Saltar ao contido

Copa Davis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Trofeo da Copa Davis, coñecido como A Ensaladeira.

A Copa Davis é unha competición internacional de tenis, organizada pola Federación Internacional de Tenis (ITF), na que compiten distintos países. Só participan homes; o equivalente para mulleres é a Fed Cup.

Os países compiten tendo en conta a súa calidade tenística e a súa localización xeográfica.

Cada rolda consiste en cinco partidos durante tres días, proclamándose vencedor aquel que obteña tres vitorias. O primeiro día enfróntanse os xogadores número un de cada país contra os números dous do rival, sorteándose a orde dos encontros, o segundo día xógase o partido de dobres e o último día xogan entre si os números un e despois os números dous. Non hai restrición a quen debe xogar o partido de dobres: os dous xogadores de individuais, outros dous xogadores (xeralmente, especialistas de dobres) ou unha combinación.

O torneo leva o nome do que fora xogador do equipo americano Dwight Filley Davis, desde o ano da súa morte (1945).

O torneo foi creado en 1899 por catro membros do equipo de tenis da Universidade Harvard que desafiaron ós británicos a un campionato. Unha vez recibida a idea, pediron un préstamo ás súas respectivas federacións de tenis. Un dos xogadores de Harvard, Dwight Filley Davis, deseñou un formato de campionato e gastou cartos do seu propio peto para mercar unha copa de prata (coñecida popularmente como a ensaladeira pola súa peculiar forma).

O primeiro partido, entre Estados Unidos e Gran Bretaña levouse a cabo en Brookline, Massachusetts en 1900. O equipo norteamericano, do que formaba parte Dwight Davis, sorprendeu ó equipo británico gañando os primeiros tres partidos. O seguinte ano, ningún dos dous países compitiu, pero Estados Unidos gañou o seguinte enfrontamento en 1902. En 1905, o torneo expandiuse incluíndo a Bélxica, Austria, Francia e Australasia, un equipo combinado de Australia e Nova Zelandia, que competiron xuntas ata 1913.

Estes torneos foron chamados oficialmente Copa Davis despois da morte de Dwight Davis en 1945. Desde 1950 a 1967, Australia dominou a competencia, gañando a Copa 15 veces en 18 anos. Estados Unidos logrou gañar o campionato 32 veces, máis que calquera outro país, se ben é certo que ata 1971 o campión do ano anterior unicamente xogaba a final, que ademais se disputaba no seu país.

O campión en exercicio é España, tras derrotar por 2:0 ao Canadá na Caja Mágica de Madrid, entre o 18 e o 24 de novembro de 2019. Este é o sexto título para España.

