Saltar ao contido

Death metal melódico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Death metal melódico
Orixe musicaldeath metal, NWOBHM, thrash metal, black metal, power metal
Orixe culturalAnos 1990 en Escandinavia e o Reino Unido
Instrumentos típicosGuitarra eléctrica, baixo, batería, teclado
Derivadosmetalcore melódico

O death metal melódico é un estilo que presenta características inspiradas na New Wave of British Heavy Metal, en particular os rápidos riffs e liñas harmónicas de guitarra, pero incorporando os elementos máis habituais do death metal como a distorsión de guitarras, rápidos padróns rítmicos de batería e en ocasións ritmos blast beat.[1] O estilo vocal deste xénero combina as voces limpas, os gritos e as voces guturais.[2]

At the Gates

Gran parte da súa orixe e popularidade atribúese a grupos como At the Gates, In Flames e Dark Tranquillity, que definiron o xénero cos seus lanzamentos de mediados dos anos 1990 (concretamente cos álbums Slaughter of the Soul, The Jester Race, e The Gallery, respectivamente) sentando as bases da escena musical do metal de Gotemburgo.[2] O escritor Gary Sharpe-Young denominou a esta escena "a salvación comercial do death metal": "Gotemburgo converteuse na nova Tampa e o xénero recibiu unha nova vida".[3] Outro dos pioneiros foi o grupo británico Carcass, clasificado dentro do grindcore nos seus primeiros discos pero que evolucionou cara o death metal cun estilo cada vez máis melódico nos álbums Necroticism – Descanting the Insalubrious de 1991 e Heartwork de 1993.[4][5][6] O álbum de Death de 1995 Symbolic tamén se considera influínte na evolución da escena.[7] Ceremonial Oath e Eucharist atópanse tamén entre as primeiras bandas de death metal melódico; con todo, nunca gañaron moita atención fóra da súa propia escena.[8]

The Jester Race de In Flames death metal con riffs de guitarra moi influenciados por bandas como Iron Maiden e Judas Priest. O son do álbum contrastaba fortemente co death metal tradicional, e fixo ao death metal sueco accesible a un público máis amplo en comparación con outros álbums de death metal pioneiros dun novo son, como o death 'n' roll do Wolverine Blues de Entombed.[9] Slaughter of the Soul de At the Gates influenciou a moitas bandas estadounidenses, especialmente a grupos de metalcore que usaron riffs de guitarra e voces emulando a música de At the Gates. AllMusic tamén destacou que as voces eran máis descifrables que outras voces de death metal, parecidas a berros agudos que presaxiaban as bandas de screamo estadounidenses dos anos 2000.[10] O álbum fixo medrar a popularidade underground de At the Gates, aparecendo con regularidade no programa da MTV Headbanger's Ball, recibindo unha nomeación aos Grammy suecos e conseguindo para a banda xiras nos Estados Unidos con Morbid Angel e Napalm Death.[11]

Expansión

[editar | editar a fonte]
Children of Bodom

A finais dos anos 90 e principios dos 2000 o death metal melódico expandiuse rapidamente xurdindo moitas novas bandas, como Amon Amarth, The Black Dahlia Murder, Arch Enemy, Soilwork, Insomnium, e Children of Bodom.[12] Ademais, outros xéneros comezarían a usar o death metal melódico como influencia, incluídos o metalcore melódico[13] e o black/death melódico.[14][15] Stewart Mason afirma que o metalcore melódico fíxose moi popular nos Estados Unidos usando o termo "Swedecore" para describir o estilo escandinavo tocado por bandas de fóra dos países nordicos.[16] Moitas bandas de death metal melódico e metalcore (especialmente despois de que Killswitch Engage gañase popularidade) estiveron moi influenciadas por Slaughter of the Soul de At the Gates.[12] Moitos grupos de heavy metal de mediados da década de 2000, pola súa banda, foron etiquetadas como "At the Gates worship" (adoración de At the Gates).[17]

Popularidade e aparición do metalcore melódico

[editar | editar a fonte]

