Saltar ao contido

Conrado I de Borgoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaConrado I de Borgoña
Biografía
Nacementoc. 800 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte862 ↔ 866 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloCount of Argengau (en) Traducir (–830)
Count of Paris (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaAntiga Casa de Guelfo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAdelaide de Tours (–862 (Gregoriano)) Editar o valor en Wikidata
FillosConrado II da Borgonha, Hugo Abade, Welf I Editar o valor en Wikidata
PaisGuelfo I de Altdorf Editar o valor en Wikidata  e Hedwig Editar o valor en Wikidata
IrmánsRudolph
Xudite de Baviera
Emma da Baviera Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Welf-51

Conrado I de Borgoña, realmente Conrado I de Argenau e máis tarde Conrado I de París e Auxerre, coñecido como Conrado o Vello [1], nado ao redor do 800 e finado un 22 de marzo entre o 862 e o 866, foi un nobre carolinxio fillo de Welfo I conde de Baviera e de Helwigis (c. 775-883).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi conde de Argenau (ata 858), e despois nomeado conde de Auxerre (c. 853) e conde de París (c. 858) e abade leigo de Saint-Germain d'Auxerre e Saint-Gall. Ocupou estes cargos ata a súa morte (entre 862 e 864). En París sucedeuno o seu sobriño Conrado (fillo do seu irmán Rodolfo Conde de Sens, e en Auxerre o seu fillo Conrado II (duque de Borgoña Transxurana) pero pronto os dous foron depostos polo rei Carlos o Calvo.

Pertencía á antiga casa de Welf, os seus tres irmáns eran:

  • Rodolfo (falecido no 866), conde de Ponthieu (c. 855-866) e Sens (c. 855-866), abade laico de Jumièges e Saint-Riquier, pai de Welf (coñecido como Welfón, diminutivo de Welf), conde de Sens (866-881); Conrado, conde de París (862/864) e Sens (881); Hugo (relixioso) e Rodolfo conde de Augstgau.
  • Xudite de Baviera, segunda esposa de Lois o Piadoso.
  • Emma de Baviera, esposa de Luís o Alemán.

Matrimonios e descendentes

[editar | editar a fonte]

Casou con Adelaida de Alsacia, tamén Adelaida de Tours (nada c. 805 e finada despois de 866), filla de Hugo III de Tours da Alta Alsacia, alcumado o Preguiceiro (m. 837), conde de Sundgau e conde de Tours. Tivo cinco (ou quizais seis) fillos: