Saltar ao contido

Síndrome de Tietze

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Costocondrite»)
Síndrome de Tietze
Clasificación e recursos externos
Articulacións esternocostal e intercondral.
ICD-10M94.91
ICD-9733.6
MeSHD013991
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A síndrome de Tietze, tamén coñecida coma costocondrite, é unha doenza articular de orixe descoñecida caracterizada pola inflamación benigna dunha ou varias cartilaxes costais na súa zona de unión co esterno. Foi descrita por vez primeira en 1921 polo cirurxián alemán Alexander Tietze (1864 - 1927). Adoita afectar a persoas novas de ambos sexos, sobre todo entre os 20 e os 40 anos. É unha doenza leve, que remite en poucas semanas mesmo sen recibir tratamento médico de ningún tipo. O tratamento adoita consistir en repouso físico e analxésicos ou antiinflamatorios.

Síntomas

[editar | editar a fonte]

Ao se tratar dunha inflamación, o principal síntoma é a dor. Caracterízase por unha dor torácica aguda, que adoita irradiarse cara aos brazos, e nalgúns casos pode causar dispnea (dificultade para respirar), pois pode chegar a afectar ao músculos intercostais responsábeis dos movementos respitatorios. Trátase dunha dor mecánica, isto é, producida polo movemento. É por isto que a dor aumenta cos movementos da respiración, a tose ou a actividade física, mentres que diminúe co repouso.

Diagnóstico diferencial

[editar | editar a fonte]

É habitual que algúns pacientes confundan a dor motivada pola síndrome de Tietze coa dor debida ao infarto de miocardio (ataque cardíaco). Isto débese a que as características da dor son ás veces semellantes, sendo esta unha dor torácica ou mamaria aguda.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]