Saltar ao contido

Daft Punk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daft Punk
Daft Punk no Wireless Festival 2007.
OrixeParís, Francia
Período1993 - 2021
Xénero(s)música electrónica
Selo(s) discográfico(s)Soma e Virgin Records
MembrosGuy-Manuel de Homem-Christo
Thomas Bangalter
Na rede
web oficial
IMDB: nm1386916 Facebook: 100044021024570 Twitter: daftpunk Instagram: daftpunk MySpace: daftpunk Youtube: UC_kRDKYrUlrbtrSiyu5Tflg Twitch: daftpunk Souncloud: daftpunkofficialmusic Spotify: 4tZwfgrHOc3mvqYlEYSvVi iTunes: 5468295 Last fm: Daft Punk Musicbrainz: 056e4f3e-d505-4dad-8ec1-d04f521cbb56 Songkick: 368193 Discogs: 1289 Allmusic: mn0000667669 Deezer: 27 Genius: Daft-punk Editar o valor en Wikidata

Daft Punk foi un dúo musical, composto polos parisienses Guy-Manuel de Homem-Christo (1974) e Thomas Bangalter (1975). O dúo fixo unha das contribucións máis significativas de sempre [Cómpre referencia] no ámbito da música electrónica, tanto polo volume de vendas como polo apoio da crítica.

O seu sinxelo de debut foi "The New Wave", relanzado en edición limitada en 1994 por Soma Records. Nos seguintes anos publicaron o seu primeiro sinxelo de éxito "Da Funk", que vai aparecer máis tarde no seu álbum debut Hombework (1997). Este álbum foi visto como unha innovadora mestura de techno, house, acid house e electro, e axiña foi recoñecido como un dos máis influentes álbums dance dos anos noventa. O sinxelo máis coñecido deste disco foi "Around The World", tamén coñecido polo seu particular videoclip.

En 2001 saíu o álbum Discovery, que sinala un cambio no son do grupo cara a un estilo synthpop. O sinxelo "One More Time" foi un grande éxito, e os seguintes sinxelos "Digital Love" e "Harder, Better, Faster, Stronger" tamén acadaron bastante fama. En 2001 tamén foi editado Alive 1997, un álbum ao vivo cun extracto de 45 minutos do "Homework Tour" na cidade de Birmingham en 1997.

En 2005 publicaron Human After All, un disco de 45 minutos consistente en 9 temas máis unha introdución, gravado en só seis semanas. Por primeira vez público e crítica xulgan dun xeito case unánime negativo un traballo dos Daft Punk, por causa da fría execución e pola repetición e brevidade dos temas. Os sinxelos deste álbum son "Robot Rock", "Technologic" e "Human After All".

Un compilatorio de grandes éxitos en versión CD/DVD, titulada Musique Vol. 1993-2005 foi publicada en 2006, e díxose que este disco foi o prezo que pagaron por rescindir o contrato coa discográfica Virgin. Daft Punk son considerados uns dos máximos representantes do French Touch.

Uso de elementos visuais

[editar | editar a fonte]

Daft Punk son famosos polo uso de elementos visuais. Algúns vídeos musicais foron feitos por directores de culto como Spike Jonze ou Michel Gondry. Todo o álbum Discovery foi a B.S.O. do filme de animación Interstella 5555, coproducido polo grupo con Leiji Matsumoto, creador do célebre Capitán Harlock, protagonista do cartoon homónimo xaponés en 1978.

Os dous músicos apareceron sempre vestidos de robot: Bangalter explicou que "tivemos un incidente no noso estudio. Estabamos traballando co sampler e, exactamente ás 9:09 do 9 de setembro de 1999, explotou. Cando recuperamos o coñecemento, démonos conta que nos tornamos uns robots". Son rarísimas as fotografías destes dous músicos.

Nova película

[editar | editar a fonte]

Daft Punk publicaron a película Daft Punk's Electroma, preestrenado no Festival de Cannes no 2006. A trama consiste en que dous robots (os mesmos Daft Punk) se embarcan nunha aventura para se converter en humanos de calquera maneira, empregando todos os medios posíbeis.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • "The New Wave" (1994)

Da Homework:

  • "Da Funk"/"Musique" (1996)
  • "Around The World" (1997)
  • "Burnin'" (1997)
  • "Revolution 909" (1997)

Da Discovery:

  • "One More Time" (2000)
  • "Aerodynamic"/"Aerodynamite" (2001)
  • "Digital Love"/"Aerodynamic" (2001)
  • "Harder, Better, Faster, Stronger" (2001)
  • "Something About Us" (Love Theme From Interstella 5555) (2003) (promo single)

Da Human After All:

  • "Robot Rock" (2005)
  • "Technologic" (2005)
  • "Human After All" (2005) (promo EP)
  • "The Prime Time of Your Life" (2006)
  • D.A.F.T. - A Story About Dogs, Androids, Firemen and Tomatoes (DVD/VHS, 1999)
  • Interstella 5555: The 5tory of the 5ecret 5tar 5ystem (Filme, DVD, 2003)
  • Musique Vol. 1 1993-2005 (CD/DVD, 2006)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]