Cornalvo
Tipo | barragem romana (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Conxunto arqueolóxico de Mérida | |||
Situado na entidade xeográfica | Albarregas (en) | |||
Localizado na área protexida | Parque natural de Cornalvo (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Mérida, España e San Pedro de Mérida, España (pt) | |||
Localización | Parque natural de Cornalvo (pt) | |||
| ||||
Conca hidrográfica | Bacia hidrográfica do Guadiana (pt) | |||
Características | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 0,1881 ha | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural | |||
Data | 1993 (17ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii) e (iv) | |||
Identificador | 664-013 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Tipo | Monumentos do patrimonio histórico de España | |||
Data | 13 de decembro de 1912 | |||
Identificador | RI-51-0000115 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | I milenio | |||
Cornalvo é un encoro romano sito a uns 10 km de Mérida (Estremadura). Dálle nome ao Parque Natural onde se localiza a propia presa.
Encoro romano
[editar | editar a fonte]A presa é unha construción romana levantada sobre o regueiro de Albarregas, que se usaba para abastecer de auga a parte da cidade de Emerita Augusta (a actual cidade de Mérida). A parede de contención é unha muralla de 220 metros de longo por 18 de alto, sendo a parte que se encontra en contacto coa auga de ladrillo e granito. Esta construción foi declarada Monumento Nacional o 13 de decembro de 1912, aínda que o encoro segue a ser utilizado na actualidade.
Parque Natural de Cornalvo
[editar | editar a fonte]A súa contorna é un Parque Natural, razón pola que goza de protección especial da Xunta de Estremadura desde 1988, e, posúe unha rica flora e fauna. Accédese ao encoro e ao Parque Natural por un camiño asfaltado desde un centro de interpretación situado na periferia da vila de Trujillanos. Seguindo ese camiño hai unhas devesas pertencentes á Xunta de Extremadura.
O parque abrangue terras dos concellos de Mérida, Mirandilla, Guareña, San Pedro de Mérida, Alcuéscar, Arroyomolinos, El Carrascalejo, Montánchez e Alhucén.
O río Aljucén
[editar | editar a fonte]Parte o parque o río Aljucén, tributario do Guadiana, corrente de auga tipicamente mediterránea cunha acusada estiaxe que provoca que no verán quede seco por tramos e a vía acuática se concentre en pozas e charcas, denominadas "charcas madre".
Cómpre dicir que neste río áchase unha especie de peixe chamado vulgarmente harabugu, que está en continua regresión e tan só ficaban nalgúns lugares do Guadiana (as últimas noticias dano por extinto no río Guadalquivir).