De Havilland Dragon
de Havilland Dragon | |
---|---|
Tipo | pasaxeiros/transporte militar/adestramento |
Fabricante | de Havilland |
Primeiro voo | 12 de novembro de 1932 |
Introducido | abril de 1933 |
Unidades construídas | 202 |
O de Havilland DH.84 Dragon é un exitoso pequeno avión comercial deseñado e fabricado pola compañía británica de Havilland.
Deseño e fabricación
[editar | editar a fonte]Tras o éxito comercial do seu monomotor de Havilland Fox Moth, que voara por vez primeira en marzo de 1932, o operador comercial orixinal, Hillman's Airways, solicitou a construción dunha versión máis grande con dous motores. Tratábase dun deseño sinxelo e lixeiro cunha fuselaxe en caixa de madeira contrachapada usando o mesmo tipo de motor e seccións exteriores das ás semellantes ao Fox Moth. Orixinalmente designouse DH.84 "Dragon Moth" pero foi comercializado como "Dragon". O prototipo voou por vez primeira no aeródromo de Stag Lane o 12 de novembro de 1932. Este avión e os catro seguintes entregáronse a Hillman's que comezou a operalos comercialmente en abril de 1933. Pdían levar seis pasaxeiros, cada un deles con 20 kg de equipaxe, na ruta Londres-París consumindo 49 l de combustible por hora. Os paneis exteriores das ás podía pregarse fara facilitar o seu almacenamento.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jackson 1973, p. 122
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jackson, A.J. (1973). British Civil Aircraft since 1919 Volume 2. London: Putnam. p. 382. ISBN 0-370-10010-7.