Copa Latina
Tipo | competición futbolística |
---|---|
Deporte | fútbol |
Localización e Datas | |
Localización | Europa latina (pt) |
Vixencia | 1949 – |
Calendario da tempada | xuño – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
A Copa Latina foi unha competición futbolística europea que enfrontou entre 1949 e 1957 aos campións das ligas de Francia, Italia, Portugal e España. A competición tivo un gran prestixio por ser a primeira competición internacional europea que enfrontaba aos campións dos países latinos, e foi considerada a segunda competición máis importante de Europa tras a Copa Mitropa, concibida con anterioridade, e que enfrontaba a conxuntos dos países do leste de Europa.
A Copa Latina disputábase cada ano nunha sede diferente nun dos catro países participantes. Un sorteo decidía os emparellamentos das dúas semifinais. Os gañadores das semifinais disputaban a final. Os perdedores disputaban o partido polo terceiro e cuarto posto.
A competición deixou de disputarse en 1957, tras a consolidación da Copa de Europa, competición creada en 1955.
Tempada | Sede | Campión | Subcampión | Resultado final |
Terceiro | Cuarto | Resultado 3º e 4º posto |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1949 | España | FC Barcelona | Sporting de Lisboa | 2-1 | Torino Calcio | Stade de Reims | 5-3 |
1950 | Portugal | SL Benfica | Girondins de Bordeaux | 3-3 / 2-1 | Atlético de Madrid | SS Lazio | 2-1 |
1951 | Italia | AC Milan | Olympique Lille | 5-0 | Atlético de Madrid | Sporting de Lisboa | 3-1 |
1952 | Francia | FC Barcelona | OGC Nice | 1-0 | Juventus | Sporting de Lisboa | 3-2 |
1953 | Portugal | Stade de Reims | AC Milan | 3-0 | Sporting de Lisboa | Valencia CF | 4-1 |
1955 | Francia | Real Madrid | Stade de Reims | 2-0 | AC Milan | Os Belenenses | 3-1 |
1956 | Italia | AC Milan | Athletic Club | 3-1 | SL Benfica | OGC Nice | 2-1 |
1957 | España | Real Madrid | SL Benfica | 1-0 | AC Milan | Saint Etienne | 1-0 |