Saltar ao contido

Deerhunter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deerhunter
OrixeAtlanta, Xeorxia,
Período2001 - presente
Xénero(s)noise rock, ambient, shoegaze, post-punk revival, indie rock
Selo(s) discográfico(s)Kranky, Stickfigure, 4AD
MembrosBradford Cox
Moses Archuleta
Josh Fauver
Lockett Pundt
Antigos membrosJustin Bosworth
Dan Walton
Adam Bruneau
Colin Mee
Whitney Petty
Artistas relacionadosAtlas Sound, Lotus Plaza, Moon Diagrams
Na rede
blog oficial
IMDB: nm3209258 Facebook: 143097652264 Twitter: deerhuntermusic MySpace: deerhunter Bandcamp: deerhunter Spotify: 38zTZcuN7nFvVJ6auhc6V3 iTunes: 210056561 Last fm: Deerhunter Musicbrainz: 4f416ed7-dda2-45de-a6f1-b986e861cf4b Songkick: 222485 Discogs: 724296 Allmusic: mn0000280897 Deezer: 4175 Genius: Deerhunter Editar o valor en Wikidata

Deerhunter é unha banda estadounidense de indie rock formada no ano 2001 en Atlanta (Xeorxia). O grupo, composto por Bradford Cox, Moses Archuleta, Josh Fauver e Lockett Pundt, descríbese a si mesmo como "ambient punk", aínda que incorporan unha ampla variedade de xéneros como noise rock, art rock, shoegaze e post-punk, ademais de significativos elementos pop.

A banda foi co-fundada en 2001 polo vocalista Bradford Cox e o batería e teclista Moses Archuleta. O nome de Deerhunter ven do primeiro batería do grupo, Dan Walton, ao que lle pediron que deixase a banda ao principio da súa carreira. Uníuselles Colin Mee, que Cox coñecera mentres Mee estaba no selo de Atlanta Die Slaughterhaus Records con membros de Black Lips. En 2004 o primeiro baixista da banda, Justin Bosworth, morreu das feridas sufridas por un accidente de skate. Justin só aparece nunha edición de Deerhunter, Deerhunter/Alphabets Split, publicado antes do seu álbum de estrea. Joshua Fauver, da banda punk rock de Atlanta Electrosleep International, encargouse entón do baixo. A morte de Bosworth influíu na son do primeiro álbum de Deerhunter, Turn It Up Faggot, que foi "o resultado de moita negatividade". Despois do lanzamento do disco Cox preguntoulle ao seu mellor amigo do instituto, Lockett Pundt, se quería unirse á banda.

Cryptograms e Fluorescent Grey

[editar | editar a fonte]

A banda, agora contando co saturado son de guitarra de Pundt, saíu de xira, tocando con Lightning Bolt e Gang Gang Dance. Esta xira culminou nunha sesión de gravación realizada pola aclamada artista folk Samara Lubelski no Rare Book Room, en Nova York. Desta sesión non puido sacarse nada para ser usado, debido ao estado físico e mental de Cox nesa época, ademais dos desacordos que houbo con Lubleski. Cox gardou unha copia das sesións "nun CD-R raiado baixo a miña cama" e afirmou que "ninguén o escoitaría". A pesar diso Cox's di que extractos desas sesións foron posteriormente subidos ao blog da banda para ser descargados de balde. O grupo regresou ao mesmo estudio onde gravou o seu primeiro álbum fóra de Athens (Xeorxia) e decidiu darlle á gravación do seu segundo disco outro intento. Isto debeuse parcialmente aos consellos que lles deron os membros de Liars, que os animaron a volver a gravalo.

A Deerhunter levoulle só dous días en novembro de 2005 gravar o seu segundo álbum, Cryptograms. No ano 2006, antes da súa edición, Pitchfork Media engadiu a "Spring Hall Convert", unha canción do disco, na súa "Infinite Mix Tape series". O álbum foi lanzado polo selo Kranky en xaneiro do 2007 e revelou un son máis moderado e introvertido da banda. Ao igual que o seu primeiro traballo, Cryptograms tamén tiña unha dedicatoria no seu libreto, desta vez a un amigo de Cox, Bradley Ira Harris, un adicto á heroína que morrera en 2005.

Bradford Cox

O 8 de maio do 2007, o grupo editou o EP Fluorescent Grey, que fora gravado en xullo do 2006. No mesmo mes Deerhunter lanzou o sinxelo en 7" "Whirlyball", só dispoñible a través de Criminal Records, unha tenda de discos en Atlanta. O sinxelo tamén actuou como entrada para un concerto.

O 29 de agosto do 2007, o grupo converteríase en cuarteto coa perda do guitarrista Colin Mee. Mee deixou a banda porque "...non podía chegar a un par de concertos que reservaran para a seguinte fin de semana e iso era inaceptable para certos compañeiros". Mee uniríase novamente despois da xira europea do 2007.

