Saltar ao contido

Cordero (barco)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


O barco Cordero foi unha embarcación arrastreira galega que afundiu nas costas de cabo Prior o 15 de xaneiro de 2008.

Naufraxio

[editar | editar a fonte]

O barco estaba rexistrado en Ribeira. Tiña 28 metros de eslora, casco de aceiro e un rexistro bruto de 104 toneladas. A súa tripulación era de oito mariñeiros.

Cando se produciu o accidente, o barco estaba situado a 30 millas ao norte da Coruña e a unhas seis ao noroeste de cabo Prior. O accidente sucedeu cando se estaban rexistrando moi malas condicións meteorolóxicas e produciuse ao abrirse unha vía de auga na sala de máquinas, probablemente como consecuencia do impacto dunha onda[1]. No informe do Ministerio de Fomento conclúese que a causa non puido ser establecida:

La Comisión ha determinado como causa probable del accidente el efecto combinado de la disminución y pérdida de flotabilidad y estabilidad del buque por inundación progresiva del parque de pesca, cuyo origen no ha podido ser determinado.

No accidente faleceu un mariñeiro de Ribeira e catro máis desapareceron: dous deles eran de Ribeira e os outros dous naceran en Indonesia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]