Xuño: Os exércitos do rei de Aragón son expulsados de Galiza despois dunha campaña de tres meses. Na súa retirada tentan infrutuosamente sitiar Astorga[3].
Afonso o Batallador retírase a Aragón para facer fronte a unha nova ofensiva almorábide[4].
Urraca convoca o seu fillo á corte leonesa co obxecto de coroalo rei ao seu carón. Cando o nobres galegos chegan a León, Urraca esta camiño de Aragón reconciliada co seu esposo[1].
Afonso I retén como prisioneira, encerrada no castelo de Castellar, á raíña Urraca e ocupa militarmente Castela e León. Expulsa das súas sés os bispos de Toledo, Burgos e León.
Pedro Froilaz, tomado prisioneiro na batalla de Viadangos, recobra a súa liberdade. Ignórase se por fuga, intercambio ou após pagamento dun rescate[13].
Febreiro: A raíña Urraca, trasládase a Galiza onde inicia unha campaña de doazóns (vendas) para garantir o apoio dos partidarios do seu fillo na guerra contra Afonso I de Aragón[14].
21 de abril: Urraca convoca cortes do reino en Compostela. Solicita aos bispos e condes galegos a súa axuda na guerra contra o seu home Afonso de Aragón[16].
Maio: O exército galego inicia a marcha para recuperar os territorios conquistados por Afonso de Aragón. Xelmírez permanece en Galiza para manter a orde no país[16].
Maio: Afonso I solicita 300 coraceiros a Aragón para deter as forzas galegas en Astorga. Os reforzos son interceptados por partidarios casteláns de Urraca. Refuxiase en Carrión baixo asedio[18].
Os nobres Paio Gudestéiz e Rabino Núnez únense a Arias Pérez e declárandose partidarios de Afonso de Aragón conquistan as terras galegas entre o Miño e o Ulla[20].
Rabino Núnez e Paio Gudestéiz toman a soldo parte unha nave de cruzados procedentes das illas británicas que se dirixían a Palestina. A frota de Xelmírez captura o barco británico.[22]
Xelmírez sitia por terra e mar os castelos de Darbo e Ponte Sampaio. Rabino Núnez e Paio Gudestéiz réndense e entregan as fortalezas[23].
Decembro: O longo asedio de Carrión e a crecente inestabilidade nos seus reinos fan que Urraca e Afonso se reconcilien por terceira vez. Pactan un acordo de paz na vila de Peñafiel[24].
Levantase o asedio de Carrión. Pedro Froilaz e o resto dos nobres galegos regresan a Galiza amolados polo desenlace pois foron eles quen cargaron co mais duro da campaña[24].
Urraca parte co seu home cara a Aragón, onde este pretendía prendela e encerrala no castelo de Peralta[24].
Abril: Afonso incumpre os acordos de Peñafiel, ocupa as torres de León e outras fortalezas. Os nobres garantes do acordo devolven a Urraca os castelos que retiñan en nome do rei de Aragón[25].
Urraca, en Aragón, gaña as vontades dos subditos de Afonso mediante presentes e afagos e regresa aos seus reinos onde recupera varias fortalezas. Afonso fai vir reforzos desde Francia[26].
Maio: A raíña Urraca escribe pedindo axuda militar a Xelmírez. Este convoca os nobres galegos que se amosan reticentes debido ao desenlace da campaña do ano anterior[27].
25 de xuño: Os nobres galegos fan fronte as tropas de Afonso I, este recúa sen loitar abandonando o castelo de Burgos que capitula após 15 días de asedio[29].
Xullo: Afonso I envia legados a Urraca con propostas de paz. A postura favorábel o acordo dos burgueses de Castela e León fai que a esta acepte. Xelmírez fala en contra na asemblea[30].
Agosto: O exército galego, trala cuarta reconciliación de Urraca e Afonso "o batallador", regresa á súa terra marchando coas mesmas precaucións que por pais inimigo[32].
26 de novembro: Urraca fai unha nova doazón a Xelmírez e á igrexa Compostelá[42].
Galiza
Piratas almorábides, ás ordes de Alí-ben- Mensón, asentados nas illas costeiras de Galiza, efectúan incursións contra o litoral, devastando, especialmente, as comarcas do Salnés e O Morrazo.
Outubro: A raíña Urraca vese obrigada a ceder ao seu fillo Afonso a autoridade nos reinos de Galiza e Toledo, mantendo ela o control dos restantes territorios[47].
Pedro Froilaz, o rei Afonso e outros nobres poñen cerco a Compostela. Os burgueses vense forzados a capitular devolvendo o poder ao bispo Xelmírez[48].