Microcastle e hiato

[editar | editar a fonte]

Deerhunter contribuíu co tema "After Class" a Living Bridge, un recompilatorio feito por Rare Book Room Records. A canción gravouse no mesmo sitio no que intentaron gravar o seu segundo álbum. Regresaron aos estudios Rare Book Room en abril do 2008 para gravar "Oh, It's Such A Shame", unha versión de Jay Reatard que sería lanzada como un sinxelo compartido co propio Reatard, que á súa vez versionaba "Fluorescent Grey". No mesmo mes gravaron o seu seguinte traballo, Microcastle. Antes de anunciar a data de lanzamento do álbum, a banda continuou de xira, abrindo un concerto para The Smashing Pumpkins e un feixe deles para Nine Inch Nails.

O terceiro álbum do grupo, Microcastle, foi publicado o 27 de outubro do ano 2008, aínda que xa estivo dispoñible nas redes P2P dende finais de maio. Nun intento de recompensar aos seareiros que aguantaron ata a data da edición, a banda volveu a reunirse para gravar un novo álbum, Weird Era Cont., que tamén sería filtrado antes da súa data de estrea. Porén, Microcastle conseguiu estrearse no número 123 da lista Billboard 200, a primeira vez que Deerhunter conseguía entrar nesa lista. Colin Mee deixou novamente o grupo, e foi substituído polo antigo amigo de instituto de Cox Whitney Petty.

Mentres facían a xira de promoción de Microcastle polo Reino Unido, Cox reservou unha noite nun estudio e gravou o que se convertería no casete On Platts Eyott. Este foi lanzado en dous lotes de 100 copias casa un; unha edición de casetes rosas foi entregado aos gañadores do concurso feito polo seu sello discográfico, e casetes laranxas foron vendidos nun concerto especial de Halloween celebrado en Atlanta o 31 de outubro de 2008. Nun comentario deixado no blog de Deerhunter o 28 de febreiro, Cox anunciou que Whitney Petty xa non era membro da banda.

Mentres seguía de xira a banda lanzou o EP Rainwater Cassette Exchange, con temas compostos durante as sesións do Microcastle, e tamén "Vox Celeste 5", un sinxelo para Sub Pop con cancións de Weird Era Cont. e Microcastle. Para promocionar estas publicacións, iniciaron unha curta xira de verán con No Age e Dan Deacon bautizada como No Deachunter Tour. Posteriormente, durante unha actuación no festival All Tomorrow's Parties do 2009 en setembro (comisionado por The Flaming Lips), Bradford Cox anunciou que a banda estaría en hiato para "dedicar tempo a outras cousas", dicindo que ese sería o seu últimos concerto "durante un longo período de tempo". Durante o parón, Bradford Cox continuou con Atlas Sound e editou o seu segundo álbum, Logos; Josh Fauver continuou traballando co seu selo Army of Bad Luck; Moses Archuleta matriculouse nunha escola de cociña; e Lockett Pundt realizou algúns concertos para promocionar The Floodlight Collective, o seu álbum de estrea como Lotus Plaza, editado en marzo dese ano.

Halcyon Digest

[editar | editar a fonte]

A principios de xaneiro revelouse que o grupo sería abreconcertos na seguinte xira de Spoon, na que esta promocionaría o seu álbum Transference. Ademais da xira con Spoon, a banda tamén anunciou algúns concertos ela soa, incluídas paradas nos festival de Coachella Valley Music e no All Tomorrow's Parties (comisionado por Matt Groening). Durante eses concertos o grupo comezou a estrear parte do seu novo material, incluídas as cancións "Helicopter", "Primitive 3D", "Fountain Stairs" e "Revival", as cales acabarían sendo gravadas nas súas seguintes sesións de estudio.

En xuño, Deerhunter tomouse un pequeno descanso na xira para gravar Halcyon Digest. As primeiras noticias do álbum fixéñeronse públicas cando a firma musical Milk Money puxo unha mensaxe na súa conta de Twitter dicindo que a banda estivera mesturando o novo disco con Ben Allen (que tamén traballou con Animal Collective nos seus Merriweather Post Pavilion e Fall Be Kind). Unha semana despois a banda estreou unha nova páxina en Internet, onde anunciou o título e a data de lanzamento do novo traballo. "Revival", o primeiro sinxelo, estivo dispoñible para os seareiros que axudaran á banda coa promoción do novo álbum a través dunha ligazón proporcionada por un correo electrónico oficial. O mesmo mes, o director John Albrecht puxo o trailer dun vídeo ao vivo na súa páxina de Vimeo, dicindo que se estrearía ese mesmo ano.

Recentemente anunciouse que Deerhunter fará a música orixinal para The Curve of Forgotten Things, unha película sobre a marca de moda Rodarte protagonizada por Elle Fanning.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Turn It Up Faggot 2005 Stickfigure Records
Cryptograms 2007 Kranky Records
Microcastle 2008 Kranky, 4AD
Weird Era Cont. 2008 Kranky, 4AD
Halcyon Digest 2010 4AD
Monomania 2013 4AD
Fading Frontier 2015 4AD
Why Hasn't Everything Already Disappeared? 2019 4AD

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]