Todas as finais

[editar | editar a fonte]
Ano Gañador Finalista Datas Lugar
1900 Estados Unidos 3 0 Gran Bretaña 8 - 10 de agosto Longwood Cricket Club, Boston
1901 non disputado
1902 Estados Unidos 3 2 Gran Bretaña 6 - 8 de agosto Crescent Athletic Club, Nova York
1903 Gran Bretaña 4 1 Estados Unidos 4 - 8 de agosto Longwood Cricket Club, Boston
1904 Gran Bretaña 5 0 Bélxica 2 - 5 de xullo Worple Road, Londres
1905 Gran Bretaña 5 0 Estados Unidos 21 - 24 de xullo Queen´s Club, Londres
1906 Gran Bretaña 5 0 Estados Unidos 15 - 24 de xuño Worple Road, Londres
1907 Australasia 3 2 Gran Bretaña 20 - 23 de xullo Worple Road, Londres
1908 Australasia 3 2 Estados Unidos 27 - 30 de novembro Albert Ground Park and Lane, Melbourne
1909 Australasia 5 0 Estados Unidos 27 - 30 de novembro Double Bay Grounds, Sidney
1910 non disputado
1911 Australasia 4 0 Estados Unidos 1 - 3 de xaneiro 1912 Lancaster Park, Christchurch
1912 Gran Bretaña 3 2 Australasia 28 - 30 de novembro Albert Ground Park and Lane, Melbourne
1913 Estados Unidos 3 2 Gran Bretaña 25 - 28 de xullo Worple Road, Londres
1914 Australia 3 2 Estados Unidos 13 - 15 de agosto West Side Tennis Club, Nova York
1915 Non disputado: Primeira Guerra Mundial
1916
1917
1918
1919 Australia 4 1 Gran Bretaña 16 - 21 de xaneiro 1920 Double Bay Grounds, Sidney
1920 Estados Unidos 5 0 Australia 30 dec. - 2 de xaneiro 1921 Domain Cricket Club, Auckland
1921 Estados Unidos 5 0 Xapón 2 - 5 de setembro West Side Tennis Club, Nova York
1922 Estados Unidos 4 1 Australia 1 - 5 de setembro West Side Tennis Club, Nova York
1923 Estados Unidos 4 1 Australia 31 ago. - 1 de setembro West Side Tennis Club, Nova York
1924 Estados Unidos 5 0 Australia 11 - 13 de setembro Germantown Cricket, Filadelfia
1925 Estados Unidos 5 0 Francia 11 - 13 de setembro Germantown Cricket, Filadelfia
1926 Estados Unidos 4 1 Francia 9 - 11 de setembro Germantown Cricket, Filadelfia
1927 Francia 3 2 Estados Unidos 8 - 10 de setembro Germantown Cricket, Filadelfia
1928 Francia 4 1 Estados Unidos 27 - 29 de xullo Stade Roland Garros, París
1929 Francia 3 2 Estados Unidos 26 - 28 de xullo Stade Roland Garros, París
1930 Francia 4 1 Estados Unidos 25 - 27 de xullo Stade Roland Garros, París
1931 Francia 3 2 Gran Bretaña 24 - 26 de xullo Stade Roland Garros, París
1932 Francia 3 2 Estados Unidos 29 - 31 de xullo Stade Roland Garros, París
1933 Gran Bretaña 3 2 Francia 28 - 30 de xullo Stade Roland Garros, París
1934 Gran Bretaña 4 1 Estados Unidos 28 - 31 de xullo Centre Court, Wimbledon, Londres
1935 Gran Bretaña 5 0 Estados Unidos 27 - 30 de xullo Centre Court, Wimbledon, Londres
1936 Gran Bretaña 3 2 Australia 25 - 28 de xullo Centre Court, Wimbledon, Londres
1937 Estados Unidos 4 1 Gran Bretaña 24 - 27 de xullo Centre Court, Wimbledon, Londres
1938 Estados Unidos 3 2 Australia 3 - 5 de setembro Germantown Cricket, Filadelfia
1939 Australia 3 2 Estados Unidos 2 - 5 de setembro Merion Cricket Club, Haverford
1940 Non disputado: Segunda Guerra Mundial
1941
1942
1943
1944
1945
1946 Estados Unidos 5 0 Australia 26 - 30 de decembro Kooyong Stadium, Melbourne
1947 Estados Unidos 4 1 Australia 30 ago. - 1 de setembro West Side Tennis Club, Nova York
1948 Estados Unidos 5 0 Australia 4 - 6 de setembro West Side Tennis Club, Nova York
1949 Estados Unidos 4 1 Australia 26 - 28 de agosto West Side Tennis Club, Nova York
1950 Australia 4 1 Estados Unidos 25 - 27 de agosto West Side Tennis Club, Nova York
1951 Australia 3 2 Estados Unidos 26 - 28 de decembro White City Stadium, Sidney
1952 Australia 4 1 Estados Unidos 29 - 31 de decembro Memorial Drive Tennis Centre, Adelaida
1953 Australia 3 2 Estados Unidos 28 - 31 de decembro Kooyong Stadium, Melbourne
1954 Estados Unidos 3 2 Australia 27 - 29 de decembro White City Stadium, Sidney
1955 Australia 5 0 Estados Unidos 26 - 28 de agosto West Side Tennis Club, Nova York
1956 Australia 5 0 Estados Unidos 26 - 28 de decembro Memorial Drive Tennis Centre, Adelaida
1957 Australia 3 2 Estados Unidos 26 - 28 de decembro Kooyong Stadium, Melbourne
1958 Estados Unidos 3 2 Australia 29 - 31 de decembro Milton Courts, Brisbane
1959 Australia 3 2 Estados Unidos 28 - 31 de agosto West Side Tennis Club, Nova York
1960 Australia 4 1 Italia 26 - 28 de decembro White City Stadium, Sidney
1961 Australia 5 0 Italia 26 - 28 de decembro Kooyong Stadium, Melbourne
1962 Australia 5 0 México 26 - 28 de decembro Milton Courts, Brisbane
