Década de 1230
Aparencia
Segundo milenio | |||||
Século XIII | |||||
| |||||
|
1230
- Artigo principal: 1230.
- Sancha e Aldonza, fillas de Afonso VIII, herdan Galiza. A nobreza leonesa e os bispos galegos proclaman a Fernando III.
- Os mandingas sublévanse contra o dominio do soso, personificado no rei Sumanguro, conquistado de Ghana, en Áfica Occidental.
- 15 de decembro: Comeza o reinado de Venceslau I, primeiro rei de Bohemia.
- Abu Zakariya, gobernador de Ifriqiya (Tunicia), procámase emir, rompendo a unidade maghrebí, e fundando a dinastía Hafsida.
1231
- Artigo principal: 1231.
1232
- Artigo principal: 1232.
- Canonización de Santo Antón de Padua, patrón das cousas perdidas.
- Construción da Santa Croce, igrexa dos franciscanos, en Florencia.
- Inicio da reorganización gobernamental e administrativa de Henrique III de Inglaterra (ata 1258).
- O emperador de Alemaña ordena a ablación da lingua e a fogueira para os herexes.
- O papa Gregorio IX institúe a Inquisición e foxe de Roma por unha revolta, refuxiándose en Anigni.
- Os chineses utilizan a pólvora na guerra contra os mongois.
- Recompilación de cantos de menester en Alemaña: Os Carmina burana.
1233
- Artigo principal: 1233.
- Concesión de carta foral a Zarautz, no País Vasco.
1234
- Artigo principal: 1234.
- Teobaldo, conde de Champaña e Brie, accede ao trono de monarca de Navarra, como sucesor do seu tío Sancho VII, comezando o goberno da dinastía de Champaña.
1235
- Artigo principal: 1235.
África
- Batalla de Kirina (data probábel) - Sundiata, soberano de Kangaba, derrota a Sumanguru. O triunfo significa a decadencia dos soso e a emerxencia dos mandingas na África Occidental.
Europa
- Xaime I de Aragón toma a illa de Eivisa aos mouros.
1236
- Artigo principal: 1236.
- O khan mongol Batu conquista o reino búlgaro de Volga-Kama.
- A illa de Elvissa, nas Baleares, é conquistada por Xaime I de Aragón.
- A orde de Santiago arrebata ao mouros a localidade estremeña de Trujillo.
- 29 de xuño: O rei Fernando III de Castela toma aos musulmáns andalusís a cidade de Córdoba.
1237
- Artigo principal: 1237.
- Invasión de Rusia polos mongois.
- Fernando III de Castela toma aos mouros a localidade de Montilla.
1238
- Artigo principal: 1238.
- 4 de marzo - Batalla do Sit: ás beiras do río Sit, Batu, neto de Xenxis Khan, derrota a Iuri II, príncipe ruso de Vladimir.
- Xaime I o Conquistador, rei da Coroa de Aragón, entra en Valencia, que capitulara o 28 de setembro deste ano ante o asedio dos cristiáns.
1239
- Artigo principal: 1239.
- O rei Fernando III de Castela conquista a vila andaluza de Osuna.