Contessina Bardi
Nome orixinal | (it) Contessina de' Bardi |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1390 (Gregoriano) Florencia, Italia |
Morte | outubro de 1473 (Gregoriano) (82/83 anos) Florencia, Italia |
Lugar de sepultura | Basílica de San Lourenzo |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Familia | |
Familia | Bardi family (en) |
Cónxuxe | Cosme de Medici (1414 (Gregoriano)–) |
Fillos | Piero di Cosimo de' Medici, Giovanni de Médici |
Pais | Alessandro de' Bardi e Emilia Pannocchieschi |
Contessina Bardi, nada en Florencia c. 1390 e finada ibídem en outubro de 1473, foi filla de Alexandre de Bardi, pertencente á prestixiosa familia Bardi. É coñecida principalmente por ser a esposa de Cosme de Medici O Vello, e matriarca da Dinastía Medici.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi chamada Contessina na honra da Condesa Matilde de Canossa. A súa familia foi moi rica durante un tempo, pero coa quebra do banco ó redor do século XIII diminuíran moito a súa influencia.
A pesar disto foron quen de manter unha boa posición investindo principalmente nos seus bens raíces: castelos, fortes e terras, das que eran señores en puntos estratéxicos dos límites setentrionais de Florencia. Por isto sempre gozaron de certa importancia como señores feudais e cabaleiros, o que seguramente pareceu moi interesante ós Medici. De feito, á primeira oportunidade dispuxeron deste brazo armado para axudarse na estratexia de mantemento (ás veces forzado) do consenso do apoio popular, o que lles deu hexemonía política na zona.
Familia
[editar | editar a fonte]Contessina casou con Cosme o Vello en 1416 e tiveron dous fillos:
Ademais ocupouse do fillo ilexítimo do seu esposo, Carlos de Cosme de Medici, quen foi levado ó palacio familiar e criado como un máis dos seus fillos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pernis, Maria Grazia; Adams, Laurie (2006). Peter Lang Publishing, Inc, ed. Lucrezia Tornabuoni de' Medici and the Medici family in the fifteenth century. Nova York. ISBN 0820476455.
- Tomas, Natalie R. (2003). Ashgate, ed. The Medici Women: Gender and Power in Renaissance Florence. Aldershot. ISBN 0754607771.