1963 Estados Unidos 3 2 Australia 26 - 28 de decembro Memorial Drive Tennis Centre, Adelaida
1964 Australia 3 2 Estados Unidos 25 - 28 de setembro Harold Clark Courts, Cleveland
1965 Australia 4 1 España 27 - 29 de decembro White City Stadium, Sidney
1966 Australia 4 1 India 26 - 28 de decembro Kooyong Stadium, Melbourne
1967 Australia 4 1 España 26 - 28 de decembro Milton Courts, Brisbane
1968 Estados Unidos 4 1 Australia 26 - 28 de decembro Memorial Drive Tennis Centre, Adelaida
1969 Estados Unidos 5 0 Romanía 19 - 21 de decembro Harold Clark Courts, Cleveland
1970 Estados Unidos 5 0 Alemaña 29 - 31 de agosto Harold Clark Courts, Cleveland
1971 Estados Unidos 3 2 Romanía 8 - 11 de outubro Olde Providence Racquet Club, Charlotte
1972 Estados Unidos 3 2 Romanía 13 - 15 de outubro Club Sportiv Progresul, Bucarest
1973 Australia 5 0 Estados Unidos 30 nov. - 2 de decembro Public Auditorium, Cleveland
1974 Suráfrica - - India India négase a xogar en protesta polo réxime de apartheid surafricano
1975 Suecia 3 2 Checoslovaquia 19 - 21 de decembro Kungliga Tennishallen, Estocolmo
1976 Italia 4 1 Chile 17 - 19 de decembro Estadio Nacional, Santiago de Chile
1977 Australia 3 1 Italia 2 - 4 de decembro White City Stadium, Sidney
1978 Estados Unidos 4 1 Gran Bretaña 8 - 10 de decembro Mission Hills Country Club, Rancho Mirage
1979 Estados Unidos 5 0 Italia 14 - 16 de decembro Civic Auditorium, San Francisco
1980 Checoslovaquia 4 1 Italia 5 - 7 de decembro Sportovní Hala, Praga
1981 Estados Unidos 3 1 Arxentina 11 - 13 de decembro Riverfront Coliseum, Cincinnati
1982 Estados Unidos 4 1 Francia 26 - 28 de novembro Palais des Sports, Grenoble
1983 Australia 3 2 Suecia 26 - 28 de decembro Kooyang Stadium, Melbourne
1984 Suecia 4 1 Estados Unidos 16 - 18 de decembro Scandinavium, Gotemburgo
1985 Suecia 3 2 Alemaña do Oeste 20 - 22 de decembro Olympiahalle, Múnic
1986 Australia 3 2 Suecia 26 - 28 de decembro Kooyang Stadium, Melbourne
1987 Suecia 5 0 India 18 - 20 de decembro Scandinavium, Gotemburgo
1988 Alemaña do Oeste 4 1 Suecia 16 - 18 de decembro Scandinavium, Gotemburgo
1989 Alemaña do Oeste 3 2 Suecia 15 - 17 de decembro Schleyerhalle, Stuttgart
1990 Estados Unidos 3 2 Australia 30 nov. - 2 de decembro Suncoast Dome, San Petersburgo
1991 Francia 3 1 Estados Unidos 29 nov. - 1 de decembro Palais des Sports de Gerland, Lión
1992 Estados Unidos 3 1 Suíza 4 - 6 de decembro Tarrant Country Center, Fort Worth
1993 Alemaña 4 1 Australia 3 - 5 de decembro Messe Düsseldorf, Düsseldorf
1994 Suecia 4 1 Rusia 2 - 4 de decembro Olimpiyskiy, Moscova
1995 Estados Unidos 3 2 Rusia 1 - 3 de decembro Olimpiyskiy, Moscova
1996 Francia 3 2 Suecia 29 nov. - 1 de decembro Malmömässan, Malmö
1997 Suecia 5 0 Estados Unidos 28 nov. - 30 de novembro Scandinavium, Gotemburgo
1998 Suecia 4 1 Italia 4 - 6 de decembro Forum, Milán
1999 Australia 3 2 Francia 2 - 5 de decembro Palais des Congrès Acropolis, Niza
2000 España 3 1 Australia 8 - 10 de decembro Palau Sant Jordi, Barcelona
2001 Francia 3 2 Australia 30 nov. - 2 de decembro Rod Laver Arena, Melbourne
2002 Rusia 3 2 Francia 29 nov. - 1 de decembro Palais Omnisports de Paris-Bercy, París
2003 Australia 3 1 España 28 - 30 de novembro Rod Laver Arena, Melbourne
2004 España 3 2 Estados Unidos 2 - 5 de decembro Estadio de La Cartuja, Sevilla
2005 Croacia 3 2 Eslovaquia 2 - 4 de decembro Sibamac Arena, Bratislava
2006 Rusia 3 2 Arxentina 1 - 3 de decembro Olimpiyskiy, Moscova
2007 Estados Unidos 4 1 Rusia 30 nov. - 2 de decembro Memorial Coliseum, Portland
2008 España 3 1 Arxentina 21 - 23 de novembro Polideportivo Islas Malvinas, Mar del Plata
2009 España 5 0 República Checa 4 - 6 de decembro Palau Sant Jordi, Barcelona
2010 Serbia 3 2 Francia 3 - 5 de decembro Beogradska Arena, Belgrado
2011 España 3 1 Arxentina 2 - 4 de decembro Estadio de La Cartuja, Sevilla
2012 República Checa 3 2 España 16 - 18 de novembro O2 Arena, Praga
2013 República Checa 3 2 Serbia 15 - 17 de novembro Beogradska Arena, Belgrado
2014 Suíza 3 1 Francia 21 - 23 de novembro Stade Pierre-Mauroy, Lille
2015 Reino Unido 3 1 Bélxica 27 - 29 de novembro Flanders Expo, Gante
2016 Arxentina 3 2 Croacia 25 - 27 de novembro Arena Zagreb, Zagreb
2017 Francia 3 2 Bélxica 24 - 26 de novembro Stade Pierre-Mauroy, Villeneuve-d'Ascq
2018 Croacia 3 1 Francia 23 - 25 de novembro Stade Pierre-Mauroy, Villeneuve-d'Ascq
2019 España 2 0 Canadá 18 - 24 de novembro Caja Mágica, Madrid

