Conversa ficheiro:Caricatura de Castelao.svg
Esta páxina orfa contén unha conversa vella ou contidos anteriores con valor enciclopédico e mantense para a súa consulta. Por favor, non borres esta páxina. |
Os meus (poucos) coñecementos sobre dereitos de imaxes dinme que esta imaxe posúe copyright, aínda sendo unha reelaboración do Usuario:Hugo22. É unha obra derivada da autocaricatura de Castelao e polo tanto posúe os dereitos ata os 70 anos da morte do autor, que se farán en 2020. O curisos é que esa autocaricatura si que podería entrar como imaxe ó ser un elemento secundario desta escultura que polo que lin está en Intxaurrondo (se alguén pasa por alí, xa sabe :D). Xa se deu un caso semellante a este cunha imaxe do famoso escudo "Denantes mortos que escravos", que tivo que ser eliminado aínda sendo unha reelaboración dun usuario. --Alberte Si, dígame? 15:48, 25 de xuño de 2010 (UTC)
- Eu tampouco che son experto en case nada, pero sobre este tema atopei un par de cousiñas na rede que, se cadra, fan que o dos 70 anos non sexa tan rigoroso como parece.
- O primeiro: revisando o Texto Refundido de la Ley de Propiedad Intelectual, fala dos famosos 70 anos (art. 26, Supuestos de legitimación mortis causa: "Los derechos de explotación de la obra durarán toda la vida del autor y setenta años después de su muerte o declaración de fallecimiento"), que vencerían efectivamente no 2020. Pero na Disposición Transitoria Cuarta (Autores fallecidos antes del 7 de diciembre de 1987) di: "Los derechos de explotación de las obras creadas por autores fallecidos antes del 7 de diciembre de 1987 tendrán la duración prevista en la Ley de 10 de enero de 1879 sobre Propiedad Intelectual". Vou á lei de 1879 e di (art 6): "La propiedad intelectual corresponde á los autores durante su vida, y se transmite á sus herederos testamentarios ó legatarios por el término de ochenta años". Isto lévanos ao 2030, dez anos máis do que supuña Alberte.
- O segundo: Na Ley de Propiedad Intelectual (art. 11, Obras derivadas) di: "Sin perjuicio de los derechos de autor sobre la obra original, también son objeto de propiedad intelectual: (...) 5. Cualesquiera transformaciones de una obra literaria, artística o científica". Non vexo que este debuxo sexa o resultado de transformar a caricatura orixinal, como as Meninas de Picasso non son unha transformación das Meninas de Velázquez. O mellor da cuestión é que a lei non define en ningures o que é unha obra derivada. Se compoño unha obra musical sobre catro acordes e ninguén considera que sexa obra derivada calquera outra sobre os mesmos catro acordes (sobre isto hai un vídeo explicativo moi coñecido), non vexo claro por que se vai considerar obra derivada un debuxo baseado na traza dun co que só garda semellanza (está claro que non son a mesma cousa, mesmo en cousas que non son simplemente detalles).
- Se alguén sabe máis ca min de leis que me corrixa, por favor. Eu voto por conservalo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:56, 25 de xuño de 2010 (UTC)
- Home, a min paréceme practicamente idéntico. E paréceme (pese a non estar completamente claro, como apuntas) que é unha obra derivada. Como dixen deuse un caso semellante. A conversa atópase en Wikipedia:A_Taberna_(novas)/Arquivo/Agosto_2009#Escudo_galicia_de_Castelao. --Alberte Si, dígame? 23:59, 26 de xuño de 2010 (UTC)
- Ben, co "a min paréceme" non imos a ningún lado. Se eu collo unha foto túa e lle cambio o contraste estou transformando a túa obra, pero se fotografío o mesmo ca ti e consigo que se asemelle moito á túa foto non estou transformando nada, estou facendo outra distinta. Entre este debuxo e o orixinal hai serias diferencias (onde vai o fume do cigarro?), ergo non está claro que sexan a mesma cousa. A cuestión é que sen definición do que é unha obra derivada (insisto en que a lei non define) non se pode dicir que algo é unha obra derivada. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:49, 27 de xuño de 2010 (UTC)
Seguindo esa regra de tres que pasa con esta imaxe baseada na cabeceira de Lost? Non é tamén unha obra derivada?--Hugo22 11:57, 27 de xuño de 2010 (UTC)
Non creo que o sexa. Ademais, non é un bo exemplo: trátase dunha simple cadea de formas tipográficas na que a aportación do deseñador se limitou a darlles o xiro e a inclinación. Se non lembro mal unha explicación de Lmbuga, isto non se pode someter a dereitos de autor. O debuxo de Castelao é un caso moi distinto. O debuxo emprega liñas poligonais onde no orixinal hai liñas suaves (véxase as mans); o debuxo emprega formas regulares onde no orixinal hai formas orgánicas (véxanse os lentes); o debuxo ten unhas proporcións moito máis "matemáticas" que as do orixinal (véxase a cara, o queixo, as pernas, a curva do lombo, a á do sombreiro...) Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:00, 27 de xuño de 2010 (UTC)
- Non somos avogados nin xuíces, polo que temos que recorrer ó sentido común. Está claro que temos prohibida a reprodución de imaxes con dereitos de autor e que esa prohibición inclúe as obras derivadas. Pouco importa -para os nosos efectos- se a lei o define ou non. Utilicémo-la cabesiña e mirémo-lo orixinal de Castelao e o debuxo de Hugo: só cabe recoñecer que este vén daquel, e que vén moi directamente (polo que non se pode comparar co caso de Velázquez e Picasso). Eu teño claro que se trata dunha versión que trata de imita-lo orixinal. ¿Que máis dará o fume do cigarro ou as liñas poligonais ou suaves? Sei que ninguén, nunca, nos vai denunciar por plaxio por este motivo, pero tamén teño a convición de que se a mantemos estamos a infrinxi-las normas nosas (xa me importa menos a lei de propiedade intelectual). De mantela, queda aberta a veda para que calquera copie calquera debuxo, cadro, foto e modifique un par de detalles con calquera editor de imaxes. Non me parece serio. Por outra banda: a achega desta caricatura ós artigos de Castelao ¿significa tanto como para asumi-lo risco e para senta-lo precedente? Se nalgún momento se abre unha votación, teño claro que votarei polo borrado. Pedro --Lameiro (conversa) 15:27, 27 de xuño de 2010 (UTC)
- Vale, que sexa ese o criterio, paréceme ben. Pero sendo consecuentes, a imaxe da dereita leva marcada para borrar dende o 2 de xuño de 2006. É só un exemplo, claro está. Se vamos ser celosos coas normas será para que se cumpran, no só para poñer marcadores. Sen pretendelo metémonos nunha discusión sobre a política de imaxes. Eu avogo por ser máis flexibles, porque se non o somos imos quedar sen moitas imaxes valiosas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:06, 27 de xuño de 2010 (UTC)
Iniciar unha conversa sobre "Ficheiro:Caricatura de Castelao.svg"
As páxinas de conversa son o lugar onde a xente debate como facer que o contido de Wikipedia sexa o mellor posible. Podes usar esta páxina para iniciar unha conversa con outras persoas sobre como mellorar "Ficheiro:Caricatura de Castelao.svg".