Saltar ao contido

Dagda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dagda era o gran deus da mitoloxía irlandesa. O seu nome significa: o bo deus.

Era o Señor do Coñecemento e estaba moi dotado para a maxia. Representábaselle coma un home de campo que arrastraba un grande mazo sobre unhas rodas. Cun extremo mataba os seus inimigos, cuxos ósos estalaban coma pedriñas baixo os cascos dun cabalo, e co outro revivía os mortos. Posuía ademais unha arpa chamada Daurblada que foi roubada polos Fomoré. Tamén está asociado á abundancia e á xenerosidade da terra, xa que saciaba a fame a todos cun caldeiro inesgotábel e tiña un grande apetito. É o irmán de Ogma.