Palmarés

[editar | editar a fonte]
País Anos en que venceu Anos en que foi finalista
Estados Unidos 1900, 1902, 1913, 1920, 1921, 1922, 1923, 1924, 1925, 1926, 1937, 1938, 1946, 1947, 1948, 1949, 1954, 1958, 1963, 1968, 1969, 1970, 1971, 1972, 1978, 1979, 1981, 1982, 1990, 1992, 1995, 2007 (32) 1903, 1905, 1906, 1908, 1909, 1911, 1914, 1927, 1928, 1929, 1930, 1932, 1934, 1935, 1939, 1950, 1951, 1952, 1953, 1955, 1956, 1957, 1959, 1964, 1973, 1984, 1991, 1997, 2004 (29)
Australasia
Australia
1907, 1908, 1909, 1911, 1914, 1919, 1939, 1950, 1951, 1952, 1953, 1955, 1956, 1957, 1959, 1960, 1961, 1962, 1964, 1965, 1966, 1967, 1973, 1977, 1983, 1986, 1999, 2003 (28) 1912, 1920, 1922, 1923, 1924, 1936, 1938, 1946, 1947, 1948, 1949, 1954, 1958, 1963, 1968, 1990, 1993, 2000, 2001 (19)
Reino Unido 1903, 1904, 1905, 1906, 1912, 1933, 1934, 1935, 1936, 2015 (10) 1900, 1902, 1907, 1913, 1919, 1931, 1937, 1978 (8)
Francia 1927, 1928, 1929, 1930, 1931, 1932, 1991, 1996, 2001, 2017 (10) 1925, 1926, 1933, 1982, 1999, 2002, 2010, 2014, 2019 (9)
Suecia 1975, 1984, 1985, 1987, 1994, 1997, 1998 (7) 1983, 1986, 1988, 1989, 1996 (5)
España 2000, 2004, 2008, 2009, 2011, 2019 (6) 1965, 1967, 2003, 2012 (4)
Alemaña 1988, 1989, 1993 (3) 1970, 1985 (2)
Checoslovaquia
Chequia
1980, 2012, 2013 (3) 1975, 2009 (2)
Rusia 2002, 2006 (2) 1994, 1995, 2007 (3)
Croacia 2005, 2018 (2) 2016 (1)
Italia 1976 (1) 1960, 1961, 1977, 1979, 1980, 1998 (6)
Arxentina 2016 (1) 1981, 2006, 2008, 2011 (4)
Serbia 2010 (1) 2013 (1)
Suíza 2014 (1) 1992 (1)
Suráfrica 1974 (1) (0)
Romanía (0) 1969, 1971, 1972 (3)
India (0) 1966, 1974, 1987 (3)
Bélxica (0) 1904, 2015, 2017 (3)
Xapón (0) 1921 (1)
México (0) 1962 (1)
Chile (0) 1976 (1)
Eslovaquia (0) 2005 (1)
Canadá (0) 2019 (1)

Títulos por país desde 1972

[editar | editar a fonte]
Monumento á Copa Davis no Stade Roland Garros, París.
País Títulos Primeiro Último
Estados Unidos 9 1972 2007
Suecia 7 1975 1998
Australia 6 1973 2003
España 6 2000 2019
Francia 4 1991 2017
Alemaña 3 1988 1993
Checoslovaquia
Chequia
3 1980 2013
Rusia 2 2002 2006
Croacia 2 2005 2018
Suráfrica 1 1974
Italia 1 1976
Serbia 1 2010
Suíza 1 2014
Reino Unido 1 2015
Arxentina 1 2016