ||||
Provincias | Holanda Meridional | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 109.435 (2023) (4.159,45 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 56.998 (2015) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 26,31 km² | ||||
Auga | 4,98 % | ||||
Bañado por | Schie (en) , Binnenwatersloot (en) , Molslaan, Delft (en) , Delftse Schie (en) , Canle Oude Delft, Rhine–Schie Canal (en) e Delftsche Vliet (en) | ||||
Altitude | 0 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1246 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Delft (en) | Marja van Bijsterveldt (2016–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 2600–2629 | ||||
Prefixo telefónico | 15 | ||||
Código BAG | 2138 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Aarau Castrop-Rauxel Pretoria Tuzla Kingston upon Thames (pt) Freiberg Adapazarı (pt) Kfar Saba (pt) Tshwane (pt) | ||||
Sitio web | delft.nl | ||||
Delft é unha cidade e un concello da Holanda Meridional, nos Países Baixos, a metade de camiño entre Rótterdam e A Haia. Conta con 94.098 habitantes (2005). É particularmente salientable a zona vella no centro da cidade, tradicionalmente neerlandesa e estruturada con canles. É tamén coñecida pola súa cerámica, pola Universidade de Tecnoloxía de Delft e pola súa asociación coa familia real.
Historia
[editar | editar a fonte]Coñécese a existencia da cidade desde o século XIII. Recibiu o seu foro o 15 de abril de 1246 de mans do conde Guillerme II. En 1536 gran parte da cidade foi destruída por un incendio.
O vínculo da Casa de Orange con Delft comezou cando Guillerme I de Orange (o Taciturno) fixo do lugar a súa residencia, en 1572. Guillerme dirixiu a loita contra España durante a Guerra dos Oitenta Anos.
- Artigo principal: Batalla de Delft (1573).
Delft era naquel momento a terceira cidade máis importante dos Países Baixos, tras Dordrecht e Haarlem, e dispuña de murallas. Á morte de Guillerme en 1584, asasinado por Balthasar Gérard no coñecido como Pazo do Príncipe, o panteón da familia en Breda estaba nas mans dos españois. Foi enterrado na igrexa nova (Nieuwe Kerk), o que iniciou unha tradición para a casa de Orange que continúa ata o noso tempo.
Durante o século XVII, e grazas á industria da cerámica e á apertura dunha sede da Compañía das Indias Orientais, Delft viviu a súa idade de ouro. No entanto, en 1654 unha parte da cidade foi destruída novamente pola explosión dunha polvoreira.
- Artigo principal: Explosión da polvoreira de Delft.
Tras a declaración de guerra e invasión dos Países Baixos por parte de Inglaterra, Francia, Colonia e Münster en 1672, comezou o decaemento da economía da cidade, que pasou a ser superada en importancia política e económica polas súas veciñas A Haia, como centro de goberno, e Rótterdam, como cidade portuaria. No século XIX só quedaba unha fábrica de porcelana aberta, De Porceleyne Fles, que continúa a existir nos día de hoxe.[1]
Canles, pontes e prazas
[editar | editar a fonte]O deseño urbano de Delft está moi caracterizado polas numerosas canles que discorren pola cidade, así como as pontes que as cruzan para facilitar a comunicación entre as súas beiras. Estas canles foron fundamentais para as subministracións da cidade e aínda hoxe manteñen este uso orixinal.
A canle máis vella é a Oude Delft, ou Canle Vella, en torno á cal se foi ampliando a cidade ao longo dos séculos. O propio nome de Delft está relacionado con iso, xa que deriva da palabra delven, co significado de "escavar".[2]
Tamén as prazas son moi características da fisionomía da cidade de Delft, ao conxugaren o seu valor histórico (como o da Gran Praza ou Markt, orixe mesma da vila), coas diversas funcións que na actualidade se desenvolven nela, como mercados, lecer e hostalaría etc.
