Teodoro Cruces
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | valor descoñecido Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 18 de outubro de 1962 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Teodoro Cruces Prieto, nado en Vigo e finado o 18 de outubro de 1962, foi un futbolista galego de comezos do século XX que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xa xogaba no Real Vigo Sporting Club antes da fusión deste co Real Club Fortuna de Vigo para dar lugar ao Celta de Vigo en agosto de 1923, pasando a formar parte do cadro de xogadores deste, dirixido polo técnico inglés Francis Cuggy.
A gran competencia que existía no equipo vigués, con máis de sesenta xogadores en nómina, fixo que Cruces non disputara máis que algún encontro amigábel. Porén aínda disputaría un último encontro antes de retirarse, foi o 24 de agosto de 1931 nun partido benéfico na honra de Juanito Clemente, que se atopaba enfermo. Os equipos eran os desaparecidos Sporting e Fortuna, alineando a xogadores xa veteranos dos anos anteriores á fusión, o resultado sería de 4-3 a favor do Fortuna.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Txema Ereaga (22 de febreiro de 2013). "Cruces: Los primeros pasos del Celta". Fame Celeste (en castelán).