Nos anos 2000 o death metal melódico fíxose popular entre os fans do heavy metal. En 2002 o álbum de In Flames Reroute to Remain acadou o número 10 da lista Top Heatseekers.[18] O disco, que mantiña o son do death metal melódico da banda, amosaba unha mestura diversa de distintos xéneros musicais, incluíndo ocasionalmente sintetizadores de electrónica e hip hop e ocasionalmente unha forma limpa de cantar. Grazas a iso a banda gañou novos fans ao tempo que alienou aos seguidores dos seus primeiros traballos. Os seguintes dous álbums do grupo, Soundtrack to Your Escape (2004) e Come Clarity (2006), chegaron respectivamente aos postos 145 e 58 da lista Billboard 200,[18] e deulle a In Flames un premio Grammi sueco.[19]

The Black Dahlia Murder, Arch Enemy, Children of Bodom, e Amon Amarth tamén entraron na Billboard 200 durante a década dos 2000. A mediados-finais da década, o metalcore melódico converteuse nun dos xéneros máis populares do heavy metal, con bandas como Killswitch Engage, Unearth, Bullet for My Valentine, All That Remains, Shadows Fall e Atreyu colleitando éxitos, encabezando grandes festivais e vendendo milleiros de discos.[20] O metalcore melódico combinaba elementos do death metal melódico como riffs de guitarra melódicos e berros con elementos do estilo orixinal do metalcore como as rupturas.[20] At the Gates e In Flames foron unhas grandes influencias para estas bandas.[19][12] Killswitch Engage adoita acreditarse como a banda que introduciu o metalcore melódico ao mainstream entre os fans do heavy metal.[12] Algunhas bandas de deathcore durante este período, como Through the Eyes of the Dead e Bring Me the Horizon, combinaron o deathcore co death metal melódico.[21]

  1. Purcell, Natalie J. (2003). Death Metal Music: The Passion and Politics of a Subculture (en inglés). McFarland. p. 9. ISBN 9780786484065. 
  2. 2,0 2,1 Marsicano, Dan. "What is Melodic Death Metal". About.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2022. Consultado o 26 de febreiro de 2011. 
  3. Sharpe-Young, Garry (2007). Metal: The Definitive Guide. Jawbone Press. p. 162. ISBN 9781906002015. 
  4. Bowar, Chad. "Carcass". About.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 27 de febreiro de 2011. 
  5. "Can You Feel The Forceps: Carcass, Surgical Steel And Heartwork Revisited". The Quietus. 16 de setembro de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2015. 
  6. McIver, Joel (2008). The 100 Greatest Metal Guitarists. Jawbone Press. p. 122. ISBN 9781906002206. 
  7. DiVita, Joe (2013-07-18). "10 Best Songs by the Band Death". Loudwire (en inglés). Consultado o 2024-10-17. 
  8. Ekeroth, Daniel. Swedish Death Metal
  9. "The Jester Race - In Flames". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-10-17. 
  10. "Slaughter of the Soul - At the Gates" (en inglés). Consultado o 2024-10-17. 
  11. "At the Gates". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-10-17. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Lawsonlast, Dom (2019-05-19). "10 essential melodic death metal albums". louder (en inglés). Consultado o 2024-10-17. 
  13. Giffin, Brian (2015). Encyclopaedia of Australian Heavy Metal. Australia: DarkStar. ISBN 9780994320612
  14. Andrew, J. (2015-02-19). "Blackened Melodic Death Metal: A History Lesson". Metal Injection (en inglés). Consultado o 2024-10-17. 
  15. Dick, Chris (2015-01-12). "Top 5 Dissection Clones". Decibel Magazine (en inglés). Consultado o 2024-10-17. 
  16. "Glass Casket Songs, Albums, Reviews, Bio & Mor...". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-10-17. 
  17. "Architect │ Exclaim!". Architect │ Exclaim! (en inglés). Consultado o 2024-10-17. 
  18. 18,0 18,1 "In Flames". Billboard (en inglés). Consultado o 2024-10-17. 
  19. 19,0 19,1 "In Flames". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-10-17. 
  20. 20,0 20,1 "What Is Metalcore?". LiveAbout (en inglés). Consultado o 2024-10-17. 
  21. "30 deathcore albums from the 2000s that define the genre". Alternative Press. Consultado o 17 de outubro de 2024.