Estas son algunhas das canles, pontes e prazas máis significativas:
Canles
[editar | editar a fonte]- Achterom
- Binnenwatersloot
- Brabantse Turfmarkt
- Kantoorgracht
- Koornmarkt
- Molslaan
- Nieuwe Delft
- Oude Delft
- Rietveld
- Verwersdijk
- Voldersgracht
- Vrouwjuttenland
Pontes
[editar | editar a fonte]- Agnietenbrug
- Bijbelbrug
- Bloedbrug
- Boterbrug
- Catharijnebrug
- Drapeniersbrug
- Drogerijbrug
- Gasthuisbrug
- Hof van Delftbrug
- Hoogbrug
- Hopbrug
- Kleine Oostpoortbrug
- Mauriciusbrug
- Oudemanhuisbrug
- Poelbrug
- Rapenbloembrug
- Schout van der Meerbrug
- Schreibrug
- Sint Jacobsbrug
- Sint Stevensbrug
- Teemsbrug
- Touwbrug
- Visbrug
- Vrouwe van Rijnsburgerbrug
- Warmoesbrug
- Waterslootsebrug
Prazas
[editar | editar a fonte]- Beestenmarkt
- Cameretten
- Doelenplein
- Markt ("Gran Praza")
Parques e zonas verdes
[editar | editar a fonte]- Delftse Hout
- Parque de Guillermina (Wilhelminapark)
Cultura
[editar | editar a fonte]Artesanía
[editar | editar a fonte]Delft é famosa pola súa produción de maiólica inspirada nas porcelanas importadas da China a partir do século XVII.[3]
- Artigo principal: Louza de Delft.
Cine
[editar | editar a fonte]O cineasta Werner Herzog filmou nesta localidade os exteriores da longametraxe Nosferatu: Phantom der Nacht (1979).[4]
Edificios históricos
[editar | editar a fonte]O centro da cidade posúe numerosos edificios antigos e moitas rúas están atravesadas por canles, habitados por peixes e plantas.[5]
- Oude Kerk ("Igrexa Vella"), data de 1246, e é a igrexa máis antiga de Delft. Entre 1325 e 1350 engadíuselle a torre de planta cadrada. Cómpre salientar que a torre está sensiblemente inclinada debido á pouca firmeza do terreo sobre o que se asenta; con 75 metros de altura, actualmente presenta unha desviación de 1,96 metros da vertical.[6]
- Artigo principal: Igrexa vella de Delft.
- Nieuwe Kerk ("Igrexa Nova"), construída entre 1381 e 1496 e situada na Markt ou Gran Praza de Delft. No seu interior atópase o panteón da familia real holandesa. A súa torre, con 108,75 metros, é a segunda máis alta dos Países Baixos.[7]
- Artigo principal: Igrexa nova de Delft.
- Sint-Hippolytuskapel ("Capela de Santo Hipólito"), construída cara ao ano 1400, é un dos eificios máis antigos da cidade e goza da consideración de monumento nacional desde 1967. Sitúase na confluencia entre a canle principal da zona vella e a rúa Nieuwstraat. A súa advocación é a Santo Hipólito, patrón da cidade, e é unha igrexa do rito católico.
- Artigo principal: Capela de Santo Hipólito (Delft).
- O Prinsenhof ("Pazo do Príncipe"), hoxe en día un museo. Inicialmente foi un mosteiro, fundado en 1403 e dedicado a Santa Ádega. O edificio sufriu repetidas ampliacións consonte o crecemento da orde. Guillerme de Orange residiu habitualmente no devandito mosteiro entre 1572 e 1584, ano en que foi asasinado (de aí o nome actual do edificio).[8]
- Artigo principal: Prinsenhof de Delft.
- O edificio do Concello (Stadhuis van Delft), de estilo renacentista, situado na Gran Praza de Delft (Markt), fronte á Igrexa Nova, hoxe de uso unicamente protocolario.[9]
- Artigo principal: Casa do Concello de Delft.
