Daniel Niebla
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1933 Provincia da Coruña, España |
Morte | 10 de marzo de 1972 (38/39 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Daniel Niebla García, nado en 1933 e finado en Ferrol o 10 de marzo de 1972, foi un dos dous traballadores mortos nos sucesos do 10 de marzo de 1972.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballador da Empresa Nacional Bazán. Logo do despedimento de dous líderes sindicais, Rafael Pillado e Julio Aneiros,[1] o 10 de marzo de 1972 a Bazán pechou. Os traballadores protestaron nunha manifestación[1] en que participaron os despedidos xunto co cadro de persoal de Bazán e os líderes sindicais Manuel Amor Deus e José María Riobó, entre outros.
Os enfrontamentos de obreiros e forzas da orde terminaron coa morte por disparos da policía de Amador Rey. Daniel Niebla, que resultou malferido, morreu ao pouco de chegar ao hospital.[1][2][3] Malia a represión, máis de 15 000 traballadores dos estaleiros e doutras empresas industriais de Vigo mobilizáronse en setembro e declararon unha folga xeral de dúas semanas. A esta seguíronos novos despedimentos masivos. Desta volta, Comisións Obreiras e outros movementos sindicais fóra do aparato franquista mostraron a súa capacidade de resposta e organización.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Cuadernos de Ruedo Ibérico. Éditions Ruedo Ibérico. 1976. p. 40. ISSN 0011-2488.
- ↑ Pereiro, Xose Manuel (18 de xaneiro de 2006). "Julio Aneiros, veterano dirigente sindical gallego". El País. Consultado o 2 de abril de 2016.
- ↑ Federación de Comisiones Obreras, ed. (17 de marzo de 2006). "Muere Julio Aneiros, histórico dirigente de CCOO y del PCG". Agencia EFE. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2016. Consultado o 2 de abril de 2016.
- ↑ "La huelga general de Vigo de 1972 fue el mayor éxito histórico de la clase obrera gallega". eldiario.es. 15 de marzo de 2013. Consultado o 2 de abril de 2016.