Década de 1620
Aparencia
Segundo milenio | |||||
Século XVII | |||||
| |||||
|
1620
- Artigo principal: 1620.
América
- Os pais pelegríns (puritanos) chegan a Plymouth (Massachusetts) a bordo do Mayflower.
1621
- Artigo principal: 1621.
- Edición da Arithmetica de Diofanto de Alexandría a cargo do francés Bachet de Meziriac.
1622
- Artigo principal: 1622.
- 22 de decembro, Miguel Trujillo e Andrés Páez de Sotomaior fundan a cidade colombiana de Bucaramanga.
- Canonización de Tareixa de Xesús.
- Devólvese a Galiza o dereito de representación e voto nas Cortes dos Reinos de Castela. A devolución no se fará efectiva legalmente até 1623.
1623
- Artigo principal: 1623.
- 8 de marzo - Faise público o dereito de Galiza a representación e voto nas cortes reais.
- Velázquez instálase en Madrid.
- Wilhelm Schickard construíu a primeira calculadora mecánica.
- Urbano VIII accede ao papado
1624
- Artigo principal: 1624.
Arte e cultura
- Gian Lorenzo Bernini remata o grupo escultórico de "Apolo e Dafne" (hoxe na Galería Borghese, Roma).
- Fundación da universidade de Chuquisaca (actual Sucre, Bolivia).
1625
- Artigo principal: 1625.
África
- Fundación da cidade de Antananarivo, en Madagascar, polo rei merina Andrianjaka.
América
- Febreiro - Unha armada luso-española toma a cidade de Salvador de Baía de Todos os Santos, no Nordeste do Brasil, en mans dos neerlandeses desde o ano anterior.
Asia
- O xesuíta portugués Antonio Freire de Andrade (1580-1634) atinxe as abas do Himalaia, que describirá.
Europa
- 27 de marzo - Carlos I tórnase rei de Inglaterra, Gales, Escocia e Irlanda (até 1649).
- 5 de xuño - Ambrosio de Spinola, xeneral xenovés ao servizo da Coroa dos Austrias, toma a cidade holandesa de Breda.
Arte e cultura
- Guido Reni pinta Hipómenes e Atalanta (hoxe no Museo de Capodimonte, Nápoles).
- Franz Hals pinta o retrato de Willem van Heythuyzen (actualmente na Alte Pinakothek, Múnic).
1626
- Artigo principal: 1626.
- Publicación da obra de Francisco de Quevedo La vida del Buscón.
1627
- Artigo principal: 1627.
- Extínguese o uro.
Arte e cultura
- O pintor Franz Hals remata "O bebedor ledo", hoxe no Rijksmuseum de Ámsterdam.
1628
- Artigo principal: 1628.
- Afúndese o barco de guerra da armada sueca Vasa, na súa primeira singradura debido ás excesivas dimensións deste, sendo reflotado uns 300 anos despois. Pódese ver actualmente no Museo Vasa de Estocolmo.
1629
- Artigo principal: 1629.
- 24 de novembro - Por manda de Úrsula Menéndez de Texeda fúndase o Colexio de Orfas en Betanzos.