Saltar ao contido

Cristian Mungiu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCristian Mungiu

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de abril de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Iași, Romanía Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Iași
I. L. Caragiale National University of Theatre and Film (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, locutor de radio, produtor de cinema, director de cinema, xornalista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor en Wikidata -
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0612816 Allocine: 75342 Allmovie: p323027 BNE: XX4764202 Editar o valor en Wikidata

Cristian Mungiu nado en Iaşi o 27 de abril de 1968, é un director de cine romanés. Canda Cristi Puiu, Radu Muntean, Cristian Nemescu, Corneliu Porumboiu e Cătălin Mitulescu é considerado un dos máis importantes expoñentes da nova onda romanesa de cinema.[1]

Biografía

[editar | editar a fonte]

Tras estudar literatura inglesa na Universidade Alexandru Ioan Cuza en Iaşi, Mungiu traballou durante varios anos como mestre e xornalista. Posteriormente, estudou dirección de cine na Academia de Cine e Teatro de Bucarest. Despois da súa graduación, Mungiu realizou varias curtametraxes. En 2002, realizou a súa primeira longametraxe, Occident. A película tivo éxito de crítica, recibindo varios premios en diferentes festivais de cine e aparecendo no Festival de Cine de Cannes.

En 2007, Mungiu escribiu e dirixiu o seu segundo filme, 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile. A película foi criticada positivamente e gañaría a Palma de Ouro, sendo a primeira vez que un romanés obtén tal distinción.

Mungiu é irmán da analista política Alina Mungiu-Pippidi.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. Caliman, Calin (29 de maio de 2007). KinoKultura, ed. "The New Waves of Romanian Cinema" (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2012.