Deep South
Aparencia
Deep South é unha expresión inglesa que pode ser traducida ao galego como Sur Profundo ou Profundo Sur. É unha rexión cultural e xeográfica dos Estados Unidos de América. A expresión aplícase a diferentes territorios:
- Carolina do Sur, Mississippi, Florida, Alabama, Xeorxia e Luisiana (Seis dos fundadores dos Estados Confederados de América)
- Xeorxia, Florida, Alabama, Mississippi e Luisiana [1]
- Alabama, Arcansas, Luisiana e Mississippi
O Deep South adóitase definir por oposición ao Vello Sur, Old South, que inclúe Carolina do Sur, Carolina do Norte, Virxinia, e a miúdo, Xeorxia. Tamén diferenciado dos estados interiores de Kentucky, Tennessee, Virxinia Occidental e Arcansas así como dos periféricos Florida e Texas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (Do Dictionary of Cultural Literacy)