Dáctilo (métrica)
Aparencia
Un dáctilo (do latín dactylus, e este do grego δάκτυλος, dáktylos, «dedo»), na métrica grecolatina, é un pé composto por unha sílaba longa seguida de dúas breves. É a base do verso chamado hexámetro dactílico, empregado na epopea e na poesía relixiosa (por exemplo nos oráculos). Posibelmente a súa orixe é prehelénica.
O nome procede da analoxía entre as tres falanxes do dedo (da man esquerda) coas tres sílabas do pé.