Coro (arquitectura)
En arquitectura denomínase coro á parte dunha igrexa reservada ao conxunto de relixiosos a ela adscrito, os cales cantan os oficios. A súa localización cambiou ao longo do tempo pois, mentres ao principio (nas basílicas paleocristiás) situouse no presbiterio, máis adiante situouse na nave central ou nos pés da igrexa e en alto.
Na Catedral de Santiago de Compostela colocouse por primeira vez o coro na nave central, cerca do cruceiro, o que tivo influencia nas catedrais e igrexas españolas posteriores e gran transcendencia en toda España, posto que, ao liberar espazo no presbiterio, deu lugar ao desenvolvemento de retablos de maior tamaño e complexidade no altar maior.
Porén, no resto de Europa seguiu adoitándose a colocar na cabeceira da igrexa.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Coro |