- O edificio da antiga estación de ferrocarril, en uso desde 1885 a 2015.
- Artigo principal: Estación de tren de Delft.
- O muíño De Roos, o derradeiro en pé dos quince que chegou a haber sobre a muralla da cidade. Hoxe mantén a moenda e alberga, ademais, un museo dos muíños de vento de Delft e unha tenda de produtos elaborados á base de fariña de millo.
- Artigo principal: Muíño De Roos (Delft).
- O Armamentarium, un fermoso edificio construído entre 1601 e 1692 situado no medio dunha das múltiples canles da cidade, que entre 1986 e 2013 albergou o Museo Real do Exército dos Países Baixos (Koninklijk Nederlands Legermuseum) e utilizado na actualidade, entre outras institucións, pola Universidade de Tecnoloxía de Delft.
- Artigo principal: Legermuseum (Delft).
- O Centro Vermeer (Vermeer Centrum), unha institución museística centrada na figura do pintor holandés nacido en Delft e moi vinculado á cidade. Sitúase no centro da cidade vella, ao pé da canle Voldersgracht, nun edificio reconstruído onde se localizaba o gremio de artistas e artesáns de San Lucas.
- Artigo principal: Centro Vermeer de Delft.
Outros edificios e construcións salientables
[editar | editar a fonte]Á parte dos edificios con maior relevancia histórica, a través da cidade de Delft espállase unha gran cantidade de edificios peculiares, a maioría deles incluídos na listaxe de monumentos nacionais dos Países Baixos (Rijksmonument). Algúns deles son os seguintes:
Ensino
[editar | editar a fonte]Destaca a Universidade de Tecnoloxía de Delft (TU Delft), instituída en 1842 e de carácter público, recoñecida como unha das universidades tecnolóxicas máis importantes do mundo.[10][11]
- Artigo principal: Universidade de Tecnoloxía de Delft.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "History of Delft Arquivado 31 de agosto de 2014 en Wayback Machine.". No sitio web oficial de Delft. (En inglés)
- ↑ "Los canales de Delft". En Holland.com. (En castelán)
- ↑ "La cerámica azul de Delft". En Holland.com. (En castelán)
- ↑ "Filming locations". Na ficha da película en IMDb.com. (En inglés)
- ↑ Dunford, M. The Rough Guide to The Netherlands. Penguin, 2010. ISBN 978-1-84836-882-8 (En inglés)
- ↑ "Old Church[Ligazón morta]". Na web de turismo da cidade de Delft. (En inglés)
- ↑ "New Church[Ligazón morta]". Na web de turismo da cidade de Delft. (En inglés)
- ↑ "Prinsenhof". Na web de turismo da cidade de Delf. (En inglés)
- ↑ "Town Hall[Ligazón morta]". Na web de turismo da cidade de Delft. (En inglés)
- ↑ Times Higher Education-QS World. Engineering and information technology. University Rankings 2009. (En inglés)
- ↑ Times Higher Education-QS World. University Rankings 2009. Top 200 world universities. (En inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Delft |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Biblia de Delft
- De Delftse Pauw
- DHC Delft (club de fútbol)
- Escola de Delft (arquitectura)
- Escola de Delft (microbioloxía)
- Escola de Delft (pintura)
- Estación de tren de Delft Sur
- Grupo de Traballo sobre Homosexualidade de Delft
- O burgomestre de Delft e a súa filla (cadro de Steen)
- Royal Delft
- Tratado de Delft
- Vista de Delft (cadro de Vermeer)
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bailey, Anthony. Vermeer: a View of Delft. Ed. Henry Holt & Company. Nova York, 2001. ISBN 0-8050-6718-3
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web da cidade.
- Sitio web da TU Delft
- Fotografías de DelftArquivado 06 de novembro de 2017 en Wayback Machine.