Década de -310
Aparencia
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -IV | |||||
| |||||
|
319 a.C.
- Artigo principal: -319.
- 23 de febreiro (23 de marzo do calendario romano) — Inicio en Roma do consulado de Lucio Papirio Cursor (III) e de Quinto Aulio Cerretano (II). Papirio Cursor recobró Satricum trala súa deserción e estableceu unha gornición na cidade.
- xullo (data probable) — Curta campaña de Antígono I en Pisidia. O xeneral macedonio Alcetas, aliado de Eumenes de Cardia, perseguido por Antígono I, refúxiase en Termeso e suicídase.
- finais do verán, primeiros do outono — Asunción da rexencia de Macedonia do xeneral Poliperconte, trala morte de Antípatro.
- A viúva de Alexandre Magno, Roxana, e o seu fillo Alexandre IV, son acollidos en Macedonia pola nai daquel, Olimpia de Epiro.
- En Grecia, o orador e político ateniense Démades, que traizoou a Antípatro, é condenado a morte por Casandro.
318 a.C.
- Artigo principal: -318.
- Olimpias toma o poder.
- En Atenas, goberno de Demetrio de Falero.
- Casandro dono do Pireo.
317 a.C.
- Artigo principal: -317.
- Chandragupta expulsa os gregos do Punjab, no noroeste da India, logo de derrotar ao xeneral heleno Eudemos.
- Agatocles toma Siracusa, Sicilia, proclmándose tirano da polis (até -289).
316 a.C.
- Artigo principal: -316.
- Comeza en Macedonia o reinado de Casandro, antigo xeneral de Alexandre o Grande (até -297). Este reconstrúe Tebas e funda Casandrea, no sitio da antiga Potidea, na Calcídica.
315 a.C.
- Artigo principal: -315.
- O ateniense Timócares elimina os piratas que dirixía Gláucetas de Sifnos.
- Guerra do Diádocos: Iníciase a loita entre os diádocos ou herdeiros de Alexandre o Grande (até -301), motivada, en parte, pola ambición de Antígono por ser o único sucesor. Contra el alíanse Tolomeo, Casandro, Lisímaco e mais o gobernador de Babilonia, Seleuco.
- Demetrio Poliorcetes, fillo de Antígono, toma a cidade de Atenas.
- Agatocles, tirano de Sicilia, toma a cidade de Mesina.
314 a.C.
- Artigo principal: -314.
- Capua (a antiga Volturnus etrusca) sublévase contra o dominio romano, en medio da Segunda Guerra Samnita.
313 a.C.
- Artigo principal: -313.
Asia
- Chandragupta, desde o val do Indo, apodérase do reino de Magadha, sito entre a costa occidental do golfo de Bengala e o transpaís interior da India.
Oriente Próximo
312 a.C.
- Artigo principal: -312.
- O máis antigo acueduto de Roma é construído por Apio Claudio Caecus.
- Constrúese tamén a Vía Appia.
311 a.C.
- Artigo principal: -311.
- Etruscos e samnitas alíanse contra a expansión da República Romana.
- Roma toma a cidade etrusca de Tarquinia.
310 a.C.
- Artigo principal: -310.
- Batalla do lago Vatimon: os romanos vencen sobre os etruscos.
- O tribuno da plebe romana, Marco Decio, propén a creación dos duoviri navales para dirixir mellor a escuadra romana, nas vindeiras campañas no Mar Tirreno.