Cuartel
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xullo de 2017) |
No ámbito militar, recibe o nome de cuartel[1] o edificio destinado a dar residencia aos soldados. Tamén fai referencia ao destacamento, gornición, estancia e permanencia das tropas nalgún punto.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Hai un certo número de restos de cuarteis do exército romano en fortalezas de fronteira tales como Housesteads e Vindolanda. Destes e de fontes romanas contemporáneas podemos ver que os fundamentos da vida nun campo militar continuaron sendo constantes durante miles de anos.
Antes de 1780, estes tipos de vivendas non eran coñecidos cumpridamente en Gran Bretaña.
Os cuarteis en forma de bloques de edificios foron utilizados para aloxar a tropas en fortalezas no Canadá superior.
Actualidade (Estados Unidos)
[editar | editar a fonte]Mentres están no adestramento básico e ás veces o adestramento de continuación, os efectivos militares viven en cuarteis. Os corpos de mariña de Estados Unidos, así como a forza aérea (salvo os aprendices de oficial), teñen unidades de adestramento básico separadas por xénero. Isto diferencia o exército dos Estados Unidos, dos gardacostas e da mariña de guerra, onde os recrutas masculinos e femininos adestran e comparten os cuarteis durante o período básico, pero sepáranse durante o tempo persoal e ao apagar as luces. Con todo, todas as ramas do exército integran a membros masculinos e femininos despois do campo de probas e da primeira asignación.
A tendencia de hoxe en día nos militares de Estados Unidos é conter soamente aos solteiros alistados de baixa gradación en cuarteis a menos que estea requirido por razóns de necesidade militar. Espérase que os suboficiais solteiros e os mozos de máis alta gradación alistados atopen xeralmente aloxamento fóra da base. Os que residen en cuarteis agora gozan xeralmente de cuartos individuais de acordo ás pautas do Ministerio de Defensa dos Estados Unidos. O corpo de mariña é a miúdo a excepción a esta práctica.
Tipos de cuarteis
[editar | editar a fonte]- Cuartel da saúde: Paraxe defendida do risco onde se refuxian os soldados que non queren pelexar nin arriscarse.
- Cuartel de víveres: Sitio que sinala o xeneral en xefe para a reunión e seguridade dos víveres que deben repartirse ás tropas.
- Cuartel xeral: Cantón, punto ou campo onde se estabelece co seu Estado Maior o xeneral en xefe do exército.
- Cuarteis de inverno: Acantonamento total das tropas dun exército en campaña efectuado con obxecto de suspender as operacións durante o inverno.
- Cuartel maestre ou Cuartel maestre xeral: Antigo emprego de oficial xeral encargado de previr e arranxar mapas, planos e noticias instructivas das circunstancias, calidade e situacións do país en que se ha de facer a guerra e de formar o plan de campaña e o da marcha e campamentos do exército.
- Cuartel real: Punto ou campo en que se establece o aloxamento do soberano cando se acha este no exército.[3]
Expresións relacionadas
[editar | editar a fonte]- Estar de cuartel: Dise dos oficiais xenerais cando non están empregados e gozan de menos soldo.
- Non dar cuartel: Non perdoar vidas e facendas. Actualmente, úsase figuradamente como sinónimo de acosar persistentemente ao adversario.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cuartel.
- ↑ O contido deste artigo incorpora material do Dicionario Enciclopédico Gaspar y Roig nas súas diversas edicións do século XIX, o cal se atopa no dominio público.
- ↑ Dicionario Enciclopédico Gaspar y Roig de 1870, o cal se encontra no dominio público.